Fai xusto unha semana que falabamos cos distintos clubes de Preferente para saber se retomaran a súa actividade. Todos eles indicaban que non, que ata que a Federación Galega sacase un comunicado coas datas de inicio, non darían o pistoletazo de saída. O destino, caprichoso coma sempre, quixo que tres días despois, o martes 15, a RFGF publicase que nos vindeiros meses (xaneiro e febreiro) o fútbol afeccionado voltará.

Este retorno será gradual (algo ao que xa nos teñen afeitos as distintas medidas sanitarias) e non todas as categorías comenzarán ao mesmo tempo. No primeiro nivel entran a Preferente (proposta para comezar o 24 de xaneiro), a Primeira (a priori, 31 de xaneiro) ou as Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil (tamén comezarán o 31 de xaneiro), así como a Primeira Feminina Galega (31 de xaneiro). Máis tarde, aínda sen datas confirmadas, sería o turno da Segunda e a Terceira Galicia. 

A outra cousa á que estamos afeitos e á controversia que xeran todas as decisións tomadas nos últimos meses por parte de organismos ou de autoridades políticas e sanitarias. E a volta do fútbol non ía ser menos. Pese a que todos ansiamos o retorno da nosa actividade favorita, hai distintas posicións en torno a isto –todas elas, completamente respetables-.Por iso, hoxe falamos con representantes de clubes de distintas categorías, para coñecer como se respira pola nosa provincia e como se acolleu a iniciativa da Federación Galega. 

O O Santaballés competirá na Preferente Norte.

De acordo coa Federación, os primeiros en comezar serán os clubes da Preferente. Porén, as cousas non están claras entre os seus membros: o Ribadeo FC aínda non comezou a adestrar, ou desde o CD Foz non se mostran todavía moi convencidos. O técnico do clube focense, Javi Chinchón, indicou que «o protocolo non está moi ao gusto de varios clubes, segundo teño entendido. Estamos á espera do que se decida en reunións entre xogadores e directiva, aínda que a idea era comezar a próxima semana. Agora hai que analizar diferentes factores: dispoñibilidade dos futbolistas polos traballos ou polos posibles contaxios ..Eu son bastante escéptico porque a situación é comprometida todavía, pero en principio parece que comezaremos a adestrar«.

Similar é a posición do CD Santaballés, de acordo co que sinalou o seu preparador, Dani Moirón: «Hoxe sábado teremos unha reunión xogadores, corpo técnico e directiva, para estudiar a situación e tomar unha decisión ao respecto. Buscamos involucrar a todos para tomar unha decision responsable e consensuada na que todo o tecido do CD Santaballes sexa partícipe.» Máis ao sur, a o adestrador da Sarriana, Charly, contou que «imos tentar retomar os adestramentos seguindo o protocolo. A situación non é a misma que en xullo, cando comezou a Terceira, polo que organizaremos todo de novo e comezaremos cando poidamos.»

Unha semana despois da Preferente comezaría a Primeira Galicia. A SD Burela, por exemplo, xa comezou os seus adestramentos. No barrio da Ponte da capital, no San Lázaro, tamén contan con volver máis cedo que tarde, aínda que o seu míster, Diego Rey, mostrouse «con dúbidas, ata que vexa o calendario penso que está todo no aire. A ver se podemos comezar na primeira semana do ano, teremos que adaptarnos pero vexo necesario que se active o deporte. Alén dito, temos os precedentes de 2ªB e Terceira, na que se demostrou a seguridade do fútbol. Temos nas nosas mans facer as cousas ben e ser responsables.»

Coincidindo co inicio da Primeira, a Primeira Feminina dará o pistoletazo de saída, ademáis das Ligas Galegas de fútbol base. O EF Polvorín xuvenil, que competirá na Liga Galega despois de moito tempo, leva desde o 19 de outubro preparando o retorno. Porén, o técnico Francisco Caballero afirma que «ata agora todo foron entrenos sen contacto, pero agora xa podemos facer sesións con contacto. Afrontamos o inicio da competición con moitas ganas e ilusión despois de tantos anos loitando polo ascenso. Será un ano atípico, pero pelexaremos por manter a categoría.»

Un lance dun choque do Ferreira CF.

Como comentamos na primeira parte deste artigo, a Segunda e a Tercera Galicia comezarían nunha fase posterior. Quizais sexa nestas categorías nas que haxa máis dúbidas con respecto a retomar a actividade. Así, desde a SD Paradela contáronnos que «agardaremos 15-20 días para tomar unha decisión, de momento ata que pasen as festas todo é aventurar.» Máis contundente é a postura do Ferreira CF, desde onde afirman que «recomendan non xuntarse máis de 6 persoas en Nadal pero dicen que uns días despois nos xuntemos 25 xogadores nun campo. Seguimos firmes en non xogar, e non descartamos tomar medidas no caso de descender, porque consideramos que ante unha situación así non se nos pode obrigar a xogar. Hai vidas en xogo.»

Estas son algunhas das opinións de distintos clubes lucenses con respecto á volta do fútbol proposta o pasado día 15 pola Federación Galega. Continuaremos a dar visibilidade as distintas opinións e a todos as novidades que vaian acaecendo nas vindeiras datas.  

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 538

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.