Montoya (Iberia C.F.) e Pablo Rego (U.D. Xove Lago): mesma lesión, idénticas ilusións

No fútbol afeccionado, cando vestirse de curto un domingo o fas porque é a túa paixón e non polo que recibes a fin de mes, sempre existe o mesmo temor: «e se me lesiono?», «que será do meu traballo?», «e dos meus estudios?». É inevitable sufrir algún percance, pero o problema surxe cando aparece unha lesión de longa duración.

No último mes, dous futbolistas da nosa provincia, mariñáns os dous, sufriron a mesma lesión: rotura do temido ligamento cruzado, polo que estarán alexados dos terreos de xogo un bo tempo. Son Daniel Montoya, dianteiro do Iberia C.F., pichichi da Segunda Rexional ata esta xornada e Pablo Rego, centrocampista da U.D. Xove Lago.

Desde Futbolinlugo quixemos falar con eles, para interesarnos polo seu estado e desexarlles unha pronta recuperación, e podan disfrutar do noso fútbol e da súa vida diaria o antes posible.

FUTBOLINLUGO: Como te atopas despois xa duns dias de sufrir a lesión? Tes xa data para a operación?

DANIEL MONTOYA: Anímicamente non me está a resultar nada fácil xa que é unha lesión de longa duración e físicamente dolorido. De momento non teño data para operarme.

PABLO REGO: Encóntrome bastante ben, porque non me doe case nada, e vou agardar uns meses en operarme porque quero rematar os estudios.

 

FIL: Lembras como foi a xogada?

DM: Recordo saltar e caer apoiando a perna esquerda e nese momento sentín unha dor moi forte na rodilla que me fixo caer ao chan.

PR: Lembro que un xogador do Valadouro iba golpealo balón e eu puxen a perna diante e xa notei que se me foi a rodilla.

O pichichi do Iberia, Montoya, voltará golear co equipo de San Miguel sen tardar

FIL: Fuche consciente xa no momento que se trataba dunha lesión grave?

DM: No momento exacto non fun consciente, xa que só pensaba na forte dor que tiña. Pero ao pouco tempo xa me decatei que non iba ser pouca cousa.

PR: Non pensei que fora tan grave, porque aínda que me doía bastante aos trinta minutos da lesión xa podía camiñar.

FIL: Como valoras os servizos médicos que pon a Federación á vosa disposición?

DM: É a primeira vez que necesito acudir aos servizos médicos da Federación debido a unha lesión, e en todo momento me trataron correctamente, explicándome a miña situación e atendéndome o antes posible.

PR: A atención foi bo a e moi rápida, sen ningún problema.

FIL: Como afrontas o periodo de recuperación?

DM: Realmente como aínda non me operei a recuperación aínda a vexo lexos. Non estou moi animado, sinto coraxe por sufrir esta lesión cando iba líder na tabla de goleadores e por non poder seguir xogando co meu equipo.

PR: Moi animado. Cando poda quero operarme e intentar recuperarme o antes posible.

FIL: A próxima temporada seguiremos véndote polos campos de fútbol da nosa provincia?

DM: Por suposto! E con máis ganas que nunca. Estou moi contento co meu equipo e desexando voltar con eles.

PR: Por suposto! Cando me recupere da lesión voltarei a xogar seguro.

O Xove Lago botará en falta a Pablo Rego no último treito de temporada

FIL: Que mensaxe lles mandas aos teus compañeiros de equipo para o que resta de temporada?

DM: Que sigan traballando duro, porque somos un bo equipo e merecemos chegar máis alto na clasificación. E que enseguida estou de volta!! (risas).

PR: Desexarlles moita sorte, e que merecen estar arriba na clasificación. Aínda que a plantilla é corta están facéndoo moi ben.

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 498

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.