Juan Carlos, SD Antas: “As rapazas saen ao campo con moitas ganas”

A SD Antas feminina está a bater récords esta campaña. O pasado sábado, o conxunto desprazouse a Boiro para xogar a semifinal da Copa. Un gol de Jenny otorgou a vitoria ás lucenses, que disputarán a final ante o Mos en Padrón. 

Sen embargo, non é a primeira final na que as rapazas particparán este ano. Hai unhas semanas xogaron a final da Copa Deputación lucense no Anxo Carro, na que caeron fronte un intratable Peluquería Mixta Friol. Futbolinlugo decidiu falar con Juan Carlos, adestrador desta gran xeración de xogadoras que vestieron esta temporada os colores da SD Antas.

Futbolinlugo: Ola Juan Carlos. Tras una liga na que rematastes nunha moi digna sexta posición, o equipo fixo un enorme papel nas distintas copas. Onde residen as chaves dese éxito?

Juan Carlos: No traballo diario, e no esforzo tanto das rapazas como do corpo técnico.

 

Futbolinlugo: Trataredes de superar ao Mos o domingo ou o obxectivo xa está cumplido coa clasificación para a final?

Juan Carlos: Cumplido está, pero se podemos vencer ao Mos sería máis bonito para todos, para a xente de Antas… xa que sería o noso primeiro título.

 

Futbolinlugo: Cales serán as aspiracións da SD Antas de cara á seguinte campaña?

Juan Carlos: Que continúe o mesmo grupo, coas mesmas ilusións… e a partir de aí, o traballo día a día.

 

Futbolinlugo: Cambiará moito o plantel na vindeira temporada?

Juan Carlos: Eu non vou seguir, pero imaxino que a xente si será a mesma.

 

Futbolinlugo: Como é o ambiente nos partidos da SD Antas como local? Contades cun gran apoio na vila? 

Juan Carlos: Si, viña moita xente vernos, e as rapazas saían ao campo con máis ganas. Con xente animando desde o minuto un ata o noventa refórzase moito ás xogadoras.

 

Futbolinlugo: De entre todas as cousas positivas que deixou este ano, cal destacarías?

Juan Carlos: Coa actitude e o esforzó de todas, en xeral.

 

Futbolinlugo: Gracias por atendernos.

Juan Carlos: A vós.

Desexamos as nosas representantes da SD Antas toda a sorte do mundo o domingo ante o Mos. Non obstante, pase o que pase, xa estamos abondo orgullosos delas! Grazas rapazas!

 

Imagen por defecto
Santi Real
De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.
Artículos: 458

Deja un comentario