Os Máxicos tamén tiveron competición na ponte de decembro, con partidos que se repartiron desde o mércores ata o domingo, contados hoxe por Salvatierra Abogados.
O Monterroso supera ao Outeiro nunha final anticipada (4-2). Os Máxicos de Cerdeiriños adaptáronse mellor ao céspede nun duelo no que, aínda que os visitantes se adiantaron nunha segunda acción rematada por Ily, o Monterroso se repuxo, empatou antes do descanso e remontou na segunda metade (3-1). O Outeiro reduciu diferenzas ás beiras do desconto, pero un contragolpe final traduciuse no definitivo 4-2 na noite do mércores en Monterroso.
A Residencia leva o gato á auga en Castro (1-2). Unha moi boa primeira metade valeulles aos capitalinos para impoñerse nun duelo directo. Os goles de Pereira e Rois fixeron xustiza ao visto no Arturo Pereiro antes do descanso, con numerosas ocasións para a Residencia. Porén, o cadro de Dumi reaccionou na reanudación e anotou o 1-2 ao pouco de saír dos vestiarios. Co resultado tan apretado, os locais procuraron o tanto do empate ata o final, pero a expeditiva defensa branquiazul impediu sobresaltos e mantivo a renda.
A Milagrosa colle medo á derrota en Frigsa (0-0). Os Máxicos de Madriles apostaron pola solidez defensiva diante dun Racing Castrelos que tamén chegou a Lugo coa clara idea de non encaixar. Froito diso, o choque do sábado mantívose moi igualado, con moitas disputas e balóns divididos, pero sen ocasións claras para ningún dos conxuntos. Por iso, ao término dos 90′, o resultado era o mesmo que ao comezo, 0-0.


A mellor versión do Foz supera á peor do filial do Racing Villalbés (3-1). Os locais se adiantaron cun gol de Aitor Moreda desde os once metros e dominaron unha primeira parte que rematou cun gol de Gabri para igualar a contenda, 1-1. Porén, o Foz mantivo a intensidade tras a reanudación e Manolito puxo o 2-1 ao pouco de saír dos vestiarios. Pouco despois, unha gran xogada do cadro mariñán culminada por Álvaro Moreda puxo a guinda final a unha tarde de bo fútbol no Martínez Otero.
A Residencia impúxose nun duelo vital dos máxicos Salvatierra
A SD Chantada deixa sen opcións ao San Lázaro de Mincha (5-0). O técnico debutaba á fronte dun equipo celeste que non deu o nivel no Sangoñedo. Os Máxicos de Traste monopolizaron a posesión e as ocasións e, no tempo de lecer, mandaban por 3-0. Na segunda metade, aínda que o San Lázaro tirou de orgullo e competitividade, chegaron dous goles máis dunha SD Chantada na que debutou o xuvenil Coviña e seguiron sumando minutos Leo e David.
O Pastoricense leva o derbi nos últimos cinco minutos (1-2). Era un partido vital para Meira e Pastoricense, froito do cal se viviu unha primeira metade trabada, con moito balón longo e imprecisións. Ao comezo do segundo tempo, Seixosmil rematou unha prolongación de Farra para poñer o 1-0, pero a gran dinámica do Pastoricense se impuxo nos minutos finais: Silvosa enviou ao fondo das mallas un rexeite dunha falta lateral e Goás puxo o 1-2 definitivo no desconto e cun penalti que amolou moito aos Máxicos locais.


Igualdade como protagonista na Medela entre Taboada e Guntín (1-1). O choque foi moi parexo, con dous equipos cunha proposta semellante e con moitas imprecisións a nivel ofensivo. O Guntín fixo o primeiro á media hora de xogo, pero o Taboada reaccionou na segunda metade para poñer a igualada. Desde o 1-1, as defensas impuxéronse sobre uns ataques que non tiveron o seu mellor día na Medela.
Un Xove Lago en liña ascendente supera ao Lourenzá no segundo tempo (2-0). Os Máxicos locais foron máis incisivos ao longo dun partido no que o aire e o terreo de xogo foron protagonistas. Aínda que o gardamallas visitante Clemente foi quen de deter unha pena máxima, o Xove aproveitou unha falta para poñer o 1-0 mediado o segundo tempo e, xa no tempo engadido, unha transición letal culminada por Cora para facer o definitivo 2-0 no Municipal.
Oural e Chantada Atlético asinan unhas xustas táboas (1-1). Aos Máxicos de Edu costoulles adaptarse a un Luis Pallín que si se amoldaba á proposta do Oural. Porén, a falta de acerto dos de Negrete condenou unha vez máis aos sarriáns. Os chantadinos puxeron o 0-1 nunha boa presión e transición, pero a reacción dos locais foi rápida, co empate desde os once metros antes do descanso. Na segunda parte, o duelo inclinouse cara o ataque do Oural, pero a pouca efectividade impediu que o marcador se movese máis, 1-1.
O Burela segue imbatible, neste caso na Liga (0-1). Partido moi bonito entre Santaballés e Burela, que mostraron o seu fútbol e as súas armas na primeira metade: o Burela chegou tres veces con perigo á portería de Ivo, pero os chairegos transitaron con moitísimo perigo, pero sen acerto. Na segunda metade mantívose a tónica, cun Burela dominador do balón e un Santaballés que contratacaba cos seus Máxicos: logo dun vaivén de ocasións, os mariñáns fixéronse donos do partido e obtiveron o premio definitivo nunha pena máxima anotada por Diego Chao no 86′. A piques estivo de chegar o empate no engadido, pero os puntos marcharon cara A Marosa.

