Os sobranceiros da Terceira na 4ª xornada

A igualdade queda patente nos  primeiros postos dos grupos da Terceira Rexional onde xa ninguén pode presumir de gañar todos os seus encontros. Aínda así os líderes non perderon ningún partido, Celta Barreiros e Quiroga; nin tampouco o Fonsagrada que é colíder do norte. Tamén goza deste cualificativo o Paradela, pero cun partido menos xa […]

Os onces da 5ª xornada na Segunda

Despois de cinco xornadas desputadas na Segunda Rexional só o Guitiriz conta todos os partidos xogados por vitorias. O cadro adestrado por Delfín Romero lidera en solitario o grupo norte cunha fiabilidade alta como o acredita que ata o momento non encaixara ningún gol. Por outra banda, o recén ascendido Guntín faise co primeiro posto […]

As nosas redes falan

No noso fútbol os clubs non son alleos á realidade social que hai ao seu redor. Así o acreditou esta fin de semana o Portomarín nunha mensaxe de apoio antes de comezar o partido ante o Corgo no Chao da Poza. Ademais o Carballedo repite protagonismo nesta sección e vemos como aproveitan os equipos os […]

Os sobranceiros da Terceira na 3ª xornada

A Milagrosa no grupo norte e o Quiroga no grupo sur son os dous únicos equipos que gañaron os tres partidos que xogaron na Terceira Rexional lucense. Ben é certo que no sur, só catro equipos disputaron tres partidos. Nesta xornada foi o turno de descanso para o Lemos B e o Antas. No grupo […]

Os onces da 4ª xornada na Segunda

Guitiriz e Xermade son os dous equipos da Segunda Rexional lucense co mellor inicio ligueiro, xa que son os únicos que gañaron os catro encontros xogados. Sen perder tamén se mantén o Roupar no grupo norte; e o Palas, o Ferreira e o San Roque no sur. O cadro da Ulloa é o novo líder […]

As nosas redes falan

Esta fin de semana voltou ser importante para o fútbol feminino lucense coa presentación da SD Burela ante a súa afección na Marosa Cup. Ademais, as redes sociais tamén recolleron a conexión do programa televisivo «Operación Triunfo» co fútbol da provincia por parte do Roupar e do Xermade. O cadro adestrado por Rebolo comezou moi […]

Os sobranceiros na 2ª xornada da Terceira

Catro equipos comezaron sumando seis de seis na Terceira Rexional. Muimenta e Milagrosa no grupo norte e Paradela e Quiroga no sur. Non obstante, algúns non o puideron facer porque aínda non xogaron dous encontros. O Taboada B xogou o seu primeiro partido oficial a pasada fin de semana con vitoria; mentras que o Castroverde, […]

Os onces da 3ª xornada na Segunda

Tres equipos contan os seus partidos por vitorias neste comezo da Segunda Rexional. O Guitiriz e o Xermade colideran o norte, mentras que o Portomarín asume a cabeza da clasificación en solitario. Peor lles van as cousas ao Meira, Bóveda, Monterroso B e Oural; estes catro equipos non sumaron ningún punto nas tres xornadas de […]

As nosas redes falan

O uso das redes sociais aumenta nos equipos de fútbol da provincia. Dous exemplos témolos nos últimos días en dúas contas de twitter. O Abadín estreouse na rede social dos chíos no día do derbi ante o Mondoñedo (0-0) e o Catro Roldas volveu usar a súa conta tamén de twitter despois dun tempo sen […]

Futbolinlugo repasará a actualidade futbolística no Ser Deportivos Lugo

O balón está rodando por case que todos os campos da provincia en cadansúa competición no fútbol afeccionado e dende Futbolinlugo seguimos buscando o noso espazo para entreter e informar do que nos compete. A partir do vindeiro luns iniciamos unha colaboración semanal co programa de deportes da Cadena SER Lugo, Ser Deportivos, dirixido e […]

Os sobranceiros da Terceira na 1ª xornada

Arrincou a Terceira Rexional no formato das anteriores temporadas (dous grupos), pero con cambios no sur marcados pola desaparición de dous equipos. Á xa coñecida marcha do FC Becerreá, uníuselle na última semana a do Laxosa. Sen tempo para modificar o calendario segundo informaron dende a Federación, na Terceira Sur descansarán dous equipos cada fin […]

Os onces da 2ª xornada na Segunda

Na segunda xornada xa hai as primeiras diferenzas entre rivais na categoría. Só cinco equipos nos dous grupos contan os dous partidos por vitorias: Guitriz e Xermade no norte; Portomarín, Ferreira e Palas no sur. Repasamos os protagonistas da segunda fin de semana de fútbol. No grupo norte, o ritmo márcase dende a Terra Chá. […]

As nosas redes falan

O balón xa roda en todas as categorías do fútbol sénior lucense, despois da pasada fin de semana. Por esa razón, volve tamén unha das nosas sección habituais de cada temporada. Nela, tentamos recoller os mellores momentos de todas as actividades que se deron nas distintas redes sociais nas que Futbolinugo opera: twitter, Facebook e […]

As imaxes do torneo Lagoa de Valverde (1ª entrega)

A pasada fin de semana o campo da Fonte de Cospeito acolleu a primeira edición do Torneo xuvenil Lagoa de Valverde. O Polvorín foi o campión despois de vencer na final ao Racing Vilalbés (1-0). O cadro da capital de Lugo eliminara ao Burela nas semifinais, mentras que os chairegos derrotaron nas semis 3-0 ao […]

Os onces da primeira xornada na Segunda

Abriuse o telón na temporada 2018/2019 na Segunda Rexional e con ela chegan os primeiros onces con algúns dos futbolistas máis destacados do primeiro encontro do curso. Varias goleadas e algunhas sorpresas nunha primeira fin de semana que deixa ao Guitiriz como líder da clasificación do grupo norte e ao Guntín primeiro clasificado no sur. […]

Diario dun mercado. Episodio 99

Os equipos que aínda non comezaron a temporada ultiman os detalles de cara ao inicio da competición. É o caso, por exemplo, do fútbol feminino onde o novo proxecto PM Friol CD Lugo presentou as súas fichaxes. O cadro adestrado por Josito Jul ten sete caras con respecto a temporada pasada. Para reforzala portería chegou […]