#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

A Terra Chá manterá dous equipos na Primeira

A Terra Chá seguirá tendo seguro dous equipos na primeira división provincial do fútbol afeccionado. O Guitiriz ou o Cospeito ascenderá a esta categoría procedente da Segunda Rexional grupo norte. Un deles cubrirá o posto chairego que deixa vacante o Pastoricense e acompañará ao Santaballés

Pola súa banda, dende a zona sur, a Milagrosa ou o Friol recuperarán a posición que perderon no seu día na 1ª (no caso do conxunto friolés o curso anterior).  

Por diante, quedan dúas finais a dobre partido apaixoantes que comezan esta fin de semana. Unha emoción argumentada no que xa pasou nos primeiros cruces desta fase de ascenso. Contámolo en #ONoso11AChaira

Só Jesús desFIXO a igualdade: Iberia 1-1 Guitiriz (global 1-1) (penaltis: 1-3

O Guitiriz xogará polo ascenso á Primeira Rexional na última eliminatoria. Superou ao Iberia nos penaltis logo dunha eliminatoria moi igualada tanto na ida como na volta. 



Viviuse un gran ambiente nas Valgas para presenciar un encontro no que houbo moita tensión e pouco xogo. Na primeira metade o Iberia chegou ao descanso con vantaxe. O gol foi da autoría de Barrera

No segundo acto, os locais perderon a Jorge por lesión e trocaron tamén a Jordanne que xa tiña un cartón amarelo. Os visitantes controlaron máis o partido cunha gran actuación do veterán Miguel

O porteiro Javi Prieto mantivo en superioridade aos seus con algunha boa parada. Antón e Erik tentaron batilo. Nos últimos minutos do partido chegou o empate guitiricense. Unha falta lateral foi prolongada por Labrada e rematada finalmente por Miguel



A tónica da igualdade continou tamén no período extra de trinta minutos. Nos penaltis estiveron máis atinados os de Guitiriz. Certo é que Javi Prieto parou o primeiro lanzamento. Pero logo, o protagonista da quenda foi Jesús. O porteiro dos Vilares parou tres penaltis

Nota*: este mércores ambos equipos enfrontáronse nos dezaseisavos de final da Copa. Tamén tiveron que resolver a eliminatoria nos penaltis e volveu pasar o Guitiriz. Nos próximos días haberá información en Futbolinlugo relativa ao torneo copeiro.  

O Cospeito sabe sufrir: Folgueiro 1-2 Cospeito (global: 1-3)

O Cospeito tamén xogará a final por ascender logo de conseguir gañar outra vez en Boavista. Foi un partido moi competido entre dous bos equipos. O Folgueiro buscou insistentemente a remontada e púxolle as cousas moi difíciles ao seu rival que acudía cunha lixeira vantaxe.  

O encontro comezou igualado, aínda que na recta final antes do descanso os locais apertaron. Os visitantes sufriron pero marcharon ao tempo de lecer sen encanxair. 

Na segunda parte, a entrada de Fran deulle aire ao Cospeito e púxose por diante no marcador. Os locais puideron empatar pero tiraron un penalti fóra.  Os de Luis Romay marcaron o segundo.



Non deixaron de intentalo os da casa. Marcaron de falta directa e volcáronse na búsqueda de dous goles máis que non chegaron. 

O adestrador do Folgueiro Manuel Vicente quixo deixar unhas palabras para os seus: «Doulle as grazas a todo o cadro de xogadores polo seu compromiso e esforzo durante toda a tempada, a directiva e familia do Folgueiro pola oportunidade e o trato recibido; en especial a Domingo que é a alma deste club«. 

Nota*: este mércores ambos equipos enfrontáronse nos dezaseisavos de final da Copa. O Cospeito gañou por terceira vez na temporada en Boavista e accede aos oitavos. Nos próximos días haberá información en Futbolinlugo relativa ao torneo copeiro.  

O Friol non especulou  na casa: Friol 3-1 Paradela (global: 7-1)

O Friol saíu ao partido coa intención de esquecerse da clara vantaxe da que dispoñían. De feito, marcaron cedo para disipar subidas. Non obstante, o Paradela non baixou o ánimo, tivo ocasións e igualou antes do descanso.

A medida que foi pasando o tempo no segundo acto, os visitantes si que baixaron algo no seu ritmo. As posibilidades íanse reducindo e o Friol marcou dous goles máis para completar a súa gran eliminatoria. 

A igualdade levada a máxima expresión dos goles: Becerreá 5-5 Milagrosa (global: 8-8)

A Milagrosa está na final polo ascenso ao superar ao Becerreá nos penaltis. Foi un encontro tolo, con oito goles marcados no tempo regulamentario e dous máis na prórroga. Aos que lle hai que engadir os tres que marcara cada equipo na ida. 

Os locais foron case sempre a remolque no resultado, aínda que sempre igualando o gol visitante. Ata que conseguiron o empate final xa nos últimos minutos.  

Na prórroga foi o Becerreá quen se puxo por diante. A Mila quedou cun futbolista menos por expulsión de Fran. Nos últimos intres, logrou o empate que os levarían os penaltis.

A Terra Chá manterá dous equipos na Primeira

Diario dun mercado. Episodio 332

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *