Os nosos pequenos grandes campións!

Esta semana disputáronse as finais das copas da Primeira Autonómica alevín, benxamín e as da Primeira e Segunda Autonómica prebenxamín. Sumado ás finais da semana da pasada, das que saíron os campións infantís, cadetes e xuvenís, xa temos practicamente completo o cadro de campións de todas as copas (faltan as disputas das finais de Segunda Autonómica alevín e benxamín).

Hoxe, queremos facer unha breve mención a estes campións. Conseguir un título de fútbol base, tendo en conta a cantidade de rapaces e rapazas que están federados, é un logro ao alcance de moi poucos, de aí o mérito que teñen todos e cada un deles.

O Lugo fixo triplete nas categorías de Fútbol-8.

Comezando polos máis pequenos, os prebenxamíns. Na Segunda Autonómica, o Mondoñedo impúxose por 4-2 a un Piringalla que foi un rival moi digno ao longo de toda a competición. O CD Lugo levouse o título da Primeira Autonómica, ao impoñerse por 3-2 ao Porto Burela.

CD Lugo repetiría campionato tanto na Primeira benxamín, na que o conxunto albivermello impúxose por 6-2 á Residencia, como na Primeira alevín, na que o resultado foi máis apretado, e o conxunto da capital venceu por 2-1 a un Porto Burela que non conseguiu ningún título nas copas de Fútbol-8 pero está a refrendar o seu bo traballo na base.

Nas categorías de Fútbol-11, xa coñecemos aos vencedores desde a pasada semana. Nos infantís, o Ribadeo venceu a unha Sarriana que fixo unha moi boa copa. En cadetes, o título sería para a Residencia (3-1 ante o Ribadeo), equipo que se mantivo intratable nas distintas competicións ao longo de todo o ano.

Imaxe dos finalistas da Copa cadete.

E nos máis maiores, sería o Porto Burela quen levaría o trofeo cara A Marosa, tras imporse ao Polvorín por 2-1.

Cómpre felicitar a todos os rapaces, adestradores, corpo técnico, e pais polo seu esforzó e traballo diario!

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Santi Real

De campo en campo. Maniaco do fútbol. En formación continua, aprendendo cada día.

Artículos: 535

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.