As nosas redes falan!

Unha semana máis, chegan as entradas de Facebook e os tweets máis destacados desta pasada xornada. A pesares de non disputarse xornada nas ligas autonómicas, o fin de semana estivo cheo de emoción, en especial polo Torneo José Manuel Alvelo de Monterroso!

O Palas xuvenil non deixa de medrar

Hoxe falamos con tres xuvenís do CD Palas, equipo que non deixa de acadar éxitos e de sorprender co seu fútbol. De feito, cada vez é maior a masa social que se despraza aos Chacotes cada 15 días para ver xogar a estes rapaces!

I Copa Gallaecia de fútbol feminino

Hoxe presentamos a nova da celebración dunha competición de fútbol feminino, neste caso para rapazas en idade infantil. Nela participará un equipo representante da provincia de Lugo, a SCD Milagrosa!

As nosas redes falan!

Hoxe contamos cunha sección chea de homenaxes, celebracións e dedicatorias. Como todas as semanas, moitas grazas aos nosos seguidores por participar!!!

Convocatoria definitiva selección lucense sub-12 masculina

Xa coñecemos desde o pasado xoves 6 de abril o listado de xogadores que foron convocados coa selección lucense sub-12 para disputar o campeonato galego que terá lugar o próximo martes día 11 de abril en Vilalba.

As nosas redes falan!

Este mércores contamos con auténticas perlas na sección, poñendo de manifesto a ledicia que provoca un ascenso, o ben que o pasan os cativos do Becerreá, e que as grandes historias de vídeos motivadores non só se atopan nas elites do deporte rei.

As nosas redes falan!

Hoxe, cambiamos o tradicional nome da sección «Tweets máis destacados da semana» para darlle paso a un novo nome: «As nosas redes falan». Con este cambio, introducimos a novidade de que tamén se incluirán na sección os mellores comentarios e publicacións de Facebook!! Hoxe, os protagonistas chegan cun penalti que da un ascenso, un gol […]

A nosa homenaxe aos pais, Álvarez Renda e Miguel García

Desde Futbolinlugo, queriamos facer hoxe, Día do Pai, unha homenaxe a todos aqueles proxenitores que, semana tras semana, trasladan aos rapaces aos adestramentos ou aos partidos e apoian desde a bancada día si día tamén. Dous destes meritorios pais son, á vez, dúas figuras ben coñecidas entre a xente de fútbol da provincia. Falamos con Juan Álvarez […]

Tweets máis destacados da semana!

Esta semana presentamos certas novidades na sección, ademáis de algún que outro protagonista pouco habitual!

Calendarios das copas alevíns, benxamíns e prebenxamíns

  Xa coñecemos os cruces que van ter lugar nas distintas copas de Fútbol-8 da provincia de Lugo, velaquí os diversos enfrontamentos e datas. Faltan por saber quenes serán os protagonistas de cada choque, o que se determinara en función dos postos nos que remate cada equipo as fases previas!

Clinic de porteiros do CD Lugo

O Departamento de Comunicación do CD Lugo presentou o pasado día 3 de marzo un novo modelo de campus, que terá lugar os días 10 e 11 de abril no Campo do Ceao. Nel, os protagonistas serán os porteiros. Nenos nacidos entre 2001 e 2007 poderán participar nesta experiencia que consistirá en adestramentos específicos para […]

Tweets máis destacados da semana!

Un mércores máis, chegan os mellores tweets da semana á web de Futbolinlugo. Presentamos novidades na sección, pero tamén contamos con habituais da mesma!

As nosas guerreiras!

En conmemoración do Día da Muller que se celebra hoxe día 8 de marzo, facemos un repaso das clasificacións dos tres principais equipos de fútbol feminino da provincia de Lugo.

«O ano pasado anotei case 45 goles», David Ben

David Ben Rivas, nado en Burela no ano 2000, é o máximo goleador da fase de promoción xuvenil en Lugo, na que leva anotados 10 tantos, e foi o pichichi da primeira fase na que o seu equipo, o Porto Burela, e máis el disputaban a Liga Provincial Norte, na que asinou 16 goles. O […]

Tweets máis destacados da semana!

Inauguramos o mes de marzo cos mellores tweets desta semana de Entroido. Protagonistas a pé de campo, como sempre, e tamén algún que outro espectador! O primeiro tweet é adxudicado a @juliocecaro, quen recoñeceu o bo partido que fixeron os xogadores do Valadouro! @AcdValadouro cando o entrenador se equivoca en alineación e sistema e os […]

A nosa base nas Ligas Galegas, Nacionais e Divisións de Honra

Hoxe, queriamos facer un recoñecemento a todos os nosos equipos de base que disputan campionatos como a Liga Galega, a Liga Nacional ou a División de Honra. Desde infantís ata xuvenís, Residencia, Burela, Calasancio, Lugo, Villalbés e Viveiro son os seis clubes lucenses con representación nestas categorías.