Os sobranceiros da Terceira na derradeira xornada da fase regular

A última xornada estivo chea de emoción polo tres postos importantes que había en xogo na Terceira. Finalmente, Comercial e Cervo acompañan o Corgo (que finalizou campión), o Goiriz e o Incio á Segunda Rexional. Por outro lado é o Guntín quen vai xogar a final polo ascenso fronte ao Muimenta. Unha xornada que deixou […]

Os onces da vixésimo novena xornada na Segunda

  Tres prazas de ascenso directo á Primeira quedan en xogo para a derradeira xornada da Segunda Rexional que se desputarán o vindeiro domingo ás cinco da tarde en horario unificado. No grupo norte, os candidatos non fallaron a pasada fin de semana aínda que ao só quedar tres puntos en xogo, Burela, Pol e […]

A 35ª edición da Copa ten emparellamentos confirmados

  Achégase o final da temporada regular no fútbol lucense, pero iso non significa que a campaña remate. Unha vez máis ao finalizar a liga, o fútbol afeccionado da provincia desputará a Copa que vai xa pola súa trixésimo quinta edición. Os emparellamentos presentáronse este sábado na Deputación de Lugo coa novidade de que este […]

Os sobranceiros da Terceira na décimo terceira xornada da 2ª fase

A penúltima xornada na Terceira Galicia deixou só a tres candidatos para dúas prazas de ascenso, logo de que o Catro Roldas e o Fonsagrada perderan as súas opcións. A emoción tamén está moi viva no grupo sur do Trofeo Delegación Lugo no que o Guntín mantén un punto de marxe sobre o Paradela de […]

Os onces da vixésimo oitava xornada na Segunda

Dúas xornadas quedan por disputarse na Segunda Galicia con tres prazas de ascenso en xogo e nove equipos loitando por elas. No norte, manteñen os seus postos Burela e Pol, pero seguidos de preto polo Folgueiro e con algo máis de distancia por Guitiriz e Cabreiros. No sur, o Friol xa é campión pero a […]

Palabra de…Iván Calaza: Fútbol de terrón

  O inverno faise duro, sobre todo este, que tardou en vir e agora non se quere ir. Chegas a presumir de que che encanta ver chover pola ventá, mételos flocos de millo no microondas e prendes a televisión. Con todo listo, ábrelo Instagram e subes a mítica historia de «tarde de peli, sofá e […]

O ascenso dunha comprometida familia futbolística

Fálase moito no fútbol sobre o número ideal que ten que ter un bo cadro de futbolistas. Algúns adestradores prefírenos máis longos para facerlle fronte a calquera imprevisto que se poida producir durante a temporada; en cambio, a outros gústanlles curtos para que todos estean máis implicados e no caso de facer falta botar man […]

Os sobranceiros da Terceira na décimo segunda xornada da 2ª fase

Cinco equipos aínda teñen opcións de subir á Segunda Rexional a falta de dúas xornadas para que remate a fase polo ascenso. Nestes momentos, Cervo e Sober acompañarían o Corgo, Incio e o Goiriz que conseguiu o ascenso a pasada fin de semana. No Trofeo Delegación Lugo, o Guntín mantén o primeiro posto seguido moi […]

Os onces da vixésimo sétima xornada na Segunda

A falta de tres xornadas para que remate a competición na Segunda Rexional, o Friol xa é equipo da Primeira Galicia logo de vencer esta xornada ao Oural e aproveitarse da derrota do Chantada Atlético. A outra praza de ascenso decidirase entre catro candidatos. Máis igualada aínda está a pelexa no grupo norte, xa que […]

Ascenso nun ano de reconstrución

  Cando tes a idea de amañar algo, xa sexa reformalo salón da casa ou cambiarlle de pintura o teu cuarto, sempre aparecen as dúbidas e moitas veces logo do resultado final, non quedas contento e decides volvelo cambiar. Tamén ocorre no fútbol, cada temporada moitos equipos planteanse darlle outro rumbo a marcha dos seus […]

Ascenso á Segunda por primeira vez na historia

O Incio xogará a vindeira temporada na Segunda Galicia ao conseguir, xunto ao Corgo, asegurar a súa praza na fase polo ascenso de xeito matemático a falta de tres xornadas para que remate a Terceira Rexional. Na súa historia o cadro amarelo non xogou nunca nesta categoría, nin antes nin agora, xa que dende hai […]

Épico combate sen precedentes na Madalena

O fútbol sempre tivo moito que ver ca guerra menos mal que, salvo algúns feitos, esta relación só está presente no argot futbolístico, é dicir, na maneira de contar aquilo que sucede no balompé. E dentro desa linguaxe ten un lugar destacado o porteiro, o combatente solitario baixo paus. En El fútbol a sol y […]

Os sobranceiros da Terceira na undécima xornada da 2ª fase

  Nove puntos son os que quedan en xogo na Terceira Galicia e dous equipos xa confirmaron o cambio de categoría para a vindeira temporada. O Corgo e o Incio xogarán na Segunda Rexional e deixan só tres prazas na fase polo ascenso. Posicións que sufriron cambios na pasada xornada coa inclusión do Sober entre […]

Os onces da vixésimo sexta xornada na Segunda

  A falta de doce puntos en xogo na Segunda Galicia, Burela e Friol mantéñense como líderes pero o esceario é outro. No grupo norte, o Burela e Pol están en postos de ascenso despois dunha fin de semana na que gañaron todos os equipos da zona alta, menos o cadro da Mariña que perdeu […]

Os sobranceiros da Terceira na décima xornada da 2ª fase

  A falta de catro xornadas para o final na Terceira Galicia comezan a achegarse as primeiras probabilidades de ascenso. Na seguinte xornada, o Corgo dependerá de si mesmo para subir á Segunda Galicia; incluso podería ascender no descanso do seu partido (ás 17:30h fronte ao Catro Roldas) se se dan outros resultados na xornada. […]

Os onces da vixésimo quinta xornada na Segunda

  A cinco xornadas para o final Burela e Friol mantéñense no primeiro posto dos grupos norte e sur da Segunda Galicia. A pesar do empate do conxunto da Mariña, segue líder cunha diferenza de catro puntos sobre o Pol, tamén en postos de ascenso directo. O Chantada B aproveitou a derrota do Chantada Atlético […]

Os sobranceiros da Terceira na novena xornada da 2ª fase

  Sen cambios nos cinco equipos que ocupan os primeiros postos na fase polo ascenso e que buscan estar a vindeira temporada na Segunda Galicia. No Trofeo Delegación, o Muimenta descansou esta xornada, pero mantense como claro candidato a xogar a final do ascenso. Pola súa banda no grupo norte, igualase a parte alta co […]

Os onces da vixésimo cuarta xornada na Segunda

  Nada cambia nos primeiros postos da clasificación en ningún dos grupos da Segunda Galicia. Burela e Friol seguen con paso firme na búsqueda do ascenso á Primeira Autonómica, acompañados nestes momentos por un Pol que non perde dende a chegada ao banco de Roberto Rielo e por un Chantada B que parece recuperar as […]

Os sobranceiros da Terceira na oitava xornada da 2ª fase

  Comezou a segunda volta, tanto na fase polo ascenso, como no Trofeo Delegación Lugo na Terceira Galicia. O Corgo recuperou o liderado logo dunha xornada propicia para os seus intereses. O Muimenta aumenta as distancias co segundo clasificado no norte e o no sur o Paradela, que descansou nesta xornada (ao igual ca o […]