O fútbol lucense recuperará os encontros adiados no Entroido e en Semana Santa

O Racing Vilalbés é segundo tras gañar o derbi co Polvorín

Chega o primeiro Trío de Ases O Cantón do 2025 e faino co triunfo do Racing Vilalbés no derbi provincial fronte ao Polvorín Madalena. Sarriana e Viveiro acadaron sendos empates que deixan diferente sabor de boca. Os primeiros empataron na Ribela fronte ao Arteixo, conxunto da zona baixa da táboa, mentres que os mariñáns igualaron en Cantarrana diante do líder, a UD Ourense..

Na Preferente sobresae o triunfo do Pol no Municipal diante do Ordes. O Ribadeo empatou no campo do Sofán mentres que o Lemos caeu a domicilio fronte ao Mugardos, e o Escairón fixo o propio na casa co Sigüeiro.

Un solitario tanto de Borja Míguez dalle os tres puntos ao Racing Vilalbés no derbi co Polvorín (1-0)

O derbi caeu do lado local, cun Polvorín dominador no comezo do choque. Os chairegos, ben posicionados, contiveron a ofensiva albivermella e co paso dos minutos comezaron a xerar perigo na área rival, sobre todo a balón parado. O debutante Brais Pedreira tivo a primeira ocasión cun remate de cabeza no primeiro pao. Javi Rey a piques estivo de superar a Iván cun bo tiro cruzado. No último tramo do primeiro acto o Polvorín volveu a coller o mando aínda que non chegou a xerar situacións de perigo claro.



O segundo tempo foi de dominio do Polvorín. Maceira contou cunha boa ocasión na que optou por superar a Álex Santomé cunha vaselina que saiu fóra por pouco. No minuo 66, unha transición de Cañi rematou cun centro de Brais Pedreira que Borja Míguez rematou de xeito inapelable entre os centrais lucenses ao fondo da portería. O tanto fíxolle dano ao Polvorín que tardou en volver a meterse no encontro. O Racing Vilalbés soubo enfriar o partido e evitou calquer situación clara de perigo dos de Dani Galán.

A Sarriana cede un empate diante do Arteixo no último suspiro (2-2)

A Sarriana afrontou o choque coñecedor do perigo do Arteixo no xogo directo. O cadro visitante só inquedou en dúas faltas laterales e a Sarriana non foi quen de realizar o seu habitual fútbol combinativo, aínda que soubo contrarrestar o xogo defensivo do rival con movimento rápido do balón. Azael contou coa ocasión máis clara dos locais.



Na segunda metade a entrada de Santi Gegunde revolucionou o choque e del foi o primeiro tanto. Nada máis sacar de centro, un balón longo do central do Arteixo recolleuno Rojo que batiu a Javi Liz. A Sarriana repúxose de xeito fulgurante e Boedo foi quen de anotar o segundo pouco despois. Os de Guillermo Oriol souberon contrarrestar as chegadas visitantes ata que no desconto, tras dous saques desde o curruncho, Otero anotou o empate. Sétimo gol de córner no que vai de campionato.

O Viveiro acada un bo punto diante da UD Ourense, líder da categoría (1-1)

Empate moi valioso o acadado polo Viveiro en Cantarrana, diante dunha UD Ourense que é un dos principais favoritos para acadar o ascenso directo. A primeira metade foi parella, aínda que foron os ourensáns os que chegaron con máis perigo á portería defendida por Ayoub. Osian e Luismi contaron con boas ocasións que o gardameta viveirense moi atinado desbaratou. A máis clara para os de Fabri estivo nas botas de Diego Santín tras un saque de falta de Rolle.

Tras o paso por vestiarios, os de Borja Fernández levaron o mando pero non estiveron atinados na fase final. O Viveiro non se veu abaixo e foi quen de adiantarse a falta dun cuarto de hora para o final. Lucas Fanego rematou ao pao curto desde o perfil dereito e sorprendeu ao gardameta Álex Cobo. A UD Ourense dominou o tramo final de encontro e no minuto 83 Antón definiu ben e igualou o choque.

Dez minutos fatídicos castigan ao Lemos no campo do Mugardos (3-2)



Difícil de explicar a derrota do Lemos na Pedreira. No primeiro tempo os monfortinos foron os claros dominadores. O primeiro gol non tardou en chegar. Adri Salgado deixou de tacón e César marcou o primeiro. Os de Juanlu Bernal contaron con boas ocasións para que o marcador ao descanso fora máis amplo fronte a un Mugardos que non inquietou a Losada.

No segundo tempo Borja Castro, cun bo disparo desde fóra da área, fixo o segundo. Só un minuto máis tarde, un dubidoso penalti fixo que os locais se meteran no partido. Julián Nieto, que debutaba na súa segunda etapa no club ferrolterrán, non errou desde os once metros. O tanto desconcertou ao Lemos que vivía dez minutos de desconcerto que o Mugardos aproveitou para darlle a volta ao marcador. Álvaro e Balbas fixeron os goles. Nacho con dúas boas ocasións, estivo preto de acadar o empate nos minutos finais.

O Ribadeo acada un empate no difícil campo do Sofán e prolonga a súa boa xeira (1-1)

Boa imaxe ofreceu o Ribadeo na sempre complexa visita ao Carral. Encontro moi disputado no que os de Luchi realizaron unha boa presión que obrigou aos locais a realizar un fútbol moi directo. Os centrais ribadenses amosáronse seguros e nos primeiros corenta e cinco minutos apenas se viron chegadas con perigo por parte de ningún dos dous conxuntos.

Tras o paso por vestiarios, o Ribadeo tivo máis control do balón e co paso dos minutos os mariñáns chegaron con perigo á área rival. No mellor momento do Ribadeo chegou o gol local. Un saque preciso do gardameta Brais foi peinado por Eloy e Alexandre non errou no man a man con Javi Pita. Era o minuto 86 de xogo. No 89, Álex Meitín entrou no campo e nun dos primeiros balóns que tocou chegou o gol do empate, tras unha boa acción combinativa. No desconto víronse máis ocasións case que no resto do encontro. Marcos Montero puido sentenciar para o Sofán e na seguinte xogada Ferreiro disparou ao longueiro e o balón botou sobre a liña.

O Pol desata a chuvia goleadora fronte ao Ordes (5-3)

Primeira metade na que o Pol foi quen de ter o control de xogo e dominar o partido sen complexos. Os de Roberto Fernández foron quen de xerar ocasións e aos trinta e cinco minutos xa contaban con tres goles. Dani, Cuadrado, no día do seu debut, e Alvarito poñían en clara vantaxe aos chairegos.

O segundo tempo comezou de xeito radicalmente oposto. O Ordes marcou nada máis comezar por medio de Pablo Mouriño. O tanto fíxolle dano ao Pol e os visitantes aproveitaron o seu momento e lograron empatar. Con dez minutos por diante, o conxunto local, ferido no seu orgullo foi quen de marcar de contado. Julio Camba á saída dun córner volveu a poñer por diante ao Pol, que culminou o triunfo cun gran gol de Iago Buján, que tras driblar ao seu defensor colocou o balón na escadra.

O Escairón non asoma a cabeza tras caer co Sigüeiro e Iván González sae do equipo (1-2)

Soubo competir ben o Escairón diante dun rival da zona alta da clasificación. O cadro local igualou a un Sigüeiro que amosou no Municipal a súa calidade e que se adiantou no marcador aos seis minutos cun tanto de Ozores. O Escairón non lle perdeu a cara ao encontro e o veterán Yosu igualou a contenda nun córner.

No segundo tempo o encontro tivo alternativas e os dous equipos dispuxeron de ocasións para levar os tres puntos. Cando o empate parecía inamovible, Borja Yuste marcou para o conxunto compostelán xa moi preto do final.

Iván González, adestrador ourensán que se fixo cargo do equipo tras a saída de Óscar Moure, deixou o club e os do Saviñao terán que buscar un sustituto.

O Racing Vilalbés é segundo tras gañar o derbi co Polvorín

Un club moi por diante nos Máxicos

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *