Conferencia Roberto Fernández: «Metodoloxía de adestramento de porteiros»

Un exemplo práctico de traballo diario cos gardamallas

Roberto Fernández é toda unha institución no mundo do fútbol. Gardamallas con centos de partidos no fútbol profesional, principalmente entre Granada e Lugo. Nos últimos anos, encargouse da preparación dos porteiros do propio club albivermello. Nesta temporada na que agarda por novas aventuras pasouse polas I Xornadas Futbolinlugo Burela Bonita para falar sobre «Metodoloxía de adestramento de porteiros».

«O adestrador de porteiros é unha figura que se ten que adaptar á situación e á forma de ver o xogo do adestrador do equipo»

O técnico de Chantada realizou unha exposición detallada e amena, repleta de imaxes e vídeos. Na que se puido observar os recursos e procesos no traballo diario e semanal cos porteiros dun club profesional. Así mesmo, non eludiu o debate sobre certos aspectos e dilemas típicos no mundo de fútbol.

«O adestrador de porteiros ten que dar unha valoración dos gardamallas pero é o técnico o que debe decidir cal deles xoga»

As conferencias desenvolvéronse o 14 de novembro no Salón de Conferencias no Concello de Burela. A asistencia estivo moi limitada por mor das restricións sanitarias da Covid 19. Non obstante, o evento puido seguirse en directo vía streaming. Ademais as ponencias quedaron gravadas e poderán ser visualizadas na canle de Youtube de Futbolinlugo.

Trátase dun Congreso feito en colaboración co Concello de Burela. Pretendemos manter o espírito do fútbol nunha época complicada. Así como reivindicar o talento dos adestrador@s lucenses e galegos. A nosa idea é a de seguir medrando e poder continuar facendo comunidade a prol do noso fútbol.

Esta aposta, súmase a outros eventos e accións promovidas por Futbolinlugo máis aló da nosa web. A primeira iniciativa foi a publicación da Guía ‘Fútbol en Lugo’ en colaboración con El Progreso. Publicouse en dúas ocasións. Nesta tempada non se realizou xa que o inicio das competicións foi suspendido.  O segundo evento ao grande desta comunidade foi o I All Star Futbolinlugo. Fíxose ao final da temporada 2019/2020. A gran festa do fútbol lucense tampouco puido levarse a cabo neste ano. Pero tentaremos consolidar o proxecto en futuras edicións. A nosa entidade tamén organiza o ‘Ránking Futbolinlugo’, unha competición de pádel en colaboración con Lucus Pádel. Esta cita segue en marcha nestes tempos pandémicos. A segunda edición xa está dando que falar.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez

Un enfermo do fútbol lucense. Adestrador Nivel-3 UEFA PRO

Artículos: 857

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.