O partido da xornada . . . Polvorín S.D. – Ribadeo F.C.: choque clave na loita polo ascenso nun esceario de luxo

Nen máis nen menos que o Anxo Carro. Alí, á beira do Miño onde o pasado fin de semana xogou o filial do Barcelona se verán as caras Polvorín e Ribadeo o domingo ás 12 da mañá, co ascenso á Terceira en xogo.

Malia ser a xornada 26, cada enfrontamento entre rivais directos é moi importante, para poñer terra de por medio no caso dos lucenses ou ben para deixar clara a súa candidatura no caso dos mariñáns. Con vellas polémicas xa esquecidas, agárdase un partido intenso, propio do que está en xogo sobre o céspede do C.D. Lugo.

Polvorín en posto de ascenso e Ribadeo de promoción aspiran a ser equipos de Terceira a vindeira campaña

O Polvorín SD é segundo clasificado, pisándolle os talóns ao líder, un Paiosaco que nesta segunda volta non amosa a solidez e fiabilidade do primeiro tramo de campionato. Os homes de José Durán gañaron os seus últimos catro encontros e amosan unha gran fialidade como locais, cedendo no que vai de liga tan só tres puntos, os que acadou o Arzúa alá polo mes de octubre. Ademáis o filial lucense é o equipo menos goleado da categoría. Moito dese mérito é do seu gardameta, Pablo Cacharrón, unha das figuras do equipo que ve o encontro ante o Ribadeo «como unha gran oportunidade de abrir oco ante un rival directo, sabemos do importante que sería, polo que afrontamos o partido a tope e soamente pensando en gañalo«. Para o porteiro do Polvorín «é motivante xogar nun estadio como o Anxo Carro, aínda que supoño que para eles tamén o será«. Sobre o rival do domingo Cacharrón é consciente de que estarán na loita ata o final de liga «teñen xogadores moi veteranos que coñecen moi ben a categoría, como Poratti, que saben perfectamente o que fan en cada momento do partido. Ademáis Paiosaco, aínda que atravesou un mal momento, e As Pontes van ser rivais moi fortes, e incluso o Castro»

Cacharrón é un dos porteiros con máis proxección do fútbol lucense

O Ribadeo FC é terceiro, cinco puntos por debaixo do seu rival do domingo, ocupando plaza de promoción de ascenso, superando en tres puntos a outros dos favoritos, As Pontes. Os de Fiz Rodríguez non coñecen a derrota nos últimos dous meses e viven o mellor mometo da temporada. Ao igual que o Polvorín, os mariñáns teñen a súa portería ben cuberta. Hugo, cumple a súa primeira campaña no Ribadeo a onde chegou procedente do Valadouro, e nos tres últimos encontros mantivo a súa porta a cero, o que proba tamén a solidez defensiva do equipo. Para o gardameta focense «o partido ante o Polvorín afrontámolo como unha etapa máis da competición, e intentaremos prolongar este bo momento no que estamos de xogo e resultados, sendo conscientes de que despois do domingo aínda quedan moitos puntos en xogo«. Que o encontro sexa no estadio do C.D. Lugo, na opinión de Hugo «como futbolistas queremos xogar sempre no mellor esceario posible, pero o importante son os tres puntos e iso será o que intentemos traer para Ribadeo do Anxo Carro«. É consciente Hugo da dificultado do choque, «o que máis me preocupa do rival é o nivel físico do Polvorín, son xogadores profesionais con moitos máis medios materiais e humanos que o resto de equipos de Preferente, pero si somos capaces de rendir ao noso mellor nivel teremos moitas opcións de gañar, tal e como demostramos na ida, onde non foron capaces de gañarnos cun xogador máis«.

Hugo convertiuse en indiscutible nas alineacións do Ribadeo FC

 

ESTE FIN DE SEMANA TAMÉN PODES VER . . .

Preferente Autonómica

C.D. Castro – Xallas F.C. (Domingo ás 16:30 no Arturo Pereiro): os chairegos buscarán un triunfo que os meta de cheo na loita polo ascenso, logo do empate colleitado no campo do Poboado. O seu rival, instalado na zona cómoda da táboa non llo porá doado.

O Castro necesita os goles e a experiencia de Iván González

S.D. Outeiro de Rei – C.F. Dumbría (Domingo ás 17 h. no Municipal): Os de Juan Peón quererán rachar coa xeira de nove encontros consecutivos perdendo e darlle unha alegría á súa afección. O rival atópase en postos de descenso.

S.D. Residencia – Viveiro C.F. (Domingo ás 17:30 h. na Cheda): tres derrotas consecutivas voltaron meter de cheo aos de Meilán na pelexa pola permanencia. Preto estiveron de puntuar no campo do líder. O Viveiro tamén lle complicou a vida ao Polvorín, e buscará confirmar a súa mellora de xogo ante o Residencia.

O vencedor do Residencia – Viveiro dará un paso de xigante cara a acadala permanencia

Primeira Autonómica

U.D. Xove Lago – S.D.C. San Roque (Domingo ás 17 h. no Municipal): ámbolos dous equipos estrearon o seu casilleiro neste 2018. Os mariñáns aínda soñan con poder optar aos postos de ascenso, mentras que o San Roque aspira a melloralo noveno posto actual.

Mintes chegou no mercado invernal ao Xove Lago

S.D. Sarriana – S.D. O Páramo (Domingo ás 17 h. na Ribela): Derbi na Ribela. Imparables os de Julio Corral, que non perden desde o 3 de decembro. Reciben a un Páramo, que tras gañar ao Monterroso aínda mira con recelo os postos de perigo.

Segunda Autonómica

S.D.C. Cabreiros – U.D. Folgueiro (Sábado ás 16:15 na Cea): cuarto contra terceiro, empatados a puntos e a tan só un do Gutiriz, que é segundo. Dous equipos que co paso das xornadas viron que podían optar ao ascenso e téñeno a tiro de pedra.

Friol C.F. – Chantada Atlético (Sábado ás 17:15 h. na Reigosa): os de Rafa Casanova son líderes e sumaron 25 dos últimos 27 puntos en xogo. Os chantadinos que ocupan o cuarto posto cun encontro menos, teñen a oportunidade de recurtar distancias.

Terceira Autonómica

S.G. Comercial – A.D. Catro Roldas (Sábado ás 18 h. no Municipal Rodríguez Lago 1): equipos con traxectoria irregular nesta fase de ascenso. Os lucenses verían como unha derrota os alonxaría do obxectivo, mentras que os de Román teñen a oportunidade de afianzarse nos postos que dan lugar ao salto de categoría.

O Catro Roldas loita por voltar á Segunda Autonómica

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 499

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.