As nosas redes falan

A solidariedade volveu estar presente esta fin de semana na provincia. Un exemplo foi o da Comercial, o equipo capitalino amosou o apoio aos compañeiros que están pasando por un mal momento e tamén quixeron darlle visibilidade ao cancro de mama. Ademais, os máis cativos comezaron as súas competicións e nalgún sitio de xeito especial.

Non foi o mellor partido da Comercial que caeu derrotada por goleada na sétima xornada do grupo norte da Segunda Rexional ante o Folgueiro, que consolida a segunda praza da clasificación. Non obstante, o resultado non foi o máis importante nunha fin de semana complicada para os xogadores do cadro capitalino. Os futbolistas da Comercial amosaron o seu apoio ao gardamllas Adrián Rodríguez pola falecemnto do seu pai e tamén a Manu polo pasamento da súa ávoa. Ademais tamén apoiaron a visibilización do cancro de mama portando a camisola rosa. Unha demostración de que as vitorias en partidos supoñen só tres puntos, pero fóra do campo a trascendencia do noso fútbol é moito máis grande.

É o concello máis extenso de Galicia en canto a quilómetros cadrados, pero a súa poboación vai a menos dende hai uns anos como na maioría do territorio galego. Aínda así, o Fonsagrada FC conta esta tempada por primeira vez na súa corta historia (esta é a terceira campaña no que o equipo sénior está en competición) con categorías inferiores. Os alevíns e os benxamíns estreáronse esta fin de semana.

Por outra banda, na capital tamén o Casás aumenta as súas categorías inferiores e por primeira vez conta cun equipo na categoría Prebenxamín.

 

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 465

Deja un comentario