Os números do Goiriz, os mellores da Terceira Futgal

Unha vez rematada a primeira volta na Terceira Futgal a competición parou na ponte de decembro. É bo momento para facer un pequeno análise do acontecido ata hoxe nunha categoría na que, de rematar hoxe, Goiriz e Cazás no grupo norte, e Sporting Lucense e Monterroso B, no grupo sur, acadarían o ascenso directo. grupo […]

Xornada de derbis sen un só triunfo local

Chega un Trío de Ases Panadería O Cantón cargado de derbis. Na Terceira RFEF dobre enfrontamento lucense. Na Madalena, Racing Vilalbés e Viveiro igualaron a un gol, mentres que a Sarriana venceu ao Polvorín no Anxo Carro. Na Preferente, o Lemos impúxose ao Pol no Municipal noutro derbi provincial. O Ribadeo sacou un bo punto […]

Goiriz e Sporting Lucense lideran a Terceira Futgal no ecuador da liga

Chegamos ao ecuador da liga regular na Terceira Futgal xusto antes do parón pola ponte de decembro. Este Tres En Raia En Boas Mans Fisioterapia déixanos, no grupo norte, a Goiriz moi sólido no liderado. Persígueo o Cazás, segundo clasificado, que goleou ao Celeiro, e un Castroverde enrachado que fixo o propio co Catro Roldas. […]

O Racing Vilalbés asalta a Ribela no derbi

O Trío de Ases Panadería O Cantón tráenos na Terceira RFEF a vitoria do Racing Vilalbés no derbi provincial diante da Sarriana na Ribela, que sitúa aos chairegos na segunda praza da clasificación. O Polvorín caeu na súa visita ao campo do Alondras e o Viveiro non puido sumar en Cantarrana fronte ao Noia. Na […]

Diego Santín (Viveiro CF): «Agora imos todos a unha»

O Viveiro voltou á senda da vitoria a pasada xornada. Foi en Cantarrana diante do Barbadás, rival directo dos mariñáns na pelexa pola permanencia, e supuxo o primeiro triunfo con Fabri no banquiño viveirense. Un dos xogadores claves no encontro da última xornada, e tamén deste tramo ligueiro é o berciano Diego Santín. Con pasado […]

O Taboada B dobrega ao líder

aino no grupo sur cun Taboada B que deu a sorpresa ao vencer a un Sporting Lucense que mantén o liderado. Corgo e Monterroso B venceron os seus encontros e sitúanse a dous puntos da primeira praza. No grupo norte, o Goiriz descansou e mantén catro puntos de vantaxe sobre o Cazás, que gañou nun […]

O Racing suma a cuarta consecutiva e o Viveiro a primeira con Fabri

Duodécimo Trío de Ases Panadería O Cantón da temporada, que nos deixa dúas vitorias lucenses en Terceira RFEF. O Racing Vilalbés venceu ao Alondras na Madelana, cuarto triunfo consecutivo, que achega ao liderado aos de Alberto López. O Viveiro gañoulle ao Barbadás en Cantarrana, na que foi a primeira vitoria da ‘era Fabri‘. O Polvorín […]

A Comercial estrea o casilleiro de vitorias

O Tres en Raia En Boas Mans Fisioteria déixanos, no grupo norte, os primeiros puntos do curso para a Comercial. O conxunto lucense venceu ao Catro Roldas. Na zona alta, o Goiriz gañou o derbi ao Rioaveso e conta con cinco puntos de vantaxe sobre un Matela que venceu ao Abadín no Municipal. No grupo […]

A Sarriana vence con claridade no derbi e afianza o liderado

O undécimo Trío de Ases O Cantón tráenos a clara vitoria no derbi provincial da Sarriana fronte ao Viveiro. O Racing Vilalbés consolida o seu posto no play off tras vencer na Grela ao Silva, mentres que o Polvorín non puido sumar na súa visita ao campo do Estradense. Na Preferente, o Lemos voltou á […]

Javi Liz (SD Sarriana): «Sumar cada partido é fundamental en Terceira»

Con preto dun tercio de competición consumido, a Sarriana lidera a táboa clasificatoria da Terceira RFEF. O novo proxecto dos da Ribela, liderado no banquiño por Jaime Paz, comezou a temporada do mellor xeito e convertiuse, se xa non o era, nun claro aspirante a pelexar polo ascenso. Falamos no Ser Deportivos Lugo con Javi […]

O derbi xermadino é para o Cazás e o de Taboada para o B

O Tres en Raia En Boas Mans desta xornada de Terceira Futgal tráenos, no grupo norte, o triunfo do Cazás no derbi do concello de Xermade fronte ao Roupar. Os do Catro Ventos xa son segundos e recurtan diferencias co líder. O Goiriz deixou os primeiros puntos da temporada tras empatar co Matela. No grupo […]

Adri Carrión debutou co dorsal 19 como xogador do Racing Villalbés. O xogador vallisoletano nado en 2002 formouse no Real Valladolid e pasou polo Racing Rioja, o Laredo e o Rayo Majadahonda; equipo do que procede.

O Racing Vilalbés vence ao Estradense e a Sarriana lidera a Terceira RFEF

O novo Trío de Ases O Cantón tráenos o liderado da Sarriana na Terceira RFEF. O conxunto adestrado por Jaime Paz goleou na Ribela ao Barbadás e aproveitou a derrota do Estradense na Madalena diante dun Racing Vilalbés que apreta a zona de privilexio. O Polvorín está ás portas dos postos de play off tras […]

Jandri Rego: «Había un grupo de xente en Cantarrana á que non gustábamos»

O pasado verán Jandri Rego colleu as rendas do Viveiro en Terceira RFEF logo da saída de Alberto López, do que era o seu segundo adestrador. O conxunto mariñán apostou daquela por darlle as rendas a un home da casa, que contou cun cadro de xogadores moi renovado con respecto á anterior campaña. Malia a […]

Abadín e Sober perden a imbatibilidade

O sétimo Tres en Raia En Boas Mans da Terceira Futgal deíxanos no grupo norte o liderado sólido do Goiriz. O cadro vilalbés segue contando por vitorias os seus encontros tras derrotar a un Abadín que chegaba tamén invicto. Os de David Lorenzo puxeron ao día o calendario tras disputar e gañar o encontro adiado […]

O Ribadeo sorrí á novena tentativa

Tres vitorias dos conxuntos lucenses na Terceira RFEF temos que celebrar neste Trío de Ases O Cantón. Só a Sarriana perdeu na súa visita a un renacido Alondras. O Racing Vilalbés venceu no campo do Gran Peña e o Polvorín fixo o propio no do Somozas. Ámbolos dous tiveron que remontar o tanto inicial do […]

O Bóveda estrea o casilleiro de puntos

O sexto Tres en Raia En Boas Mans da temporada déixanos, no grupo norte, a sexta vitoria do Goiriz, ademáis cunha goleada contundente ao Friol B. Segue contando tamén por vitorias os seus encontros, aínda que sexan catro, o Abadín. Os de David Lorenzo son terceiros, por detrás dun Matela que promete pelexar polo ascenso. […]

Pol e Escairón fuxen do perigo

O Trío de Ases O Cantón déixanos dúas vitorias para os conxuntos lucenses de Terceira RFEF. Foron as do Polvorín na Cheda diante do Boiro. e a da Sarriana na Ribela fronte ao Silva. Racing Vilalbés e Viveiro caeron como locais fronte a Somozas e Estradense respectivamente. Na Preferente, o Escairón venceu ao Mugardos e […]

Labrada: «Estou convencido que o Ribadeo manterá a categoría sen problema»

A etapa de Ramón Labrada á fronte do Ribadeo resultou máis breve do agardado. O técnico chegou ao Pepe Barrera o pasado verán avalado pola súa boa labor no Riotorto e no Meira, pero o mal comezo ligueiro (tres puntos en sete xornadas sen coñecer a vitoria), levaron a club e adestrador a separar os […]

Cinco goles para festexar a quinta do Goiriz

Intratable se está a amosar o Goiriz neste comezo ligueiro no grupo norte da Terceira Futgal. O quinto Tres en Raia En Boas Mans achéganos outras tantas vitorias do conxunto chairego, que se desfixo con facilidade do Catro Roldas. O Abadín, con tres encontros disputados, é o outro conxunto que se mantén invicto. Nesta xornada […]

A Sarriana sitúase a punto do líder

O Trío de Ases O Cantón tráenos unha sóa vitoria lucense nesta xornada. A da Sarriana no ata de agora infranqueable campo do Estradense, líder da Terceira RFEF. O Racing Vilalbés e o Polvorín igualaron no campo de Boiro e Vilalonga, respectivamente. O Viveiro desaproveitou unha importante vantaxe e caeu na súa visita ao Gran […]