Conferencia Yago Iglesias: «Ataque posicional e presión tras perda»

Unha clase mestra de fútbol por parte dun dos técnicos do momento

Yago Iglesias é un dos homes do momento. Profesor da Escola Galega de adestradores e un dos técnicos autóctonos de referencia. Dende esta casa, tivemos o privilexio de contar con el nas I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita. O preparador do Compostela no regreso á Segunda B, agasallounos cunha clase mestra sobre o xogo combinativo e a presión alta. O título do seu relatorio xa o deixa claro: «Ataque posicional e presión tras perda».

«O gran reto do adestrador é xerar sinerxías: que tódalas ideas no noso contexto produzan unha explosión a nivel de rendemento»

Iglesias falou do individual e do colectivo. Da mellora propia do futbolista ao tempo que se converte no ser máis útil para o equipo. De aí a importancia dos roles e de ter as cousas moi claras sobre o terreo de xogo.

«Cando imos superar a un bloque baixo, non existen posicións. Existen roles»

As conferencias desenvolvéronse o 14 de novembro no Salón de Conferencias no Concello de Burela. A asistencia estivo moi limitada por mor das restricións sanitarias da Covid 19. Non obstante, o evento puido seguirse en directo vía streaming. Ademais as ponencias quedaron gravadas e poderán ser visualizadas na canle de Youtube de Futbolinlugo. Nos vindeiros días seguiremos incorporando ao resto das charlas.

Trátase dun Congreso feito en colaboración co Concello de Burela. Pretendemos manter o espírito do fútbol nunha época complicada. Así como reivindicar o talento dos adestrador@s lucenses e galegos. A nosa idea é a de seguir medrando e poder continuar facendo comunidade a prol do noso fútbol.

Yago atendendo á conferencia de Simón Lamas

Esta aposta, súmase a outros eventos e accións promovidas por Futbolinlugo máis aló da nosa web. A primeira iniciativa foi a publicación da Guía ‘Fútbol en Lugo’ en colaboración con El Progreso. Publicouse en dúas ocasións. Nesta tempada non se realizou xa que o inicio das competicións foi suspendido.  O segundo evento ao grande desta comunidade foi o I All Star Futbolinlugo. Fíxose ao final da temporada 2019/2020. A gran festa do fútbol lucense tampouco puido levarse a cabo neste ano. Pero tentaremos consolidar o proxecto en futuras edicións. A nosa entidade tamén organiza o ‘Ránking Futbolinlugo’, unha competición de pádel en colaboración con Lucus Pádel. Esta cita segue en marcha nestes tempos pandémicos. A segunda edición xa está dando que falar.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 861

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.