Palabra de… Sergio Sánchez: «Todo quedou nun susto»

 

A pasada fin de semana, concretamente o sábado pola tarde, viviuse no campo da Cheda unha escena desagradable e asemade arrepiante. Disputábase o Residencia «B» vs Polvorín «A» de xuvenís -que remataría en empate a 2- cando, nunha acción fortuita, un xogador do equipo de Montirón quedou deitado sen consciencia no chan. A situación alarmou a pais, siareiros, xogadores… que estaban presentes no encontro.

Por fortuna, o rapaz recuperou axiña a consciencia, pero foi trasladado rapidamente ao hospital, onde foi examinado ata garantir que todo quedaría nun mal trago. Hoxe, Futbolinlugo trae o testimonio deste mozo de 17 anos, que narra en primeira persoa como o viviu.

«O árbitro asinou unha falta lateral e eu subín a rematar. Realmente non me lembro de subir rematala, pero puiden velo repetido nun vídeo. Non lembraba nin como foi a falta, nin nada dos instantes previos ao golpe.

Saltei de costas e o porteiro desequilibroume, chocando coa testa no chan e quedando inconsciente ipso-facto. O primeiro que recordo é ter ao meu adestrador Kubala diante pedíndome que me incoporase, para ver se me podía erguer. Preguntoume quen estaba con nós, e alí estaban meus pais -quen, polo susto, saltaran ao campo- e cando conseguín poñerme en pé rematou a primeira metade do partido.

De camiño ao vestiario, un compañeiro díxome «Mira que rapazas máis guapas hai na grada» pero sinaloume cara o outro lado do campo, cara a estrada. Eu dinme de conta, xa que estaba orientado e sabía que non había alí ningunha pícara, en parte gracias ás bastantes preguntas que me fixera o meu adestrador instantes atrás.

Seica o porteiro rival acudiu canda min a desculparse, ou quizais a darme a mau (non o teño moi claro) e, ao parecer, desvestinme e púxeme outra roupa por min mesmo, cousa que non lembro. De feito, non me acordo de  absolutamente nada do traxecto que fixen desde a Cheda ata o Polusa, tan só decateime do que ocorría unha vez dentro do hospital.

Sentín medo, estaba asustado e, cando comezaba a espertar no terreo de xogo, sentía un hormigueo constante por todo o corpo, semellante ao que sentes cando se che durme unha perna ou un brazo, e os oídos pitábanme moitísimo. En conclusión, non foi unha situación nada agradable, pero afortunadamente estou ben e san.»

Sergio Sánchez: xogador do Polvorín xuvenil e amante do noso deporte desde os seus primeiros pasos.

Os golpes e os sustos son parte deste deporte, por tanto ás veces cómpre saber como senten estas situación os suxeitos que as padecen. Agradecemos a Sergio Sánchez a súa colaboración e agardamos que non teñamos que falar de feitos como este en máis ocasións, que no fútbol non existan sustos, tan só diversión e alegría!

 

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.