As nosas guerreiras da fin de semana!

IMAXE DE PORTADA: WEB PM FRIOL

O PM Friol supriu esta semana unha dolorosa derrota en Mareo ante o Sporting de Gijón (3-1), un dos clubes referencias a nivel nacional. As lucenses chegaban ao duelo co obxectivo de saír da parte baixa da clasificación, e o mesmo facían as locais. As asturianas, de feito, aínda non coñecían a victoria nesta 20/21.

Porén, hai días que as cousas non funcionan. Non por non traballalas, senón porque simplemente o partido non está para ti. No minuto 1 de xogo, o Sporting adiantábase nunha acción a balón parado, e o tanto descolocou ás visitantes durante o resto da primeira metade, que foi de dominio sportinguista e puido rematar con máis goles.

Si reaccionaron as nosas tra-lo paso polos vestiarios, e conseguiron a igualada por medio de Ángela no minuto 47. As de Xixón reaccionaron ben ao gol e, tras gozar de varias ocasións, asinaron o 2-1 no minuto 65. Foi aí cando o partido se volveu tolo: un «box-to-box» que supuxo oportunidades para ambos bandos e que podía ter terminado no 2-2, cando un tiro do Friol deu no longueiro. 

Finalmente, coas lucenses volcadas, o Sporting conseguiu o 3-1 definitivo a cinco minutos do final. O adestrador Abraham Rodríguez non continuará como técnico do conxunto, polo que será o presidente Ángel Villar o que dirixirá ás rapazas o próximo domingo en Santander, ante o Rácing. Xa nas vacacións de Nadal, o clube traballará arreo para conseguir un novo preparador! Alén dito, tampouco continuarán no equipo as xogadoras Ariadna e Noemí de Andrés.

Abraham Rodríguez declarou para Futbolinlugo que «estou contento co traballo realizado e do meu corpo técnico. Competimos en todos os partidos. Incluso no último puidemos levar os tres puntos. Fixemos bo fútbol contra equipos como o Madrid CF B ou o Parquesol. Sabemos que é un club dunha localidade pequena que compite nunha liga como a Reto. Con xogadoras que se estaban formando na categoría. O club crería que podiamos sacar máis resultados e tomou esa decisión. Non temos outro remedio ca aceptala«

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza

Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 536

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.