A Segunda Norte, moita incerteza e a maioría do non

O tema futbolístico no final do 2020 está claro. A volta ou non do balompé máis afeccionado nesta situación de pandemia. A Federación deseñou unhas planificación que moitos clubs poñen en dúbida. Á espera de ver como se resolve definitivamente, hai unha serie de competicións ás que o ente federativo lles puxo data de inicio […]

Un tanto de Iago Novo outórgalle un valioso empate ao Polvorín nas Eiroas

O Polvorín comezou a poñer ao día os encontros adiados ao longo da temporada por mor de diversos positivos en Covid-19, tanto propios como alleos. O primeiro deles foi o que enfrontou ao filial albivermello nas Eiroas ante o Bergantiños, correspondente á sexta xornada. O conxunto adestrado por Álex Ortiz acadou un valioso empate (1-1) […]

Comezan as inscricións para a temporada 20/21

Aínda hoxe publicabamos as opinións dos clubes lucenses da Preferente con respecto á volta ás competicións. Fai uns días falabamos cos conxuntos da Primeira Galicia. A opinión xeral era de dúbida e inseguridade: ningún equipo da provincia ten moi claro que facer.

Moitas dúbidas nos conxuntos lucenses de Preferente ante o retorno da competición

A Real Federación Galega de Fútbol comunicou de xeito oficial o retorno do fútbol rexional e a decisión e os protocolos desta volta á competición non deixou indiferente a ninguén. Os conxuntos da Primeira Autonómica lucense rexeitaron na súa maioría esta proposta do máximo ente futbolístico galego e asumen un «castigo» en forma de descenso […]

Santi Gegunde chega ao «parón» de Nadal como máximo goleador lucense da 3ª

A undécima e última xornada da 1ª volta da 1ª fase da Terceira trouxo boas novas para o Racing e o Polvorín. Conseguiron dúas vitorias e consolídanse na zona media alta. Á espera de que o Día de Reis xoguen o derbi aprazado. Pola contra non triunfou o Viveiro en Abegondo. A Terceira chega ao […]

As nosas guerreiras da fin de semana

Fai unha semana recibimos a nova de que a Primeira Galega Feminina botará a andar o próximo día 31 de xaneiro se as condicións sanitarias o permiten. Porén, polo momento, o único clube lucense que compite é o PM Friol, que o pasado domingo caeu por 3-0 na cidade deportiva do Rácing de Santander.

O Polvorín gaña no Viso e oposita á zona de privilexio

A undécima xornada de terceira completouse xa o sábado para os conxunto lucenses. Boas novas para Racing Vilalbés e Polvorín. Os chairegos derrotaron na Madalena ao Silva mentres que os da capital fixeron o propio co Arzúa a domicilio. Peor parado saiu o Viveiro, que estivo lonxe de sacar algo positivo da súa visita ao […]

E agora… que facemos?

Fai xusto unha semana que falabamos cos distintos clubes de Preferente para saber se retomaran a súa actividade. Todos eles indicaban que non, que ata que a Federación Galega sacase un comunicado coas datas de inicio, non darían o pistoletazo de saída. O destino, caprichoso coma sempre, quixo que tres días despois, o martes 15, […]

O partido da xornada . . . Racing Vilalbés – Silva: a rematar o ano invicto na Madalena

Remata o 2020 futbolístico. O ano máis atípico que todos recordamos no que o deporte, neste caso o fútbol, aínda é capaz de que nos esquezamos por uns intres da pandemia do Covid-19. Na última xornada antes das festas de Nadal, centrámonos no encontro que Racing Vilalbés e Silva disputarán este sábado ás 16 horas […]

O fútbol lucense podería volver á competición pola Candeloria

“A partir da candeloria, ningunha ave voa soa” di o refraneiro. O dito lembra que co inicio de febreiro «casan» os paxaros na cultura popular. Candeloria parte do substantivo latino candela. Significa luz alimentada con cera ou sebo. Celébrase o dous de febreiro. Coincide exactamente coa metade do inverno. Que ninguén voe só e que […]