Coas pretemporadas a piques de comezar, os clubes apuran fichaxes, renovacións… e mesmo adiantan os partidos que disputarán na previa a temporada 2017/2018.Hoxe comezamos por una Terceira División na que Viuski deixa de ser arqueiro do Racing Vilalbés, pero seguirá vinculado ao conxunto chairego, pasando a ser adestrador dos porteiros tanto do primeiro equipo coma da base.

O Outeiro afronta un apaixoante ano na Preferente.

En canto á Preferente Norte, chegan novas procedentes de Outeiro de Rei, que preparará a nova categoría con amistosos como un triangular ante Castro e Lugo «B» o día 29 de xullo. Xa en agosto, o día 2 mediráse ao Vilalbés, o 5 ao San Ciprián, o 9 ao Pastoricense, o 12 ao Viveiro, o 16 ao Ribadeo e o 18 ao Riotorto. Para rematar a pretemporada, terá lugar un choque ante o Xove o día 20.

Na Primeira Galicia, os protagonistas atópanse no Sangoñedo. A SD Chantada anunciou que Anxo Otero volverá ao equipo.  Tamén están confirmados os amistosos de pretemporada do conxunto vermello. O día 5 de agosto recibirán a visita do Agolada, o día 8 afrontarán un triangular no Escairón e o día 13 outro, o «I Trofeo Roberto Fernández» (SD Chantada, Arenteiro e Lugo «B»). Despois visitarán o campo do Maside o día 17, e recibirán ao Melide a ao Lalín os días 19 e 27, respectivamente.  No caso dun recén ascendido como o Ferreira, a falta de confirmación oficial, Pandiani abandonará o clube e cobra enteiros a opción do seu regreso ao Escairón.

En Segunda contamos con varias novas. No grupo norte, o Cospeito anunciou a fichaxe do meta Joel -procedente das categorías inferiores do Racing Vilalbés-, que compartirá portería con Diego. Por outra banda, o Meira disputará un amistoso ante o Racing Vilalbés Xuvenil «A», que milita na División de Honra, o día 20 de agosto.

Adrián é a nova fichaxe do Chantada Atlético.

No grupo sur, Rafa Casanova será o adestrador do Friol, clube que asinou a Brais (Ribadeo), Marcos (Pradeda) e Adrián (CD Lugo Xuvenil «B»). Serán baixas Baty e Sánchez, ademáis dos xogadores sub-23, que terán ficha «B». Tamén nesta categoría chegan novidades do Sangoñedo. «Chino» será o segundo adestrador do Chantada «B». O outro clube chantadino, o Chantada Atlético, comunicaba a fichaxe do defensa Adrián Pérez Elías, procedente do CD Cea. Adrián compartirá vestiario co seu irmán Diego, quen xa formaba parte da entidade. No Monterroso «B», Brais Vázquez Lamazares cambia a portería polos banquiños, e convértese no novo técnico.

Chega o turno da Terceira Galicia. Tras coñecer a división da categoría en tres grupos (norte, centro e sur) podemos discernir á hora de publicar as novas. Hoxe centrámonos no grupo centro. O Rábade (que comezará a súa andaina no fútbol lucense esta campaña) asinou ao lateral esquerdo Manolo, que vestía as cores da Comercial en pasadas temporadas. Outro clube de nova creación é o Friol «B», que incopora ás súas filas ao meta Fernando Currás, con pasado nas categorías inferiores do Sagrado Corazón. No grupo sur, Jesu será o adestrador do FC Becerreá.

Pero isto non acaba aquí. Desde Becerreá chegou a nova de que Antón Méndez estará ao cargo dos xuvenís, cadetes e benxamíns do clube, e Nico dos infantís e alevíns (ademáis do equipo sénior). Jesu (adestrador do FC Becerreá sénior) levará aos prebenxamíns. En Cospeito, Luis, xogador do primeiro equipo, compartirá a tutela dos xuvenís con Manuel Veiga.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 523

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.