#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal #Terceira Futgal #Terceira RFEF

Diario dun mercado. Episodio 331

Xa tardabamos moito pero empeza a feira. Iniciamos oficialmente o Diario dun mercado da campaña 23/24.

A vindeira tempada teremos novo equipo no fútbol provincial, a Gimnástica Lucense. O club capitalino xa comunicou quen será o seu presidente. Manuel Ángel Calzón, xornalista e observador de fútbol nado en Avilés, ponse aos mandos desta nave.

Unha categoría máis arriba, dous adestradores non seguirán nos seus equipos. Nico Longhini pecha o seu ciclo en Fonsagrada ao igual que o noso Diego Díaz nun San Roque no que se retiran dous goleadores do fútbol provincial. Titi (ex da Comercial e o Becerreá) e Corbelle (Páramo e Polvorín) colgan as botas.

Corbelle marcou o seu último gol ante o Lucense, o derradeiro do San Roque nesta campaña

Por último, un par de apuntes de competicións semiprofesionais. O Viveiro non poderá contar a próxima campaña cos seguintes xogadores: Sergio Otero, Josemi, Barroso, Arona Sané, Edgar, Iker e Anthony. Ou cambia a normativa ou ao saír cedidos a outros equipos, non poden regresar á cidade do Landro na pretemporada da 23/24.



Ademais, o ex do Celta Barreiros e o CD Lugo Gerardo Berodia fará a súa estrea na Kings League, como o xogador número 12 do conxunto 1Kfutbolclub.

Diario dun mercado. Episodio 331

O Friol, o máis adiantado cara a

Diario dun mercado. Episodio 331

Abadín e Incio acadan o ascenso a

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *