O Castroverde remata coa imbatibilidade do Goiriz

Remata o 2024 e faino co último Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia. No grupo norte, un enrachado Castroverde rematou coa imbatibilidade do Goiriz, conxunto que non coñecía a derrota. O Cazás non pasou do empate no campo do Friol B, resultado que aproveitou o Rioaveso para achegarse na clasificación. O Catro Roldas goleou […]

Goleadas da SD Antas, Carballedo e CD Lugo B e para pechar o ano

A SD Antas almórzase ó FC Porriño Pouco lles importou ás xogadoras do Antas xogar de mañá en Porriño. Partido moi cómodo para as adestradas por Dani Abelairas que axiña se adiantarían no luminoso cun gol de Nuria a pase dende o curruncho de Elisa. A encargada de pór o 0-2 no marcador foi unha […]

Os Máxicos marchan de vacacións

Os Máxicos Salvatierra Abogados disputaron os últimos partidos do ano 2024 con sorpresas e grandes goleadas. A Milagrosa non da o nivel ante o Sporting Guardés (2-5). Cando os Máxicos de Madriles foron quen de coller o pulso do choque, o resultado xa era de 0-2 no López Gorgoso. Era o minuto 7. Pouco despois, […]

Os lucenses de Terceira RFEF e Preferente despiden o ano con bo sabor de boca

Chega o último Trío de Ases Panadería O Cantón do 2024 e faino con bos resultados para os nosos conxutos. Na Terceira RFEF, o Racing Vilalbés é segundo tras vencer no campo do Barbadás. Empatado a puntos cos chairegos está a Sarriana, que sacou un valioso punto do campo da UD Ourense. O Polvorín venceu […]

Manu Veiga: «O Goiriz deste ano está capacitado para gañar en calquer campo»

O Goiriz é o flamamte líder do Grupo Norte da Terceira Futgal. Os números dos de Manu Veiga acreditan ao club do Ventiño como un dos favoritos para levar a competición. 10 victorias e tan só 1 empate e 1 derrota en 12 partidos disputados confirman un estado de forma inalcanzable polos seus competidores, aos […]

O Iberia busca pleno e 7 equipos en 3 puntos no sur

O Iberia lidera o grupo norte dende a sexta xornada. Hai dúas semanas que se proclamou campión de inverno, é dicir, finaliza si ou si a 1ª volta na primeira posición. Agora quere manterse sen perder, a proba será ante os veciños do Celta Barreiros. A igualdade é máis que nunca a definición acaída para […]

Castroverde e Monterroso B alcanzan postos de ascenso

Comezou a segunda volta na Terceira Futgal e con ela chega un novo Tres en Raia En Boas Mans Fisioterapia. No grupo norte o líder non cede. O Goiriz venceu a domicilio ao Roupar, mentres que o Castroverde gañou na casa ao Friol B e aproveitou o empate do Cazás fronte ao Catro Roldas para […]

Xavi Iriarte (Ribadeo FC): «Foi moi emocionante voltar á casa e marcar no debut»

O Ribadeo remonta o voo logo dun difícil comezo ligueiro. O conxunto mariñán sumou por primeira vez dúas vitorias consecutivas, unha delas o pasado domingo no campo da Pinguela fronte ao Lemos. Os de Luchi manteñen unha renda de catro puntos sobre os postos de descenso. En terras monfortinas fixo o seu debut Xavi Iriarte, […]

O PM Friol faise co derbi feminino ante o CD Lugo

Friol e Lugo enfrontábanse nun encontro envolto pola polémica dende os despachos Derbi da elite do fútbol feminino lugués que quedou cos tres puntos para as locais, as friolesas (1-0). Un partido que pese á polémica que o arrodeaba fóra do céspede, dentro del reinara a deportividade por parte de ambos conxuntos. Aínda que houbo […]

Os Máxicos afrontan a recta final de 2024 coa tabla dividida

Os Máxicos Salvatierra Abogados chegan á última xornada do ano 2024 coas posicións definidas e con cadanseu obxectivo marcado. O Foz e a SD Chantada asinan táboas nun duelo igualado (0-0). O dominio posicional da SD Chantada no primeiro tempo tan só se manifestou nun tiro cruzado de Damián, mentres que o Foz puido anotar […]

A Sarriana despide con vitoria a Jaime Paz

O Trío de Ases Panadería O Cantón déixanos a despedida de Jaime Paz do banquiño da Sarriana rumbo á China cunha vitoria na Ribela diante do Betanzos. No derbi provincial de Cantarrana, o Polvorín gañou diante do Viveiro, mentres que o Racing Vilalbés caeu no campo dun enrachado Noia. Na Preferente nova xornada de derbis. […]

As Copas da 2024/2025 xa teñen folla de ruta

Os clubes lucenses xa coñecen as eliminatorias de Copa que terán lugar na temporada 2024/2025. Haberá, ao igual que en campañas previas, tres competicións na nosa provincia: Feminina; 1ª e Preferente Futgal; 2ª e 3ª Futgal. A competición feminina arrancará en marzo co derbi capitalino entre San Lázaro e Milagrosa. Nos cuartos de final, que […]

Os números do Goiriz, os mellores da Terceira Futgal

Unha vez rematada a primeira volta na Terceira Futgal a competición parou na ponte de decembro. É bo momento para facer un pequeno análise do acontecido ata hoxe nunha categoría na que, de rematar hoxe, Goiriz e Cazás no grupo norte, e Sporting Lucense e Monterroso B, no grupo sur, acadarían o ascenso directo. grupo […]

Un Mondoñedo á alza e un San Roque reforzado

O Mondoñedo está no seu mellor momento da tempada en canto a resultados. O Mondoñedo acumula tres vitorias seguidas na casa e afástase dos postos de descenso directo. Mentres tanto, continúan chegando fichaxes á categoría. Se non hai cousa de novo, Vigo, Jul e Yelko recalarán no San Roque procedentes do San Lázaro. Na zona […]

O CD Lugo B dá un festival de goles cortesía de Ánxela Prado

O PM Friol non pasa do empate en Vigo As friolesas non puideron colleitar máis que un punto no campo do Sárdoma, cun resultado final de 2-2 no luminoso. O bo partido coral do PM Friol non abondou para levarse os tres puntos. Adiantábase o Sárdoma no marcador aínda que era o cadro friolés o […]

A ponte deixa 28 goles nos Máxicos

Os Máxicos tamén tiveron competición na ponte de decembro, con partidos que se repartiron desde o mércores ata o domingo, contados hoxe por Salvatierra Abogados. O Monterroso supera ao Outeiro nunha final anticipada (4-2). Os Máxicos de Cerdeiriños adaptáronse mellor ao céspede nun duelo no que, aínda que os visitantes se adiantaron nunha segunda acción […]

Xornada de derbis sen un só triunfo local

Chega un Trío de Ases Panadería O Cantón cargado de derbis. Na Terceira RFEF dobre enfrontamento lucense. Na Madalena, Racing Vilalbés e Viveiro igualaron a un gol, mentres que a Sarriana venceu ao Polvorín no Anxo Carro. Na Preferente, o Lemos impúxose ao Pol no Municipal noutro derbi provincial. O Ribadeo sacou un bo punto […]

Álex Meitín (Ribadeo FC): «Con Luchi e Criss ímonos salvar»

A fin de semana longa rematou con Álex Meitín marcando novamente para o Ribadeo. Metín adiantou aos seus no Manuel Anxo Cortizo, ante un Lalín, que despois empataría (1-1). Este luns, o repaso e a análise no noso habitual ‘Trío de Ases’. Con todo, o punto permítelle seguir ao Ribadeo nunha liña ascendente. Sobre todo, […]