O anecdotario: “A recomendación do descanso”, por Belarmino López

Cando entran no vestiario darche un curioso consello...
Ano 2001. Belarmino nun partido de promoción de ascenso a Segunda División entre a Cultural Leonesa e o Xerez

Remontámonos á década dos 90, aos meus comezos como colexiado. Dirixía un partido, correspondente á Segunda Rexional, nunha localidade próxima a Monforte de Lemos. Omito o nome do equipo xa que é irrelevante.

Era un partido moi bronco, onde na primeira metade tiven que expulsar a un xogador local. Onde o público estaba moi alporizado coa miña actuación. Unha vez finalizada a primeira parte, estando eu dentro do vestiario, solicitou permiso para entrar unha persoa. Concedinlle autorización para entrar. De forma moi educada preguntoume se necesitaba algo. E que estivese tranquilo que aquí non ía pasar nada. Que eles aos árbitros sempre os trataban ben.

Posteriormente díxome: Vouche dar unha recomendación: se pitas a favor do equipo local (nome que vou omitir), mañá vouche poñer no comentario do xornal (El Progreso), que tiveches una excelente actuación. Así cando acabe a temporada seguro que ascendes”.

Esta foi a miña resposta: “Dame igual, relate o que queira.

Contestou de novo, molesto: “Xa se che poño mal seguro que non ascendes. Como ti queiras, pénsao ben”.

Saín de novo arbitrar a segunda metade…

O luns cando vin a prensa fun á información do partido. O cronista adicábame uns calificativos pouco agradables: “moi mala actuación, nefasto”.

Era obvio que ao equipo local non lle favoreceu o resultado.

Belarmino López López. Excolexiado. Dos chifres máis destacados da provincia

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 752

Deja un comentario