A última fin de semana de novembro foi especial polo compromiso amosado en moitos dos campos da provincia que se sumaron á campaña “En negro contra as violencias”. Non obstante, botouse en falta xente; algúns d@s que non se perdían ningún partido deixaron de alentar dende a bancada. Aínda que de seguro o seguirán facendo aló onde estean porque como dixo Javi Regueiro no seu twitter, “isto é fútbol”.

A xornada na provincia veu marcada, en parte, polo encontro que xogaron os dous representantes lucenses da Primeira Galega fem e que rematou cun empate a tres goles no Castro Seoane. Un punto que lles permite aos dous equipos seguir sumando na súa loita por manter a categoría. O Antas e a Milagrosa amosaron a súa repulsa á violencia machista e, como en moitos outros campos da provincia, sumáronse á campaña “En negro contra as violencias”. Dous dos equipos que máis están facendo polo fútbol feminino na provincia nos últimos anos exemplifican que unha das armas para combater a violencia machista é a formación e o deporte.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Nuestro primer equipo femenino mostró apoyo al Día Internacional contra la Violencia de Género junto a la @sd_antas ⚫️ #ContraAsViolencias #25N

Una publicación compartida de SCD Milagrosa 1963 (@scd_milagrosa1963) el

A semana pasada foi de despedidas en algúns dos equipos da provincia que perderon a uns incondicionais que non faltaban á súa cita coa bancada. No Iberia marchou Carlos, no Sober Emilia e no Muimenta perderon a Pepe. Xente que aportou o seu para manter viva a ilusión por unhas cores e por un deporte. Que a terra lles sexa leve.

Seguro que Carlos, Emilia e Pepe desfrutaron moito do fútbol provincial e dos seus protagonistas. E querémolo seguir facendo porque ten algo que o fai especial. Rematamos cunha reflexión desta fin de semana do xogador do Fonsagrada, Javi Regueiro. Non temos nada que engadir, unicamente aplaudir.

Imagen por defecto
Iván Calaza
Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.
Artículos: 467

Deja un comentario