A paixón coa que se vive o derbi da horta entre o Lourenzá e o Mondoñedo quedou demostrada nas redes sociais. Memes e os vídeos de dobraxe, que están de moda, protagonizaron o cruce amigable de bromas entre os veciños na previa dun dos encontros do ano na provincia. Nos 90 minutos dun choque igualado rematou gañando o Lourenzá pola mínima, pero, sen dúbida, o triunfo deste duelo continúa estando na afección.

Achégase o 25 de novembro, día escollido para que a sociedade poña de manifesto a súa contrariedade á violencia machista. Coma todos os actos conmemorativos non deben quedar só nun día puntual, pero tamén sería complicado de reivindicar sen un día especial. Nesta semana previa algúns dos equipos do noso fútbol, como o Ribadeo ou o Muimenta, amosaron o seu compromiso coa campaña «En negro contra as violencias».

A máis do xogo e da reivindicación, os equipos tamén aproveitan para desfrutar da festa por excelencia desta época, os magostos. Desta volta foi o Rubián do grupo sur da Terceira Rexional quen promoveu esta celebración combinada tamén cun bingo. O equipo perdeu nesta xornada ante o Lemos B, pero non foi impedimento para porlle ambiente as Naves da Feira. Parece que en «Rubián mola Star».

E dende esta modesta sección tamén queremos lembrar a quen moitos amigos recordaron estes días nas redes sociais, ao gran Xosé da Flor xa que se cumpre un ano da súa partida. Agradecemos a Asociación Cultural M de Meira que contase co noso artigo de hai case un ano entre as súas publicacións para lembrar ao Xosé. Un abracísimo para alá onde estea.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Iván Calaza

Criado no paraíso da Terra Chá. Fútbol, entre outras moitas cousas. Hai unha vida máis barata, pero iso non é vida nin é nada.

Artículos: 550

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.