Hoxe en día xa non se ven moitos casos nos que un xogador comece e remate a súa carreira futbolística no mesmo equipo. Menos aínda que o fagan no equipo do seu pobo. E habería que buscar nas enciclopedias e nos libros de historia para atopar un caso semellante ao de Marcos Rodríguez Rañón.

Marcos ten 46 anos e xoga no Iberia C.F. desde aínda non cumplidos os 16, é decir, 30 anos ininterrumpidos vestindo a camisola azul e branca do equipo de San Miguel de Reinante, pobo que o viu nacer. Un verdadeiro home de clube, agora tamén directivo, curtido en moitas máis de mil batallas e coa ilusión de xogar cada domingo.

Marcos, nun encontro ante o Lourenzá

FUTBOLINLUGO: Como te sintes xogando cada domingo? Os anos pasan, pero segues a ser un indiscutible nas alineacións.

MARCOS: Noto que os anos pasan, pero o adestrar cada semana axúdame a manterme en forma. Os partidos fanse largos e remato con dores por tódolos lados, pero a ilusión e as ganas de xogar palían as cousas negativas.

FIL: É de supoñer que eres o referente do vestiario, a quen lle piden consello os máis novos

M: Si, é lóxico. Xa xoguei cos pais dalgúns rapaces que están este ano no equipo, e incluso, os fillos de xente coa que xoguei xa se retiraron! (risas).  Fíxanse en min e tamén aproveito para ir ensinándolles algunas cousas.

FIL: Ao remate de cada temporada, que é o que te motiva a seguir un ano máis?

M: Pois atópome agusto e é una válvula de escape ao meu traballo diario. Físicamente o meu corpo vaimo permitindo, e o que é máis importante, a miña familia tamén mo permite.

FIL: Por que sempre no Iberia? Seguro que tiveche ofertas doutros equipos en máis dunha ocasión.

M: Si, houbo ofertas. Nunha época cando aínda estaba estudiando estiven a piques de cambiar de aires, pero daquela meu pai freoume e díxome que o máis importante é que rematara a carreira. E a verdade é que lle estou agradecido porque puiden estudiar e cando xa me puxen a traballar xa non atopei motivos para cambiar. Sempre estiven agusto no Iberia e son de aquí, xogo coa xente de sempre, e nunca necesitei nada máis.

 

FIL: Xogache en Preferente, Primeira e Segunda Autonómica. Que temporada lembras máis especialmente?

M: Recordo cariñosamente unha na época de Preferente, éramos todos os xogadores da zona. Na primeira volta estábamos prácticamente descendidos, pero fixemos unha segunda volta espectacular, coa mesma xente, e logramos salvarnos. É a que recordó máis especialmente.

FIL: Logo chegou a época do Iberia dos “galácticos“.

M: Si, foi outra época bonita. Con Corral de presidente chegou xente con moita calidade e quedamos cuartos, xusto detrás dos tres equipos que subiron, Montañeros, SD Compostela e Cidade de Santiago, que os tres remataron xogando en Segunda B. Eses anos había moitísimo nivel na Preferente. É outro dos bos recordos que teño gravados.

FIL: Fora unha época de fichaxes de relumbrón. Chegou a xogar Martín Murado, Diego Louzao, Kiko Rey…

M: Totalmente. Eran xogadores de moito nivel, prácticamente fóra do noso alcance. Pero tamén ten moito mérito os anos que logramos salvarnos en Preferente coa xente da casa.

FIL: Cales son os grandes cambios que notas no fútbol modesto desde que comezache ata agora?

M: Non existe o compromiso que había antes. Os chavales novos teñen moitas outras cousas nas que entreterse. Hoxe están e mañá ao mellor non. Tamén noto que o fútbol non é tan físico, e iso gústame. Inténtase xogar máis o balón que fai anos.

Xusto antes do Iberia -Foz a pasada temporada. Marcos, de pé o quinto pola esquerda

FIL: Nesta temporada o Iberia estaba chamado a loitar polos postos altos da clasificación. A que se pensas que se debe que non o lograse?

M: Non comezamos como agardabamos. Chegou no verán bastante xente nova e nos primeiros partidos non saíron as cousas como tiñamos pensado. Costounos bastante acoplarnos como equipo e agora estamos na metade da tabla, esperamos subir algún posto e non dormirnos para non pasar ningún apuro.

FIL: Retirarse non é unha opción… ou si?

M: (Risas). Ás veces pásase pola cabeza, pero tampouco estou pensando neso a diario. Vou partido a partido, vendo como me atopo e aínda non sei que vou facer a temporada que vén.

EN CURTO…

A mellor temporada: a que che xa che comentei, salvándonos en Preferente nunha segunda volta espectacular.

O mellor adestrador: Non quería decir ningún…pero quédome con Arturo de Foz, que foi o que me fixo debutar.

O mellor xogador co que compartiche vestiario: Houbo moi bos xogadores no Iberia. Qúedome con Borja Prieto, de Vilalba, Rego, que actualmente está no As Pontes, e Diego Louzao que era un pedazo futbolista.

O mellor dianteiro que che tocou defender: Tampouco gardos moitos recordos (risas), non se me ocorre ningún a verdade.

O campo no que máis ilusión che fixo xogar como visitante: En San Lázaro. Xogamos contra o Vista Alegre xusto despois dun Compostela –  Atlético de Madrid e quedáronse dúas mil persoas a vernos.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Marcos Fernández

Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*