Comezamos a fin de semana con novidades importantes no mercado de fichaxes. A maioría deles atinxen aos banquiños, dado que algúns adestradores non continuarán nos seus clubes, mentres que outros xa anunciaron a súa renovación.

E cando falamos de técnicos da provincia, non podemos deixar de falar de Simón Lamas. O preparador chairego continuará un ano máis no clube que o viu medrar e lle deu a oportunidade de adestrar na Terceira División, o Racing Villalbés. Tamén na Terceira División -agora Terceira RFEF- son protagonistas os futbolistas. Asier Santalla non seguirá no filial do CD Lugo e, de acordo con Rubén Dorado, tampouco o fará o atacante Iago Novo.

Na Preferente, os protagonistas de hoxe son os adestradores. Un clásico da Cheda, Álvaro Meilán, non dirixirá a próxima campaña á SDC Residencia, despois de quedar este ano ás portas da promoción de ascenso. Tamén chegan novidades desde a costa: Javi Chinchón non será o preparador do CD Foz a vindeira campaña.

Por último, na Primeira Galicia -que leva 15 meses en pause– tamén se están a mover fichas. Jandry, ata agora adestrador do Riotorto CF, non continuará na Veiga. O ex do Folgueiro asinaba polo Riotorto o verán pasado, polo que non chegou a dirixir ningún partido de liga cos riotortenses.

Así, pouco a pouco, comezamos a ver movementos no mercado, que dan esperanzas de cara á volta das competicións. Manteremos aos nosos lectores informados, coma sempre facemos.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 274

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.