Os luns son días difíciles. Máis aínda se o tempo non acompaña. Por iso, chegamos unha vez máis cargadiños de novidades para facer menos costa arriba o primeiro día da vosa semana. Velaquí unha nova edición do Diario dun Mercado.

Comezamos o repaso pola Terra Chá, de onde se despide Aitor, ata agora extremo do Racing Villalbés. O atacante pon fin á súa segunda etapa no clube logo dunha campaña na que foi de menos a máis e demostrou galones pese á súa xuventude.

A mocidade tamén protagoniza as seguintes novas. Na Preferente Galicia, o dianteiro David Ben continuará no CD Foz logo de chegar ao Martínez Otero desde a SD Burela nesta atípica campaña de pandemia. Pola súa banda, a SDC Residencia perde ao central Gabri, que defenderá as cores do San Lázaro na Primeira Galicia. Tamén chegan ao barrio da Ponte Vity e Vigo, que chega desde o Becerreá.

A Primeira Autonómica protagoniza máis novidades. O CD Castro incorpora a Iván Navia e ao central Juanma, que chega desde o Ribadeo. Ademáis, os das ribeiras do Lea renovan a Brais e a Lois. Máis ao sur, no Sangoñedo, novas tristes: Javi Ramos e Noé colgándoselas as botas este verán e non continuarán na SD Chantada.

Por último, temos que falar dun futbolista que emigra. O central monfortino Iago López xogará no CD Barco na 21/22.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Redacción Futbolinlugo
Artículos: 274

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.