Finais das Copas alevín, benxamín e prebenxamín

Despois da disputa das finais das copas de Fútbol-11 de base, esta fin de semana será o turno das de Fútbol 8!

Neste caso, os encontros contan cunha sede común, o Campo Municipal de Becerreá. O estadio será testemuña de ata catro títulos!

En alevíns, a final enfrontará ao vencedor da semifinal entre Porto Burela e Residencia (día 8 de xuño ás 19:15h na Marosa, cuxo resultado será notificado por Futbolinlugo ao rematar o partido) contra un CD Lugo xa clasificado, nun vibrante choque que terá lugar o domingo día 11 ás 11:30h.

No caso dos benxamíns, teremos un derbi capitalino entre CD Lugo e Residencia. Un partido sempre apaixoante , que comezará ás 11:00h do domingo.

E chega o turno dos máis pequenos, os prebenxamíns. Na Primeira Autonómica, os finalistas son Porto Burela e CD Lugo «B», ás 12:00h. Esta final precederá á da Segunda Autonómica, que será ás 12:30h e na que se medirán Piringalla Mondoñedo.

Desexamos moita sorte a todos os nosos pequenos guerreiros nestas finais!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 535

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.