Asier Burundarena: «A día de hoxe son exfutbolista»

Unha das novas máis sonadas na nosa provincia nos últimos días é a baixa de Asier Burunda (Foz, 1998) no Racing Villalbés. Un dos xogadores máis prometedores da Terceira RFEF viuse obrigado a deixar o club chairego por motivos laborais, como o propio Racing explicou nas redes sociais. Hoxe, conversamos co atacante focense para coñecer […]

O Pichón, Muimenta

Diario dun Mercado. Episodio 257

O mercado segue a deixar titulares nos últimos días. Con algunas competicións xa comezadas e outras a escasas semanas de facelo, as novidades de hoxe concéntranse na parte norte da provincia. Así, o lateral Ángel cambia a banda da Marosa pola do Martínez Otero. O xogador defenderá a elástica do CD Foz na presente temporada. […]

Diario dun Mercado. Episodio 237

Amenizamos a calor que estades a pasar (algún máis que outros) cunha nova xornada chea de renovacións e fichaxes. Como ben sendo habitual nos últimos días, abrimos o repaso co fútbol feminino. Nel, o PM Friol continúa a incorporar futbolistas, moitas delas procedentes do Málaga CF. É o caso de Naiara Velasco, centrocampista habilidosa de […]

Javi Ramos

Diario dun mercado. Episodio 213

Os luns son días difíciles. Máis aínda se o tempo non acompaña. Por iso, chegamos unha vez máis cargadiños de novidades para facer menos costa arriba o primeiro día da vosa semana. Velaquí unha nova edición do Diario dun Mercado.

Diario dun mercado. Episodio 202

Comezamos a fin de semana con novidades importantes no mercado de fichaxes. A maioría deles atinxen aos banquiños, dado que algúns adestradores non continuarán nos seus clubes, mentres que outros xa anunciaron a súa renovación.

Diario dun mercado. Episodio 200

Os conxuntos da provincia buscaron novos futbolistas noutros equipos das súas comarcas, aproveitando que non haberá competición nas demais categorías

Entón… xogamos ou que?

Aquí contamos o que fará cada club coa nova Preferente

Os clubes aceptan resignados a suspensión da Preferente

O conto de nunca acabar. O 8 de marzo de 2020, os clubes lucenses de Preferente xogaron o último partido ata o día de hoxe. A RFGF, deseosa de revertir a situación, decidía fai apenas unha semana que a Preferente Norte comezaría de novo o 31 de xaneiro de 2021. Porén, despois de dar o […]

Diario dun mercado. Episodio 197

Non é habitual que na provincia haxa moitos movementos de mercado no inverno. Pero este xaneiro pode considerarse excepción. Onde si entra dentro da normalidade que haxa cambios é no PM Friol. O cadro friolés comeza este domingo o ano na Reigosa ante o Oviedo Moderno (12:30h – xornada 9). Farao xa con novo adestrador, […]

Diario dun mercado. Episodio 196

A temporada 20/21 será recordada pola súa brevidade. Ademáis, tamén quedará na nosa memoria porque -a priori- no fútbol afeccionado masculino tan só se disputarán a Terceira División e a Preferente, ambas divisións con modificacións no formato de competición ao que estabamos afeitos fai pouco máis dun ano.

E agora… que facemos?

Fai xusto unha semana que falabamos cos distintos clubes de Preferente para saber se retomaran a súa actividade. Todos eles indicaban que non, que ata que a Federación Galega sacase un comunicado coas datas de inicio, non darían o pistoletazo de saída. O destino, caprichoso coma sempre, quixo que tres días despois, o martes 15, […]

Que pasará coa Preferente na 2020/2021?

Decembro. En apenas vinte días, xaneiro. Cantos de nós teríamos tomado por tonto a aquel que nos dixese fai 12 meses que iamos estar sen fútbol a estas alturas. A situación socio-sanitaria aínda non permitiu xogar coas garantías necesarias. Porén, comezan os rumores entre a xente de fútbol: «quizais xoguemos desde febreiro», «seica non vai […]

Os clubes opinan sobre a nova Preferente

Fai uns días, a Futgal reuníase cos clubes da Preferente Galicia para falar de como se desenvolverá a competición na temporada 20/21, na que será unha ardua tarefa completar as ligas sen paróns. Por iso, a nova Preferente constará de catro subgrupos (dous correspondentes á zona norte e dous á zona sur).

Diario dun mercado. Episodio 167

Cando parecía que o mercado nos daba unha pequena tregua, volve o movimento no fútbol lucense. Na Preferente, o C.D. Foz renovou a Gonzalo, un dos seus estandartes, e o recén ascendido Atlético Escairón asinou ao gardameta Moncho, procedente do Piloño, equipo de Vila de Cruces. Na Primeira Autonómica, o Castro acadou a renovación dun […]

Diario dun mercado. Episodio 155

Non nos deixan descansar. Os clubes da provincia están decididos a deixar conformados os seus cadros de xogadores para a 20/21, e día tras día anuncian altas ou renovacións. Todas elas quedan rexistradas no noso Diario dun Mercado, por iso hoxe chegamos con outra edición.

Asier (C.D. Foz): «Somos un grupo moi unido, a permanencia é posible»

O C.D. Foz atravesa unha mala xeira de resultados que o levou a ocupar o último posto da Preferente. Nunha temporada na que o clube mariñán tiña a firme intención de consolidarse nunha categoría á que lle costou moito retornar, as cousas non lles están a saír como estaba previsto. Falamos con Asier, un dos […]

A Axenda: A Pinguela acolle un derbi clave pola permanencia

O forte temporal fixo que quedara suspendida a xornada do sábado, pero o domingo teremos interesantes encontros nesta última xornada antes do Nadal. PREFERENTE NORTE  – Club Lemos – C.D. Foz (Domingo ás 16 horas na Pinguela): encontro clave na loita pola permanencia. O conxunto local suma catro xornadas sen gañar e precisa do triunfo […]