Na nova entrega do mercado comezamos pola novidades da Primeira Autonómica, na que se producen algunha baixa importante. Chumi deixa a SD Monterroso despois de 2 temporadas. Ademais, por mor da súa última lesión, darase un respiro baixo paus e continuará no noso fútbol pero como xogador de campo. O seu destino aínda non está confirmado. Tamén na Primeira o Lemos consegue a renovación dunha das súas pezas chaves. Diego Arias continuará no conxunto monfortino despois da gran temporada realizada. Pola contra, Diego Quiroga deixa o equipo e tamén en principio a práctica do fútbol. Na mesma categoría mantense Julio Corral que, despois de ascender esta campaña á Sarriana, tentará de novo repetir éxito no recén descendido Atlético Escairón. De primeiras xa o acompañan tamén no novo proxecto como xogadores Marcos Macía, tamén procedente da Sarriana, e Rubén Cidre do Ferreira.

Foto: Facebook Mondoñedo FC

Na Segunda Rexional destaca a primeira fichaxe do Mondoñedo FC que reforza a portería con Manu Pardo. O gardamallas mindoniense formado nas categorías do veciño Escolas Deportivas Lourenzá vestirá a vindeira temporada a camisola do equipo do seu pobo.

Na Terceira o Celta Barreiros realizou a segunda fichaxe da temporada. Jorge López, procedente do Foz, reforza o centro do campo do cadro céltico. Despois de que non vestise outra camisola que a do Foz, aos 19 anos busca novas experiencias no equipo de Barreiros. No anterior diario comentamos tamén a incorporación de Antón Moreda; non obstante non se trata de algo oficial e de momento o que é seguro é que fará a pretemporada co equipo.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 548

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.