Tres equipos con vantaxe e 1 eliminatoria igualada

Tres equipos partirán con vantaxe no encontro de volta das semifinais polo ascenso á Primeira Galicia. Na zona norte, o Sanci e o Racing Villalbés B colleron a dianteira. No sur, o San Lázaro ten dous goles ao seu favor, mentres que o cruce entre o Brollón e o Friol está igualado. No caso de […]

Catro equipos para 1 posto de promoción de ascenso

Catro equipos do grupo sur da Segunda Galicia teñen opcións de finalizar a liga no 5° posto e xogar a fase de ascenso á Primeira. Os catro conxuntos están en tres puntos faltando seis por desputar. O Friol, o Palas, o Antas e o Ferreira son candidatos. Todo nunha categoría na que o Pastoricense e […]

A Piringalla e o Alfoz protagonizaron unha das eliminatorias entre equipos de Segunda e de Terceira na primeira fase da Copa Deputación 2024. A Piringalla gañou 4-0. A foto é de Roberto Carreira.

A Piringalla lidera as conquistas de 3ª na Copa

A Piringalla derrotou ao Alfoz. A Piringalla é un dos conxuntos da Terceira Rexional que eliminou a un equipo de Segunda na fase previa da Copa Deputación. Dos catorce partidos que xogaron un conxunto de 2ª e outro de 3ª, en cinco deles accedeu á seguinte eliminatoria o equipo de menor categoría. A Piringalla, o […]

Distancias a campos dende Quiroga

32 desexos para o 2024 na Segunda Galicia

Os 32 equipos da 2ª Rexional deixan os seus desexos para o novo ano. Fano a través dos seus capitáns. Eses xogadores que falan fóra e dentro do campo, desta volta fano tamén en Futbolinlugo.  A Segunda Rexional retomará a competición na segunda fin de semana de xaneiro (13 e 14). En ambos grupos falta […]

Álex Vázquez chega ao Muimenta na última xornada do 2023

Álex Vázquez é o novo adestrador do Muimenta. Álex Vázquez (terceiro na foto comezando pola esquerda) chega ao club celeste na penúltima xornada da primeira volta. O equipo é penúltimo clasificado na zona norte da Segunda a dous puntos da salvación. Álex Vázquez debuta este sábado na visita do Muimenta á Candelaria (A Granda, 16:00h). […]

Dani Teixeira suma once temporadas no Pastoricense

O Pastoricense é 1º na 2ª norte

O Pastoricense é o líder en solitario da Segunda norte. O Pastoricense alcanzou a semana pasada esta posición por primeira vez na tempada. O Pastoricense aproveitouse da derrota do Iberia ante o Racing Villalbés B para facerse co primeiro posto. Unha semana máis, o Pastoricense vai seguir de líder o vencer o Cabreiros na 13ª […]

Cadro de xogadores do Iberia CF, equipo de San Miguel de Reinante (Barreiros) para a temporada 2023/2024. Foto usada na V Guía de Futbolinlugo

O Iberia líder, xusto antes de xogar co Racing B

O Iberia é o novo líder do grupo norte da Segunda. Está empatado a puntos co Pastoricense. Desfíxose o trío de líderes que levaba tres semanas na cabeza da clasificación. O Racing B empatou en Xermade. Precisamente este sábado, o Iberia xoga co Racing B (ás 15:30h no campo da Fonte, en Cospeito). Os datos […]

Tito marcou o gol que significou a vitoria do Cospeito no derbi ante o Muimenta da 1ª volta da temporada 23/24 na 2ª Rexional

Tito, gol 10 anos despois para un Cospeito gañador do derbi

Tito é o home da semana en Cospeito. Un gran gol de Tito deulle a vitoria ao Cospeito no derbi ante o Muimenta. Foi nos últimos intres cun disparo de volea dende fóra da área. É o terceiro gol de Tito na súa carreira sénior. O segundo que lle marca ao Muimenta. Os datos das […]

Ospina chegou no verán de 2023 ao Oural para competir na Segunda Galicia

Ospina e Cayuela, golazos ao servizo do Oural

Ospina e Cayuela volveron ser determinantes na vitoria do Oural. Traballo no medio do campo e goles ante o San Roque. Ospina anotou dende o propio centro do terreo de xogo. Cayuela deulle de vaselina no borde da área. O Oural mantense primeiro na Segunda sur e lidera o ránking de puntos e goles. Os […]