#Fútbol afeccionado

Sesión Plenario 12: Esteban Carracedo – Javi Chinchón

A décimo segunda Sesión Plenario deixou un novo cruce entre a Terra Chá e A Mariña. O xogador do Catro Roldas, Esteban Carracedo xogou con Javi Chinchón, un clásico do balompé provincial.

O focego, que este ano comezou adestrando ao Pastoricense, representou ao club da súa vila. Debido á menor categoría do Catro Roldas, foi Esteban quen tivo a primeira quenda para responder.

A emoción mantívose ata o final da Sesión. Ambos chegaron con opcións a última rolda de preguntas.

De novo,  o humor e os coñecementos foron protagonistas, aínda que unhas veces os chistes sexan máis forzados ca outras. Falamos da relación de Fran Pastor co Cabreiros e das carreiras de Gerardo Carrera e Carlos Carrera.



Anticipámonos á celebración da Candeloria e comprobamos que Labrada labra máis. Fixemos un ‘remember’ dos 80 con Gonzalo Edrosa e preguntamos polos Homes/Mulleres de club.

Soubemos onde xoga o CD Lugo fem e recoñecemos o traballo de dúas irmás: Nuria e Maite Louzao, dando a cara xunto as súas compañeiras da SD Antas.

Botamos man das cifras e dos anos para lembrar onde estaba o Portomarín hai seis campañas e recordamos ao Garabalos de categoría sénior.



Iván Morado Corral ‘Labrada’ foi protagonista nas preguntas da Sesión Plenario 12

As Inscricións Seguen Abertas En Sesión Plenario

As inscricións en Sesión Plenario aínda están abertas, faltan dous concursantes por apuntarse para completar o cadro desta primeira edición. Quen estea interesado debe mandar un correo a futbolinlugo@gmail.com co asunto SESIÓN PLENARIO.

Por Sesión Plenario pasaron xa xogadores, integrantes de corpo técnico, directivos e afeccionados. Polo momento xa hai doce clasificados para a seguinte rolda do espazo que entretén e difunde o fútbol da provincia. 

As irmás Maite e Nuria Louzao García son protagonistas nas pregunta de Sesión Plenario 12

SEGUIRÁ A Mariña ReinaNDO En Sesión Plenario?

A espera do resultado Carracedo – Chinchón, a Mariña é polo momento a zona xeográfica que máis participantes ten nos oitavos de final. O dianteiro Kiños do Folgueiro, o delegado Manu e a afeccionada Noelia do Burela, xunto co atacante Antón Teijeira do Iberia son catro dos que xa pasaron de fase. 

Isaac Rouco, Tucho e Luis Romay representan á Terra Chá. Andrés Rodríguez (míster da Comercial) deixou quedar ben á capital.

Pola súa banda, David Rodríguez e o Chapu colocaron a Portomarín nos oitavos de final. Ademais de representar por todo o alto ao mundo da arbitraxe e das directivas, respectivamente.



Ás directivas tamén as deixa en bo lugar Koeman. O ex futbolista da Ulloa e presidente do Antas está clasificado para a seguinte eliminatoria.

Concursantes na repesca (xogaranse dúas prazas para os oitavos de final):

1. Lourido, xogador do Meira

2. Víctor Valiño, futbolista do Relámpago Taboada

3. Sotogol, xogador do Celta Barreiros

4. Samu López, futbolista do Racing Villalbés B

Esta sección conta co apoio imprescindible de Plenario Veiga. O xerente de Discoteca Hermo e Bar Tibor (patrocionadores principais deste espazo) tamén colabora no concurso para avaliar as respostas dos participantes.

O redactor Iván Calaza foi o encargado de presentar esta décimo segunda Sesión Plenario que contou tamén coa presenza do propio Plenario Veiga.

O CATRO ROLDAS, O BURELA-FOZ E ACTUALIDADE DE JAVI CHINCHÓN, Protagonistas En Sesión Plenario

Nesta décimo segunda Sesión Plenario coincidiron dous participantes non relacionados entre si. Por unha banda, Esteban Carracedo cumpre a súa décima campaña vestindo a camisola do Catro Roldas.

O equipo de Román volve buscar de novo subir de categoría. Pelexa por quedar nos postos de ascenso directo á Segunda.

«Empezamos ben, aínda que agora estamos nun pequeno bache. A ver se somos capaces de reconducir a situación rápido«, afirma o futbolista do conxunto amarelo.

Pola súa parte, Javi Chinchón saíu esta tempada da súa zona de confort como adestrador. Colleu no verán o proxecto do Pastoricense ao que lle puxo fin en novembro.

Non obstante, o técnico segue ilusionado e vendo fútbol: «Se non é dunha maneira a ser doutra. O fútbol é o motor que nos fai andar. Agora estou gozando dende a bancada, sobre todo no Martínez Otero«, recalca Javi.

Chinchón foi un dos que viviu un histórico derbi a semana pasada entre o Burela e o Foz. «Foi un pouco peculiar ao estar cortada a ‘Carretera da Costa’. Ao final estivo simpático porque ao ir camiñando vaste atopando coa xente. É unha forma distinta de vivir un derbi e de ir a Burela«, comenta.

O técnico focego Laiábase do resultado para o cadro da súa vila pero salientou o «bo ambiente» e a «deportividade» do derbi.

Sesión Plenario 12: Esteban Carracedo – Javi Chinchón

O Palas alcanza o liderado do grupo

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *