Os onces dos oitavos da Copa na Segunda e na Terceira

Oito equipos sobreviven na Copa despois de xogarse os oitavos de final a pasada fin de semana. Mantéñense tres dos catro equipos que subiron este curso á Primeira Galicia e dous que ascenden á Segunda. Os cuartos deixan un derbi na zona da Mariña.

No zona norte, o Cervo superou o Matela, despois de remontar na segunda metade o 0-1 en contra co que se marcharon ao descanso e termar con nove xogadores os últimos minutos. Adrián foi o autor dun dos mellores goles da xornada. O seu rival será o Burela que venceu nun dos grandes duelos de oitavos ao Folgueiro tamén logo de remontar o tanto inicial de Aurelio. Quen mantén un gran nivel de forma é o Pol que venceu sen maiores atrancos ao Roupar no Manuel Luna no que Yoel Astariz marcou un dobrete. Nos cuartos enfrontarase á Fonsagrada que recuperou a mellor forma para a Copa e gañou no duelo da Terceira ao Celta Barreiros.

Eliminatorias de cuartos de final. No norte xogan o sábado e no sur o domingo:

Cervo – Burela

Fonsagrada – Pol

Incio – Chantada Atlético

Brollón – Portomarín

Na zona sur, non faltou a emoción dos penaltis que coloca ao Incio nos cuartos de final logo de empatar sen goles ante o SD Becerreá. Un partido igualado tal e como reflicte o marcador que puido caer para calquera lado. O conxunto inciense terá como rival a un recén ascendido á Primeira Rexional como é o Chantada Atlético. O equipo da vila do Asma superou pola mínima ao Santa Comba a domicilio cun gol no tempo de prolongación, despois de que o Santa Comba igualase o choque cun gran gol de Jacobo. O gol de Daniel Delgado aumenta as opcións de enmarcar unha gran campaña. Tamén se decidiu dende os lanzamentos de once metros o emparellamento entre o San Lázaro e o Brollón despois de igualar a un gol. O equipo da Pobra acertou máis dende os penaltis e xogará as semifinais co Portomarín. O equipo adestrado por Manu (futuro adestrador do Lemos B) remontou o tanto inicial de Bronny con gran protagonismo para Óscar López que marcou 3 goles.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 466

Deja un comentario