Os onces da 2ª rolda da Copa na Segunda e na Terceira

O torneo por excelencia da primavera na provincia xa entra na fase dos oitavos de final, despois dunha segunda rolda que non volveu deixar indiferente a ninguén. Sorpresas, tandas de penaltis e protagonistas que permiten a 16 equipos do fútbol máis afeccionado seguir soñando unha semana máis con chegar a final e que quedan recollidos no once da xornada.

Na zona norte, unha das vitorias máis destacadas foi a do Matela diante do Lourenzá; aínda máis despois de que o enontro se puxese 0-3 a favor dos visitantes. Nos últimos minutos o equipo de Outeiro conseguiu anotar catro goles que lle deron unha histórica remontada, despois de non darse nunca por vencidos. O seu rival será o recén ascendido Cervo que eliminou ao Abadín. A vitoria máis contundente foi a do Burela que derrotou ao Celeiro nun encontro no que marcou tres goles nos primeiros 15 minutos, aínda así o Celeiro estivo vivo no partido durante 6o minutos que acabou sucumbindo ante a superioridade do rival. O seu rival agora é o Folgueiro, co que se revivirá un duelo de equipos que estivo loitando pola liga. O cadro do Vicedo superou nun duelo igualado ao Goiriz, nun choque xogado no artificial da Madalena.

Non haberá duelo xermadino nos oitavos logo de que o Cabreiros perderá ante o Pol nun dos duelos máis atractivos desta segunda rolda. Si que cumpriu o Roupar, despois de ir perdendo 3-0 no campo do Catro Roldas, fallou un penalti que parou José Antonio, conseguiu igualar a tres e culminou o pase nunha tanda de penaltis na que se puxo de gardamallas o interior Chono. A outra eliminatoria da zona norte será entre o Fonsagrada, que venceu con onces xustos ao filial do Friol, e o Celta Barreiros que superou na tanda de penaltis despois dun igualado encontro ao Rábade. O mediocentro Rubén foi un dos protagonistas xogando de porteiro todo o encontro pola ausencia dos seus compañeiros e parando tres penaltis na tanda.

1. Cervo – Matela

2. Folgueiro – Burela

3. Pol – Roupar

4. Fonsagrada – Celta Barreiros

Na zona sur, o Incio avanzou de rolda ao derrotar a domicilio a un Río Sil que cometeu erros que lle costaron os goles en contra, aínda así estivo a piques de igualar a eliminatoria. O Incio termou nos últimos minutos e enfrontarase ao SD Becerreá nos oitavos. O cadro becerrense eliminou ao filial do Monterroso aínda que sufriu nos últimos minutos cando o conxunto da Ulloa marcou dous goles seguidos.  No derbi chantadino o Chantada Atlético foi quen de superar o emparellamento  ante o filial do Chantada facendo valer a súa efectividade. Por el xa agarda o Santa Comba que leva un par de semanas clasificado ao adiantar o seu encontro ante o Paradela.
O San Lázaro evitou que o Friol tivese opción de repetir o feito na temporada pasada e enfrontarase nos oitavos de final ao Brollón. O cadro dirixido por Chura superou ao Corgo tamén na tanda de penaltis. Da mesma forma, avanzou de rolda o Portomarín diante da Comercial con Santos detendo dous penaltis. Non haberá duelo entre o conxunto da capital e o Sporting Lucense, xa que este último tamén caeu na súa visita ante o recén ascendido Guntín.

1. Incio – SD Becerreá

2. Santa Comba – Chantada Atlético

3. San Lázaro – Brollón

4. Guntín – Portomarín

 

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 550

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.