A efectividade afianza ao Becerreá no liderado

O Becerreá mantense na cabeza da Segunda Futgal sur. Esta semana non comparte liderado, xa que ten dous puntos máis que o San Roque. O Becerreá é o equipo que máis puntúa da Segunda lucense, 19 puntos en 8 xornadas. Os goles de Kevin e Higinio facilitáronlle o triunfo ante un bo Páramo no Municipal. […]

Jorge e Brian, do Santa Comba ao Matela

Jorge e Brian, xogadores do Santa Comba no grupo sur da Segunda Futgal lucense deixaron o equipo de Tras do Novo e ficharon no Matela

Roi, autor máis salvador dos 9 dobretes da xornada

Roi Rivera, xogador do Guitiriz anotou dous goles de suma importancia para o seu equipo. Roi marcou os dous no tramo final do encontro cando o Guitiriz perdía 3-1 co Casás. Roi foi un dos nove futbolistas que fixeron dobretes na 3ª xornada de liga da Segunda.  Na pasada fin de semana tamén marcaron dous […]

Damián pon líder ao Brollón e Pedro golea co Chantada B

Damián foi un dos futbolistas de referencia do Brollón nun triunfo clave co Santa Comba. Damián anotou dous goles e o club dos Medos colocouse líder no tramo decisivo da tempada. Con todo, o seu liderado opacouse esta semana coa decisión do Comité de Competición de repetir parte do seu partido co Rubián. Tamén no […]

Os destacados da 25ª xornada na Segunda

O lateral do Mondoñedo Christian marcou o gol do triunfo para o seu equipo ante o Folgueiro na 25ª xornada da 2ª 2025/26

En directo: penúltima xornada da Terceira

A Terceira Futgal viviu a súa penúltima xornada. Zona norte: Castroverde 7-0 Celeiro O Castroverde volve á Segunda. Sentenciou o ascenso na primeira parte con cinco goles. O Celeiro presentouse na Veiga do Olmo con tan só nove xogadores. Cazás 0-1 Abadín Zona sur: Sober 0-0 Monterroso B Non houbo goles en Centeás. As dúas […]

Muñiz e Víctor, imperiais nos grandes pases do Goiriz e do Abadín

O 2025 futbolístico comezou coa Copa Deputación. A primeira fin de semana do ano xogouse a maior parte das eliminatorias da 1ª rolda do torneo. Ao igual que acontece na competición da Preferente + 1ª, na da 2ª e a 3ª tamén houbo sorpresas. O Goiriz e o Abadín foron os clubs da zona norte […]

Samu sostén ao Iberia, Mada central e Jul 3 co San Roque

Samu Gundín foi un dos xogadores clave na vitoria no derbi do Iberia ante o Celta Barreiros. Samu liderou aos seus, que rematan o ano sen perder nesta tempada. Mada protagonizou unha das curiosidades da finde. O porteiro Mada tivo que xogar de central debido ás baixas do Sanci. Segundo partido de Jul co San […]

Iberia e Ferreira pasan dos 25 puntos

O Iberia e o Ferreira son os dous primeiros equipos que pasan dos 25 puntos esta tempada na Segunda Futgal lucense

Muimenta e Quiroga, polo San Martiño os primeiros tres puntiños

O Muimenta e o Quiroga modificaron a pasada fin de semana o refraneiro popular. Especialmente o club quirogués cuxo campo de fútbol onde xoga se chama San Martiño. Muimenta e Quiroga gañaron o seu primeiro partido no que vai de temporada. Ambos ante rivais da zona alta, San Ciprián e Paradela. Na zona norte, o […]