O soño do ascenso remata para SD Chantada e Escairón

O pasado domingo presentábase como un día ilusionante no sur da provincia, pois a SD Chantada e o Atlético Escairón comezaban os playoff de ascenso á Preferente Galicia: os de Traste recibían ao histórico Flavia no Sangoñedo, mentres que o equipo dirixido por Montoto viaxaba ata o feudo do Eume Deportivo nos cuartos de final […]

A Sarriana ascende a Terceira e o Racing Vilalbés fai historia na Lomba

Fin de semana moi positivo para o fútbol lucense. O Racing Vilalbés impúxose ao Arousa e clasifícase para a derradeira eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF. Na Preferente, a Sarriana logrou o ansiado ascenso a Terceira RFEF logo de gañar no derbi provincial diante da Residencia e beneficiado polo empate entre Noia e Boiro. A […]

a porra

A Porra de Futbolinlugo, 35

Comeza a parte crucial da temporada para moitos equipos, e nós seguimos coa nosa Porra semanal!! Arosa – Racing Villalbés: o sábado ás 17 na Lomba os chairegos terán a oportunidade de acadar un posto na final polo ascenso a 2ª RFEF. Sarriana – Residencia: non pode fallar a Sarriana no derbi, que será o […]

A Terra Chá manterá dous equipos na Primeira

A Terra Chá seguirá tendo seguro dous equipos na primeira división provincial do fútbol afeccionado. O Guitiriz ou o Cospeito ascenderá a esta categoría procedente da Segunda Rexional grupo norte. Un deles cubrirá o posto chairego que deixa vacante o Pastoricense e acompañará ao Santaballés.  Pola súa banda, dende a zona sur, a Milagrosa ou […]

Máxicos Futbolinlugo, xornada 34

Rematou a competición para os nosos máxicos. O desenlace foi funesto para San Ciprián, Antas e Pastoricense, mentres que Sporting Pontenova, Riotorto e Monterroso estarán pendentes dos arrastres desde Preferente. Escairón e SD Chantada, pola súa banda, xogarán un atractivo playoff de ascenso! Riotorto 2-2 Xove Lago: dous equipos con moitas baixas chegaron á Veiga […]

O Racing Vilalbés empata e xogará o pase no campo do Arousa

O Racing Vilalbés e o Arousa igualaron na ida da segunda rolda eliminatoria polo ascenso a Segunda RFEF e será no campo da Lomba onde se decida o equipo que represente a Galicia na derradeira fase. Na Preferente, a Sarriana quedou sen marxe de erro para manter praza de ascenso logo do empate no campo […]

a porra

A Porra de Futbolinlugo, 34

Coas competicións a piques de rematar, esta é a Porra desta semana!! Racing Villalbés – Arosa: o sábado ás 17 na Magdalena. Órdenes – Lemos: duelo vital pola permanencia en Vista Alegre, o domingo ás 19. San Ciprián – Foz: derbi na Granda, o domingo ás 18. Folgueiro – Cospeito: eliminatoria aberta con desenlace o […]

Abadín e Incio acadan o ascenso a Segunda Galicia

Rematou a fase de ascenso e fíxoo con festa en Abadín e o Incio. Ámbolos dous conxuntos lograron subir a Segunda Galicia tan só un ano despois de perder a categoría. O Abadín venceu ao Nuevo Nausti mentres que o Incio superou ao Páramo nunha eliminatoria moi parella. Analizamos tamén a xornada no Torneo Delegación. […]

Diario dun mercado. Episodio 331

Fichaxes, estreas e fins de ciclo no primeiro Diario dun mercado do curso 23/24

Máxicos Futbolinlugo. Xornada 33

Con tan só tres puntos restantes para os máxicos, a Primeira Galicia xa ten campión, ademais de varios equipos que descenderán á Segunda Autonómica. Xove Lago 3-1 Taboada: aínda que o Taboada se adiantou logo dunha falta frontal rematada pola dianteira visitante, o Xove foi o dominador dun choque trabado. O Xove empatou a balón […]

O Racing Vilalbés remonta e xogará a segunda rolda polo ascenso

Gran encontro do Racing Vilalbés que remontou a eliminatoria no campo do Rápido de Bouzas. Xogará a segunda rolda da fase de ascenso diante do Arousa. Na Preferente, a Sarriana non pasou do empate co Noia no partidazo da xornada e ve reducida a catro puntos a súa vantaxe. Triunfos importantes do Ribadeo e do […]