Borja Batallón, SDC Residencia: «O que comezou sendo un grupo de compañeiros, ahora é un grupo de amigos»

Borja Batallón é o capitán da Residencia cadete, equipo adestrado por Rubén Núñez que esta fin de semana xogará a ida da eliminatoria definitiva para conseguir o ascenso á Liga Galega cadete, obxectivo deste conxunto desde que comezou a pretemporada en agosto.

Desde o centro da defensa, Borja lidera aos seus compañeiros, facendo una gran labor. Non obstante, o éxito deste equipo reside en todos e cada un dos integrantes deste plantel. Hoxe sábado, ás 12:15 horas comezou o último paso para estes rapaces, ante o Santiago de Compostela «B», verdugo do EF Polvorín na anterior eliminatoria. O resultado foi 1-1 . O partido de volta, que decidirá que conxunto ascende, disputaráse o próximo fin de semana na Cheda.

Futbolinlugo falou con Borja nos días previos para coñecer como estaba o vestiario ante este acontecemento. Velaquí as palabras do capitán branquiazul:

Futbolinlugo: Ola Borja. Despois de moitos meses, adestramentos, partidos… chega o momento clave. Como afrontades a eliminatoria?

Borja: Afrontamos a eliminatoria con confianza, sabendo que temos que facer as cousas ben se queremos conseguir o ascenso e temos que mostrar en 160 minutos todo o traballado durante a temporada. Sabemos que non podemos cometer errores pero que podemos facer un bo papel.

 

Futbolinlugo: Que coñecedes do voso rival, o Santiago «B»?

Borja: Todo equipo que chegou ata aquí é porque o ten gañado. Sabemos que teñen xogadores que estiveron xogando durante a temporada como titulares co equipo «A» en Liga Galega (equipo que ascendeu á División de Honra) e que tratan de saír co balón xogado. Necesitamos un pouco de todos á hora de defender, pero sabemos que hai determinados aspectos do xogo e zonas do campo nas que podemos facer dano. Deixando de lado ao rival, o máis importante é facer un bo portido e poder sentirnos orgullosos da nosa actuación.

Temos que mostrar en 160 minutos todo o traballado durante a temporada.

 

Futbolinlugo: Pase o que pase, o equipo fixo unha temporada moi digna. Onde están as chaves do éxito?

Borja: Hai un moi bo plantel con bos xogadores, pero o punto forte deste equipo é que ninguén pensa que está por enriba de ninguén. Todos nos sentimos coa confianza do adestrador e sabemos que temos algo que aportar. Esa confianza fainos confiar máis en nós mesmos e en dar o mellor de nós en cada adestramento.

 

A Residencia cadete foi a campioa do Provincial.

Futbolinlugo: O equipo xa puido ascender nunha eliminatoria ante o san Tirso, pero o equipo coruñés (filial do Deportivo) baixou varios xogadores de División de Honra e imposibilitou o voso ascenso, facéndoos caer na repesca. Como afectou eso aos rapaces?

Borja: Ao principio a todos nos fastidiou, e máis aínda sendo como foi; cando tras gañar a oportunidade de ascender nunha sola eliminatoria chega un equipo ao que lle ceden xogadores de División de Honra para xogar tan só a fase. Logo démonos de conta, coa axuda dos adestradores, de que tiñamos dereito á repesca por ser os campións provinciais e que tiñamos que olvidar ao San Tirso e comezar a traballar pensando no noso seguinte rival.

 

Futbolinlugo: Apabullastes ao Victoria de Santiago na segunda eliminatoria (0-2 e 7-0). Reforzou iso a vosa confianza?

Borja: Traballamos durante as dúas semanas e iso viuse no campo, é un impulso de confianza ver os resultados dos esforzos e anima a traballar aínda máis.

Intento apoiar aos meus compañeiros e tentar que a confianza aflore en todos.

 

Futbolinlugo: Como capitán, que consideras que está nas túas mans á hora de poder lograr o ascenso?

Borja: Para conseguir o ascenso necesitamos dar todos o mellor de nós. Eu intento facelo en cada partido pero sobre todo apoiar aos meus compañeiros e tentar que a confianza aflore en todos.

 

O «Borrolismo» é evidente.

: A nosa redacción xa falou un par de veces co voso adestrador, Rubén, e sempre afirma o bo ambiente que hai no vestiario. Axuda eso de cara a loitar xuntos polos obxectivos?

Borja: Sen dúbida outra das claves do conxunto. O ambiente no vestiatio , tanto entre xogadores como con adestrador, e moi bo e iso vése no campo. A relación con Rubén é moi boa, pero sabendo diferenciar os momentos de traballo e outrso máis distendidos. Todo inflúe á hora de ser mellor grupo e ter, como consecuencia, mellores resultados.

 

Futbolinlugo: Cal é o teu mellor recordo desta campaña?

Borja: Está sendo unha grandísima temporada, está a deixar recordos que non vou olvidar, pero quédome co partido frente ao Polvorín na súa casa. Ambos xogabamónolo todo nese partido. Eles chegaban líderes, un punto por riba de nós, e só restaban dúas xornadas. Non valía nada máis que gañar. Cando chegamos ao Polvorín, abarrotado, os nervios notáronse desde a charla inicial. Pero a charla quitounos a tensión, e aportou o estímulo de ser un partido importante. Todos ofrecimos a nosa mellor versión e fixemos un partidazo. Gañamos 0-3.

 

Futbolinlugo: Que é o que máis disfrutas do fútbol?

Borja: Encántame o fútbol, tanto xogalo como velo. Gústame adestrar, gústame competir, pero co que máis disfruto é toda a xente que coñezo gracias ao fútbol. Gracias a el, o que era un grupo de compañeiros a principio de temporada, é un grupo de amigos dez meses despois.

 

Futbolinlugo: Gracias por atendernos Borja. Moita sorte.

Borja: Gracias. A vós.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 535

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.