No mundo do fútbol existen numerosas claves que poden marcar o porvir dunha boa ou dunha mala tempada. Unha delas e o vestiario. Sí, ese sitio que nuns campos pode chegar a ser catro táboas mal postas, e noutras parece a suit dun hotel de 5 estrelas. Este habitáculo pode ter un papel determinante en que unha persoa perda o seu traballo (adestrador), en que os xogadores acudan asiduamente os adestramentos, en que se gañen partidos, incluso nas conversas, de bar, e máis se falamos dos equipos máis modestos.

A pesar da miña curta idade, e se a memoria non me falla, pasei por seis equipos diferentes dende que xa hai case dezasete anos que comecei a practicar este deporte. Isto non quere dicir que pasara so por seis vestiarios diferentes, senón que pasei exactamente por dezasete. Vivín tempadas boas e malas, pero o papel do vestiario sempre foi crucial. Nunha rolda de prensa a Pep Guardiola (que moitos dirán que disto do fútbol ten pouca idea) dicía que no seu Manchester City a preparación física non tiña sentido, que a cabeza e a predisposición a gañar o partido de cada xogador, era o que marcaba as diferenzas no terreo de xogo, e non podo estar mais dacordo con el, tendo claras as diferenzas do fútbol de rendemento e o fútbol afeccionado claro está.

Podemos falar de motivación, iso que no meu paso polo INEF tan poucas veces se falou, e só na materia de psicoloxía tivo un punto fundamental. Pero esta motivación ten un punto de apoio claro no vestiario. Se no vestiario non estas agusto, non vas contento adestrar e polo tanto vai pasar factura, e volvemos o comezo. Os obxectivos da tempada non se cumpren, e o máis sinxelo neste mundo é largar ao adestrador, e comezar de novo, igual cuns obxectivos menores, pero que se acadan de sobra, e todo o mundo “contento”.

O papel dun bo adestrador, será tamén a de motivador, e todo o corpo técnico debería preocuparse destas “catro táboas”, chamadas vestiario e exercer ese papel de motivador, atendendo as individualidades de cada xogador e do equipo en xeral, porque ao final o que de verdade importa é ir polos campos a pasalo ben e desfrutar deste deporte, cousa que sen un bo vestiario é moi complicado.

O vestiario, esas 4 táboas que non nos poden separar da felicidade.

 

‘Guaje’ Iago Vázquez Quintela. Xogador e adestrador das categorías inferiores da SD Monterroso.

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Diego Díaz Martínez

Diego Díaz Martínez

Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*