Palabra de… Javi Chinchón: «Veteranos e noveis»

A importancia dos máis vellos nun equipo a escena

Moi boas a todos os futboleiros que todas as semanas ledes estas liñas que FUTBOLINLUGO fai posible. Hoxe quería contarvos, dende a miña experiencia, como se vive o fútbol cando un chega a unha idade. Ultimamente xa era moi frecuente escoitar berrar polos campos da provincia frases como: “Chinchón, retirateeee”, “xubiladoooo” ou “pero aínda xoga o Chinchón”. E algunha máis. A maioría delas con moito cariño, jeje (bromea). Estes últimos anos, cando me ía acercando aos 40 anos xa un vai pensando que lle queda pouco para a retirada, pero sempre creín que podía aportar moitas cousas. 

Cando eu empezaba a xogar a esto do fútbol, tiven a sorte de ir convocado co primeiro equipo do CD Foz habitualmente. E nese equipo compartín vestiario con grandes compañeiros, dos que destacaría a Nacho e a Ramón. Naqueles anos os máis veteranos, e dos que aprendín moitas cousas que me axudaron moito o longo da miña carreira.

Pois estos anos nos que a min me tocou ser “o veterano”, ademáas de contaxiarme dos máis novos (facían sentirme como de 20); desfrutei e aprendín moitísimo deles. Así como tamén me axudou a entender como actúan e pensan estas novas xeracións.

Penso que os xogadores veteranos teñen unha función moi importante dentro dun vestiario: escoitando, falando, razonando, animando e dando exemplo en cada entreno e en cada partido. E non me olvido da importancia das cañas despois do entreno. Moitas veces son máis efectivas que calquera charla. Cando un é novo, en moitos casos pensa que o sabe todo e que se vai a comer o mundo. E ter a alguén cerca que tamén pensaba así e comprobou que non sempre as cousas son dese xeito, axuda moito. Porque che fai ver que o fútbol moitas veces pode ser tan inxusto como bonito.

Nun futuro, se son adestrador, intentarei ter sempre no meu equipo algúns veteranos comprometidos que desempeñen esa labor. Para os que nunca gozástedes dun vestiario, non sabedes o que unen, o que suman e o traballo que lle aforran ó mister. E sobre todo, contribuen a facer mellores persoas e futbolistas. Mención especial para Marcos, o do Iberia, co que non tiven a sorte de compartir vestiario, pero polo cal sinto unha enorme admiración. 

Moitas grazas a Futbolinlugo por permitirme escribir unhas liñas, e darlles a noraboa polo bonito traballo que fan. E que viva o futbol rexional!!!

Javi ‘Chinchón’ Méndez García. Lenda do noso fútbol. Adestrador do Foz xuvenil.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 875

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.