Especial Amor a dous toques: Rafael Louzán e Carlos Negrín

Entrevista en exclusiva co presidente e o vicepresidente da RFGF

Queríamos pechar este 2020 atípico ao grande. Cun programa especial de Nadal dunha das sensacións da corentena: Amor a dous toques. O espazo conducido polo noso colaborador Manu Amor contou con dous invitados de luxo para despedir o ano. O presidente da Real Federación Galega de Fútbol así como o seu vicepresidente. Durante pouco máis de media hora, Rafael Louzán e Carlos Méndez ‘Negrín’ respostaron a todas as preguntas da redacción desta casa así como á escolma das realizadas polos nosos seguidores nas diferentes redes sociais de Futbolinlugo.

Louzán e Méndez analizaron o ano máis raro das nosas vidas así como a actualidade, que sempre manda, e o futuro próximo do noso deporte. Protocolos, descensos, inscricións… Unha ampla gama de temas baixo o prisma obrigado da reactivación do noso fútbol. Aquí vos deixamos o documento coa entrevista íntegra acompañado de varios dos destacados que nos deixou. Dentro vídeo!

As perdas son tan ou máis graves ca noutros sectores
Renegociación do tema dos descensos? Hai informacións que non teñen nada que ver coa realidade
Aínda hai incerteza sobre se poderemos comezar competir, a pandemia volve ter gran incidencia
Somos o último deporte que se pon en marcha en Galicia, e o único que pon garantías enriba da mesa
O coordinador COVID só terá que informar, nada máis, cando haxa un positivo
Está contemplada a opción de que o vestiario local sexa cedido ao equipo visitante, que é o que se ten que desprazar
Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 829

Un comentario

  1. Hola, soy el entrenador de S. D. CAZAS,
    Abiendo escuchado atentamente toda la entrevista y de personas de primera mano tengo todo mucho más claro, el problema que muchas abladurias de muchas personas opiniones sin sentido y diría de isteria colectiva, todo lo expresado en la entrevista y cualquier punto de interés quedó claro,, lo digo a título personal y mi interés es siempre la seguridad, pero creo que lo expresaron y explicaron con toda claridad y en mi opinión estoy completamente de acuerdo con lo que e escuchado, solo dar las gracias por esta explicación y ahora tengo una idea más clara de todo lo que está pasando co este tema, y no me importa que sepan quien soy, doy mi opinión y quien no esté de acuerdo lo respeto, un saludo atentamente.

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.