#Fútbol afeccionado #Segunda Futgal

Ferreirós no Abadín, Kubala cumpre e o Palas 4 gañando

Ferreirós debutou a pasada finde co Abadín. Ferreirós saíu do Riotorto de Primeira Rexional para fichar polo cadro preparado por David Lorenzo que se xoga a salvación. Con derrota no primeiro partido, Ferreirós tratará de seguir aportando nos cinco que quedan. Si surtiu efecto a chegada de Kubala en Cospeito; vitoria no derbi e a permanencia xa se ve máis encamiñada. Na zona sur, salienta o Palas que acumuala catro xornadas seguidas gañando e vai pelexar por entar na promoción.

25 xornadas en ‘O Noso 11 A Chaira’

  • Equipos que máis gañaron: Pastoricense (19 vitorias)
  • Equipo que menos perdeu: Pastoricense (dous partidos)
  • Equipo que máis puntuou: Pastoricense (61 pts.) 
  • Equipo que máis goles marcou: Oural (67 goles) 
  • Equipos que menos goles encaixou: Pastoricense (18 goles)
  • Equipo con maior diferencial de goles: Pastoricense (+42)
  • O rei do empate: Xermade (12)
  • Máximo goleador: Mario Puerta – Oural (22 goles)
  • Equipos que cambiaron de adestrador: 9
  • Tendo en conta as tres últimas xornadas…
  • Na boa xeira: Pastoricense e Palas (levan catro vitorias seguidas)
  • Equipos meno goleados: O Pastoricense, o Palas e o San Lázaro (un gol)

O Pastoricense pode permitirse o luxo de perder un partido

O conxunto da Pastoriza é máis líder. Venceu nun campo difícil como é o do Alfoz (0-2). No Municipal só fora capaz de gañar a Candelaria e o Racing B. Agora supera os 60 puntos (61 en total), volve unir unha xeira positiva ao levar catro triunfos seguidos e queda con catro de marxe co Iberia e cinco sobre o filial racinguista. Iberia e Racing B aínda teñen que xogar entre si. 

Pola súa parte, o Alfoz queda na novena praza con 30 puntos. Goza dunha permanencia virtual, xa que os equipos de abaixo non están sumando puntos. 

Tivo a posesión o líder, pero non xerou grandes ocasións de gol no primeiro tempo. Con todo, si que se puxo por diante. Un centro de Manupa foi rematado por Dani no primeiro pau. Os locais protestaron a xogada, argumentando que no momento no que se dá o pase, o balón estaba fóra da liña de fondo.



No segundo acto, a tónica foi parecida. Nun contragolpe, os locais tiveron a mellor opción para empatar, pero Carlos realizou unha boa parada. Na recta final, os pupilos preparados por Basi realizaron unha boa xogada coral que rematou no segundo tanto. 

O Sanci impídelle ao Iberia seguir tan de preto ao líder

Cuarta derrota do curso para o Iberia que se afasta un pouco máis da primeira praza. Non se cumpriu a premisa de Moro e o equipo de San Miguel de Reinante perdeu o seu primeiro partido en 2024 (1-2 co Sanci). Agora queda a catro puntos do líder e cun de marxe sobre o Racing B, o seguinte rival en visitar as Valgas. 

Na 4ª posición medra un Sanci que está a piques de confirmar matematicamente que será equipo de play off. Ten dous de marxe sobre o Folgueiro (5º) e oito de distancia co Xermade (6º).



Foi un encontro moi desputado. O Sanci foi moi intenso e tivo efectividade. Adiantáronse tras executar ben un saque dende o recanto. Barrera, Ángel ou Dani puideron empatar para os locais. 

Na segunda metade, o Iberia comezou mellor xerando oportunidades, pero atopouse coa boa resposta de Madariaga. Con todo, lograron marcar nun rexeite logo dun balón parado. Quedou cun menos o Sanci por expulsión de Borja Mella. Aínda así, nun contragolpe Racha aproveitou para facer o 1-2 cun bonito gol, tras pase de Gio. 

Gabri continúa agrandando a súa conta goleadora para o Racing B

O Racing Villalbés B recuperouse da última derrota de liga e da eliminación na Copa. Derrotou pola mínima na Granda á Candelaria (0-1). Queda agora a tan só un punto da segunda posición e segue a cinco do primeiro posto que dá o ascenso directo. 

A Candelaria continúa na loita pola salvación. Ocupa o 12° posto, ese que debería ser o desexado polos clubs de abaixo para evitar calquera tipo de problema. Ten cinco puntos máis que o seu anterior e seis con respecto ao antepenúltimo. 

Non houbo grandes oportunidades de marcar goles no encontro, pero si foi o filial o que levou a iniciativa. O único tanto do partido chegou no primeiro tempo cun remate de cabeza de Gabri. O atacante de Burgás anotou o seu 18° gol da campaña. O ‘10’ do Racing B é o máximo goleador do grupo



Rocky tivo a mellor oportunidade de empatar para os locais, pero no man a man estivo ben Edgar. Na segunda parte, tentou o Racing B sentenciar, pero non definiron ante a porta. Tentárono tamén os locais enviando algúns balóns a área, pero non tiveron acerto. 

O Folgueiro mantén distancias na 5ª praza

O equipo preparado por Manuel Vicente venceu (0-2) en Roupar. O triunfo permítelle seguir contando con seis puntos (+ o gol avaerage) sobre o Xermade na loita por entrar en play off. 

O Roupar continúa na última posición, a dous puntos da cuarta praza por abaixo que podería dar a salvación. Este sábado ten un partido importante na Granda. 

Tamén foi un encontro ben disputado. Decidiuse pola maior pegada do Folgueiro que tamén tratou de levar o dominio. 

Adiantouse o Folgueiro ao pouco de comezar o segundo tempo. Logo mediada a segunda metade, Paguato anotou o segundo. O Roupar errou cando tivo as súas opcións. 

O Xermade quere chegar con opcións ata o final e supera ao Abadín de Ferreirós

O conxunto xermadés sumou o seu quinto encontro seguido sen perder. Venceu ao Abadín (3-1). Segue na sexta posición, a seis puntos do posto que dá acceso a xogar a promoción. 

Pola súa parte, o Abadín sumou a súa quinta derrota seguida. Seque en posicións de descenso directo, a un punto da 13ª praza que podería dar a salvación. Aínda que insistimos que o ideal é a 12ª posición para non ter que estar pendente do que pasa noutras categorías. Esa xa está máis lonxe, a seis puntos agora mesmo.

No primeiro tempo logrou adiantarse o Xermade por medio de Vila. Non concretaron os locais ao empezar o segundo tempo, e o Abadín empatou grazas a unha falta directa lanzada por Ángel. Reaccionou rápido o Xermade que marcou o segundo tamén por medio de Vila tras centro de Andy. O propio Andy redondearía o marcador cun gran gol pola escadra noutro lanzamento de falta.  

No Abadín debutou aos seus 43 anos, o mítico José Luis Ferreirós. O central reforza ao cadro preparado por David Lorenzo nas últimas xornadas. Procede do Riotorto de Primeira Rexional. 

Tamén volveu ao Abadín, David López, lateral ou extremo que xa xogara temporadas anteriores e que este curso fichara no Catro Roldas en Terceira Rexional. Deuse a circunstancia de que a liga en Terceira rematou (aínda que os equipos xogan un ‘Torneo Delegación’) e os equipos de Segunda aínda podían fichar. O Catro Roldas tamén perdeu a Moha

O Cabreiros quere seguir redondeando a temporada

O cadro dirixido por Isaac Rouco continúa na 7ª praza, tras só perder un partido na segunda volta. Co play off a once puntos, tentarán polo menos quedar na clasificación como o mellor equipo do concello. Teñen ao Xermade a cinco puntos. 

O Mondoñedo segue antepenúltimo. A un punto do seu antecesor e a seis da cuarta praza por abaixo. Acumulan catro partidos sen gañar e esta finde terán unha importante visita á Comercial. 

Foi práctico o Cabreiros no Viñas da Veiga. Aproveitou as concesións defensivas locais para xerar perigo. Así se adiantou no primeiro tempo cun gol de Sergio Hermida, logo do pase de Joan. 

Cústoulle xerar perigo ao Mondoñedo, a pesar de ter a posesión do balón. Joan volveu a roubar un balón en zona de perigo para facelo segundo. Tentouno o Mondoñedo, pero non foi quen de poñer en grandes apertos ao rival. 

O Sp. Pontenova volve gañar oito partidos despois para case confirmar a permanencia

Rematou a mala xeira do cadro pontenovés. Volve a ser 8º nunha zona tranquila da clasificación. Superou a unha Comercial (3-1) que continúa sen certificar a súa permanencia. 

Foi un encontro igualado no primeiro tempo. Unha boa Comercial logrou marcar o primeiro gol do encontro. Empataron os locais cun bo disparo de Marcos

Volveu saír ben o conxunto visitante logo do paso polos vestiarios. Foise refacendo o Sporting Pontenova. Gran xogada de Hugo Segade, para que Marcos aproveitase o seu rexeita. Tras unha xogada de estratexia, Fran anotou o terceiro. 

O Cospeito de Kubala avanza na salvación e complícalla ao Muimenta

O derbi do concello do Cospeito chegou nun momento complicado para ambos equipos. Foi o debut de Kubala no banco do cadro vermello, logo da marcha de Luis Romay. O técnico lucense enfrentouse precisamente ao último equipo que dirixirá no fútbol sénior, o Muimenta. O marcador final foi de 1-3. 

Entrou ben o Cospeito, mandando nas segundas xogadas e xerando perigo. Adiantáronse no primeiro tempo por medio de Ferreiro, tras un gran pase de calidade de Xoán. Iago e Miguel tiveron un par de accións claras para o Muimenta a balón parado, pero non marcaron. 

No segundo acto, volveu saír ben o Cospeito, incrementou o seu dominio e púxose 0-3. Primeiro gol de Paredes e logo de Xoán. Logo de pasar uns minutos de inacción, os locais trataron de ir cara arriba. Nun lanzamento dende lonxe, Álex Díaz marcou o da honra. 

Neste encontro, o Cospeito tamén recuperou a Manuel Lozano ‘Congui’. O futbolista de Xermar deixara o equipo o curso pasado, pero sumouse agora para botarlle unha man aos seus.

O ideal para evitar problemas de descenso é ser 12º. O Cospeito é 10º con vinte e sete puntos. A Comercial está un posto máis abaixo e ten un punto menos. A Candelaria é 12º con 25 puntos. Na 13ª praza atópase o Muimenta con vinte. O Mondoñedo ocupa a antepenúltima posición con dezanove puntos. En descenso directo están o Abadín (19 pts.) e o Roupar (18 pts.).

O máis interesante da xornada que vén (Quedan 15 pts.)

  • Pastoricense – Folgueiro (sáb. ás 17:00h no Acebreiro)

O líder recibe ao único equipo da promoción co que lle queda por xogar. Dezaseis puntos entre ambos. Os locais tratarán de achegarse ao ascenso. Os visitantes de confirmar a súa presenza no play off. Na primeira volta, o cadro da Pastoriza venceu (1-2). 

  • Candelaria – Roupar (sáb. ás 17:00h na Granda)

Agora si que pode ser a última bala do Roupar para ter opcións de salvarse. Logo de evitar quedar sen opcións xa un par de veces na tempada, precisa volver gañar para ter esperanzas ata o final. A Candelaria de perder métese en problemas e de gañar dá un paso adiante. Na primeira volta gañou o Roupar (2-0); naquel momento fora a súa primeira vitoria do curso. 

  • Comercial – Mondoñedo (sáb. ás 18:00h nas Gándaras)

A Comercial ten gana de sentenciar canto antes a súa permanencia; recibe a un equipo moi necesitado de puntos. Sete de diferenza entre ambos. Os tres puntos daríanlle case que unha salvación virtual aos locais; mentres que unha derrota implicaríaos de cheo na loita para as catro últimas xornadas. Os visitántes precisan gañar para seguir na pelexa. Na primeira volta gañara o Mondoñedo (3-2).

O Oural mantén as distancias

O Oural sumou o 18º triunfo do curso para seguir líder. Venceu ao Lemos B (3-2). Continúa con cinco puntos de marxe sobre o Becerreá. O filial lemista deu a cara pero segue sen gañar dende a saída de Jesse. É 13º, cun punto de marxe sobre o 14º. O 12º (Quiroga), a posición ideal para non pasar ningún tipo de apuro, teno a sete puntos. 

Adiantouse o Oural nun primeiro tempo no que tivo máis ocasións para ampliar a vantaxe. Con todo, o Lemos B estivo moi metido no partido e empatou antes do descanso. 

No segundo tempo, o filial lemista fixo sufrir ao líder ao conseguir o segundo nun desacerto defensivo local. Con todo, o Oural reaccionou. Primeiro cun gol de Diego Díaz para empatar e logo co tanto do máximo goleador Mario. 

O Becerreá volve ao camiño da vitoria goleando

Segundo continúa o Becerreá tras goleador ao Incio (6-1). Mantense a cinco puntos do líder e conta con catro de marxe con respecto ao Brollón. Pola súa parte, o cadro amarelo é 11º con 31 puntos. Con oito por riba do posto no que podería entrar en problemas. 

Con todo, o encontro non comezou nada ben para o Becerreá. Foi o Incio quen marcou o primeiro gol grazas a Vila e puido marcar o segundo de non ser pola boa parada do porteiro Álex. 

Refíxose o cadro adestrado por Javi Gómez e remontou antes do descanso. O Incio tamén sufriu a lesión de Vila e Urdi. Logo, no segundo acto, os locais foron moi superiores e marcaron catro goles máis

O Brollón supera o bache vencendo ao equipo máis en forma do grupo

Catro partidos levaba sen gañar o Brollón e catro vitorias seguidas enlazaba o San Roque. Con todo, o conxunto dos Medos venceu pola mínima (1-0) para seguir afianzado na 3ª praza. Queda a catro do 2º e a nove do líder. Pola súa parte, o San Roque é 9º e continúa nunha zona cómoda con 34 puntos. 

Encontro igualado que lle sorriu ao Brollón nos primeiros minutos. Nico logrou adiantar aos seus e o marcador xa non se movería. Tentárono os visitantes por medio do xogo directo, aínda que sen éxito. 

No segundo acto, o San Roque puido empatar o partido petando dúas veces cos paus da portería. Puido sentenciar Isma, pero o conxunto visitante acabou metendo aos locais na súa área e intentando unha igualada que non chegou. A pesar do esforzo sen premio, a boa nova do San Roque tamén foi o regreso de Caillou tras meses fóra por lesión. 

abogados máxicos

O San Lázaro mantén as diferenzas no duelo directo co Friol

O conxunto da capital é 4º con cinco puntos de distancia con respecto ao seu rival, un Friol que quere volver ocupar postos de promción. O partido da Reigosa finalizou 0-0. Foi un encontro moi igualado e sen moitas ocasións. 

O Antas desaproveita a opción de afianzar a praza de promoción

O cadro da Ulloa non se aproveitou do duelo directo Friol – San Lázaro e empatou tamén (co Quiroga 0-0). Mantense 5º, pero con tan só un punto de marxe sobre o Friol, tres sobre o Palas e cinco con respecto ao Ferreira. 

O encontro estivo bastante condicionado polo vento. Adiantouse o Antas, pero o Quiroga, logo de ter varios intentos, igualou por medio de Sergio Pollo. Na segunda metade, alternáronse as ocasións e ningún dos dous estivo acertado. 

O Palas, mellor equipo do grupo a tres da fase de ascenso

Un dos equipos máis regulares da liga, está agora no seu mellor momento da temporada. O Palas acumula catro vitorias seguidas. A última tras vencer ao Sporting Lucense (0-1). Estes doce puntos logrados de maneira consecutiva, acercan ao conxunto que menos goles encaixa do grupo, á zona de promoción. Está a tres puntos dos seus veciños do Antas. 

O empate foi xusto nunha primeira metade con alternativas. No segundo tempo, os pupilos preparados por Brais intentárono de diversas maneiras pero non deron co gol ata os últimos intres. No último córner, Noel enganchou un balón solto e meteuno para dentro. 

O Paradela suma de tres para confirmar a permanencia

O Paradela deu un paso importante de cara a salvación. Venceu ao Carballedo (3-1) e queda con nove puntos de distancia sobre o 13º (posto que podería provocar arrastre). Pola contra, complícanselle as cousas a un Carballedo que ten xa o 13º posto a seis e o 12º a trece. 

Gañou emoción o encontro no último tramo da primeira parte. Aí foi cando chegaron os goles. Marcou dous o Paradela e recurtou diferencias o Carballedo. 

Ao pouco de comezar a segunda metade, puideron igualar os pupilos de Rodrigo Amarante. José Ángel realizou unha boa intervención ante Toni. Pero o que chegou foi o terceiro gol local. A boa nova tamén para o Paradela foi o dobrete de Romy que xa carbura tras a lesión

O Chantada B aperta e confía

O Chantada B venceu a un Ferreira (5-2) e queda a un punto do 13º, posto que podería dar a salvación. Aínda que insistimos que a máis segura é a 12ª posición. Desa está a oito puntos. O Ferreira queda a cinco do play off e con Friol e Palas polo medio. 

O filial da SD estivo moi serio ante un rival con moitas baixas; dominando, entrando por bandas e marcando cedo. A balón parado xeraba ocasións o Ferreira e nun córner empatou. Seguiu igual o Chantada. En xogadas por banda marcaron o segundo e o terceiro. 

No segundo tempo, nun balón longo, infortunio visitante e chegou o cuarto. Logo, nunha xogada por banda maracaron o 5-1. Saiulle mais honor ao Ferreira; achucharon, marcaron o 5-2 de córner e intentarons seguir recortando ata o final. Pablo Nodar foi un dos grandes destacados do partido con dous goles.

O ideal para evitar problemas de descenso é ser 12º. O Quiroga é 12º con trinta puntos. O Lemos B ocupa a 13ª posición con sete puntos menos. Na antepenúltima posición con vinte e dous puntos sitúase o Chantada B. En descenso directo están o Carballedo (17 pts.) e o Sporting Lucense (11 pts.). 

O máis interesante da xornada que vén (Quedan 15 pts.)

Carballedo – Friol (sáb. ás 17:00h no Catro Ventos)

Obxectivos clasificatorios distintos, pero necesidade de gañar para ambos. Os locais precisan un triunfo para seguir tendo esperanzas de salvación. Os visitantes queren seguir enganchados a loita por xogar o play off. 

San Lázaro – Oural (sáb. ás 20:00h nas Gándaras)

Primeira das tres últimas saídas que lle quedan ao Oural. As tres ante rivais de entidade como o San Lázaro, o Palas e o Ferreira. Un triunfo alimenta as opcións do líder. Os locais pretenden seguir en promoción e non renuncian á 3ª praza. Trece puntos de diferenza entre ambos. Na primeira volta gañou o Oural (3-0). 

Ferreira – Antas (dom. ás 17:00h no Baliño)

Pode ser a última opción dos locais de engancharse de cheo na loita por entrar na promoción de ascenso. Están a cinco puntos do seu rival que marca precisamente esas posicións. Perder deixaría ao Ferrreira case sen opcións. Na primeira volta gañou o Ferreira (1-2). 

Dejar un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *