Sebas (Guntín): «Adiviñei os catro penaltis e fun capaz de parar tres»

A xornada de Copa Deputación de Reis tróuxonos a un inesperado protagonista da xornada. O Guntín eliminou no Ladairo ao Meira nunha eliminatoria que se resolveu nos lanzamentos desde o punto de penalti. E alí surxiu a figura de Sebas, que non é o habitual gardameta do Guntín, se non o seu adestrador de porteiros.

As circunstancias fixeron que Sebas tivera que enfundarse as luvas de novo e convertiuse no heroe do seu equipo. Como non podía ser doutro xeito, pasou polos micrófonos do Ser Deportivos Lugo e respostou ás preguntas de Álex Gato, presentador do espazo radiofónico, e Diego Díaz, redactor de Futbolinlugo. E ollo, que aparte do fútbol, tamén gaña torneos noutro deporte!.

Podes escoitar aquí a entrevista íntegra:

De novo baixo paos. «As lesións leváronme de novo á portería. Iker lesionouse de longa duración e deuse a casualidade que Diego non puido asistir ao partido, polo que me tocou xogar logo de bastante tempo«.



Sensacións. «Estaba un pouco nervioso ao comezo, pero as sensacións despois foron boas e logo na tanda de penaltis moi ben«.

A tanda. «Dos catro penaltis que me lanzaron acertei os catro. Un non fun capaz de detelo, pero os outros tres atrapeinos«.

Difícil deixar a portería. «Sempre que acaban liando. O ano pasado fuche ti (por Diego Díaz, que o ano pasado o asinou para o Portomarín), e este ano convencéronme para que adestrara aos porteiros no Guntín onde xa xogara fai un tempo. Coa lesión de Iker voltei pero non contaba con ter que xogar«.



Troco de adestrador no Guntín. «Sentoulle ben ao equipo. Chegaron aires renovados que racharon con certo ‘mal rollo’ que existía. O anterior técnico decidiu dar un paso ao lado e polo momento as cousas van ben«.

O nivel na Primeira. «Todos os equipos pódenche crear problemas, pero hai varios na parte alta que son case intocables. Hai bo nivel«.

Sebas (Guntín): «Adiviñei os catro penaltis e fun capaz de parar tres»

Asier Burundarena: «A día de hoxe son

Sebas (Guntín): «Adiviñei os catro penaltis e fun capaz de parar tres»

O Racing Vilalbés é segundo tras gañar

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *