Nace o Clube Polideportivo Lucense

Hai apenas un mes, publicábase o nacemento dun novo clube de base na nosa provincia, o Clube Polideportivo Lucense. A próxima campaña contará con representación fixa nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín. A representación en idade infantil está á espera de ser confirmada.

O CP Lucense, non obstante, non surxe da nada. Xa existía un conxunto de balonmán que defendía este escudo, e atletismo e fútbol son as novas incorporacións. Futbolinlugo quixo coñecer máis acerca desta nova e completa proposta para nenos de todas as idades, e falou con José Manuel Díaz «Manel», coordinador dos equipos.

Futbolinlugo: Ola Manel. De onde nace a idea do CP Lucense?

Manel: Como di o seu nome, estamos orientados a facer varios deportes. Contamos con fútbol, atletismo e balonmán e a ver se podemos sacar fútbol sala en vindeiras campañas.

Futbolinlugo: Quen estará á fronte do clube e dos distintos equipos? 

Manel: Aínda non podo confirmar nada, xa que todavía non é seguro o número de equipos cos que contaremos. En infantís o máis probable é non ter ningún equipo, pero estamos tentando conseguir rapaces, en alevín un equipo case seguro, benxamín tal vez dous e en prebenxamíns xa teño pechado un equipo e hai poisibilidade de facer un segundo conxunto.

Futbolinlugo: Este ano contades con representación nas categorías de Fútbol-8. Aspirades a competir tamén en idades infantil, cadete e xuvenil? 

Manel: Si, para o próximo ano queremos aumentar polo menos a infantil e cadete, e o último paso sería o conxunto xuvenil.

Futbolinlugo: Agardades poder contar cun equipo en categoría sénior en futuras temporadas?

Manel: En principio vai ser base. O sénior aparecería no caso de ter un gran número de xuvenís para ofrecerlles unha saída, pero non é a idea.

Futbolinlugo: Cales son os principais obxectivos do proxecto?

Manel: A formación, a diversión… e tratar de que todo serva para gañar. E máis un proceso co fin de conseguir que os nenos e nenas melloren en vez de estar centrados en gañar campionatos.

Futbolinlugo: Polo tanto, a nivel deportivo non hai esixencias…

Manel: Trataremos de crear un grupo de traballo no que os rapaces melloren o máximo posibleA miña intención non é ter un adestrador por equipo, senón poder estar un día co alevín e outro co benxamín. Haberá un preparador físico, un adestrador de porteiros, e eu serei o coordinador que buscarei estar en todos os grupos.

Futbolinlugo: Onde terán lugar os adestramentos e os partidos como locais?

Manel: No Polvorín adestraremos. Os partidos dependerán da dispoñibilidade dos campos, polo que aínda non sabemos nada.

Futbolinlugo: Moitas gracias pola túa atención Manel.

Manel: A vós.

Agardamos que esta nova iniciativa sexa tan existosa como semella!!

 

 

 

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 525

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.