A Primeira, en pé de guerra ante o feito de xogar

Aquí, a decisión de todos os equipos da categoría

A pasada semana comunicábase o regreso do fútbol autonómico de xeito oficial. Así como as condicións para a súa volta. Feito que non deixou indiferente aos seus protagonistas, que ven máis luces que sombras. E, sobre todo, moitas dúbidas. Unha das categorías nas que máis división de opinións hai é a Primeira Galicia, que comezaría o próximo 31 de xaneiro. Sempre e cando a situación epidemiolóxica o permita. Dende esta casa, puxémonos en contacto con todos e cada un dos equipos da categoría; para coñecer de xeito individual cal é a súa postura ao respecto.

Alfoz: Non sairán a competir. Sempre e cando esta decisión se ratifique na Asemblea de socios deste sábado.

Chantada Atlético: Queren competir sempre e cando se den as condicións de seguridade e de número mínimo de xogadores e equipos inscritos.

Friol: En principio non sairán a competir.

Burela: Xogarán. O pasado xoves 17 de decembro deron o pistoletazo de saída.

Chantada: Non contan cunha postura clara e non teñen présa por tomar unha decisión definitiva.

Outeiro de Rei: En principio non sairán a competir.

Castro: Xogarán. Levan dende o 17 de setembro adestrando. O luns 28 de decembro iniciarán a pretemporada propiamente dita.

Guntín: Hai dúbidas, pero apuntan a rematar xogando. Comezan a pretemporada o luns 28 de decembro.

Sporting Pontenova: Teñen pendentes varias reunións para tomar unha decisión definitiva.

Riotorto: En principio non sairán a competir.

Taboada: Non queren xogar. Quedan pendentes da evolución da pandemia. E sairán a competir se non queda máis remedio.

Xove Lago: Levan dúas semanas adestrando de xeito voluntario. A pesares de esta circunstancia, non teñen claro se competir ou non. Decidirase nunha Xunta este sábado.

Monterroso: Non queren xogar aínda que a súa postura non é definitiva.

San Lázaro: Teñen a idea de saír a competir. Probablemente inicien os adestramentos na primeira semana de xaneiro.

San Roque: Non teñen aínda unha postura clara. Reuniranse cos xogadores a comezos da seguinte semana para valorar a situación e a decisión final.

Portomarín: Apuntan máis a un non que a un si pero non hai unha decisión definitiva.

Pol: Xogarán. Despois de adestrar tempo atrás durante un breve periodo de tempo, comezan a pretemporada o martes 29 de decembro.

Pastoricense: En principio non sairán a competir.

E.D Lourenzá: En principio non sairán a competir.

Folgueiro: Non teñen aínda unha postura clara. Aínda que tenden máis ao non que ao si.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 754

Deja un comentario