Por segunda temporada consecutiva, Futbolinlugo e El Progreso sacan a Guía Fútbol en Lugo. Un amplo recopilatorio de todos os equipos da provincia dende a Preferente, a Primeira Rexional, a Segunda, a Terceira e os equipos do fútbol feminino. Este sábado 21, a revista do fútbol provincial estará a venda por 1,5€ co seu correspondente exemplar do xornal El Progreso.

Oitenta e sete equipos, máis de 1600 xogadores e xogadoras que xogan na nosa provincia, datos, imaxes e as chaves dunha tempada que xa está andando. Cos movementos de mercado o máis actualizados posibles e con novos datos. Non obstante, a principal novidade deste ano é a inclusión dos árbitros. Os colexiad@s da provincia terán o seu merecido oco nas páxinas da guía.

Unha peza chave para afrontar a temporada. Unha lectura obrigada antes de visitar calquera campo. Un produto co que queremos seguir reivindicando o poder do noso fútbol, o compañeirismo, a amizade e todas aquelas razóns que se vos ocorran para manter con vida o espírito futbolístico da provincia.

Juan Renda, protagonista dun vídeo promocional da Guía

O coñecido adestrador lucense é o protagonista dunha modesta peza audiovisual que tenta explicar o valor dos nosos. Sen ánimo de criticar ás estrelas do fútbol internacional, pretendemos destacar a importancia dos de aquí. E que os nosos veciñ@s tamén poden ser os nosos ídol@s. Na época dos Domínguez, Pedro Tapia, Edrosa ou Bossa non existía o mundo dixital. A facilidade para contar as súas historias non era sinxela. Grazas a persoas como eles, hoxe estamos aquí. Escribindo unhas novas páxinas da historia do noso. Vémonos nos quioscos!

Comparte

Sobre o autor Ver todos os posts

Redacción Futbolinlugo

Redacción Futbolinlugo

Deixa un Comentario

O teu Email non se publicará. Cubre os campos requeridos*