O Racing Vilalbés tumba ao líder nunha xornada con pleno de vitorias lucenses

A novena xornada déixanos un pleno de triunfos para os representantes lucenses da Terceira División. O Racing Vilalbés volveu á senda da vitoria e fíxoo rematando coa imbatibilidade do Somozas, mentres que o Viveiro impúxose con autoridade no Poboado ante o As Pontes. O Polvorín segue nun gran momento e acadou un novo triunfo diante […]

Ramón consegue a primeira imbatibilidade da tempada

Foto de portada: Carlos Castro A oitava xornada da Terceira deixou ao Viveiro como vencedor do derbi. O Polvorín reivindicouse no duelo de filiais. Os #LucensesNaTerceiraGalega seguen contando con protagonismo e algún mellora as súas prestacións. Os triunfadores:  O porteiro Ramón foi titular na portería do Fisterra por segunda semana consecutiva. Conseguiu o seu primeiro […]

O Polvorín golea en Abegondo e o Viveiro faise co derbi provincial

Xa en vísperas dunha nova entraga da Terceira, a oitava xornada déixanos o triunfo do Viveiro en Cantarrana no derbi provincial ante o Racing Vilalbés e a goleada do Polvorín en Abegondo ante o Fabril no choque entre filiais. O Viveiro reencóntrase coa vitoria no derbi ante o Racing Vilalbés (2-0). Encontro marcado pola intensa […]

Racing Vilalbés e Polvorín gañan con dous tantos no último suspiro

Dous triunfos e unha derrota neste Trío de Ases correspondente á sétima xornada da Terceira División. As boas novas chegaron a cargo do Racing Vilalbés e do Polvorín. Os chairegos acadaron unha espectacular remontada diante do Fisterra, mentres que o filial albivermello gañou un importantísimo encontro na Cheda diante do Paiosaco. O Viveiro, en cambio, […]

Villares guía ao Fabril na segunda vitoria da tempada

Foto de portada: RC Deportivo A sexta xornada da Terceira estivo marcada outra vez pola incidencia da Covid. O Polvorín e o Viveiro non puideron xogar os seus respectivos partidos. A nota positiva deuna o Racing Villalbés co seu triunfo en Santa Isabel. Os encontros aprazados tamén influíron en máis #LucensesNaTerceiraGalega. Aínda que algúns dos […]

O Covid-19 déixanos sen fútbol este fin de semana na nosa provincia

Non rodará o balón nos campos da nosa provincia este fin de semana. Un positivo no conxunto coruñés do Silva provocou o adiamento do encontro programado para o domingo ás 12 horas en Cantarrana diante do Viveiro. Desta maneira, os mariñáns non voltarán á competición ata o vindeiro 29 de novembro. Será no campo do […]

No último suspiro escapoulle o triunfo ao Racing Vilalbés diante do Deportivo Fabril

O Trío de Ases chega outra semana máis sen triunfos dos conxuntos lucenses da Terceira. O Racing Vilalbés estivo moi preto de acadalo, pero o filial deportivista empatou no último suspiro de partido. Tamén arrancou un punto da Porta Santa o Viveiro, que igualou sen goles ante o Paiosaco. O Polvorín colleitou a segunda derrota […]

Brais Prieto e Luis Pernas debutan en Terceira División

A cuarta xornada da Terceira Galega non foi positiva para os equipos da provincia. Nin o Viveiro, nin o Racing Vilalbés, nin o Polvorín conseguiron puntuar. En cambio, si que foi unha boa fin de semana para varios dos #LucensesNaTerceiraGalega. Dúas estreas na división, un gol que vale un punto e un novo líder con […]

Ningún dos lucenses da Terceira puido sumar na cuarta xornada

Non foi unha boa xornada para conxuntos lucenses da Terceira, que remataron os seus encontros sen poder sumar. O Viveiro caeu de xeito abultado nun encontro raro en Cantarrana ante o Somozas, mentres que o Racing Vilalbés perdeu no campo do Bergantiños logo de adiantarse no marcador. O Polvorín acusou a súa mala posta en […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – U.D. Somozas: o liderato en xogo en Cantarrana

Chega a cuarta xornada da Terceira División e faino cun máis que interesante encontro entre os dous primeiros clasificados do grupo A. Viveiro e Somozas cítanse ás 12 da mañá do domingo en Cantarrana co liderato en xogo. O encontro será dirixido pola viguesa Elena Casal Fernández. Con seis puntos na clasificación, o Viveiro ocupa […]

Polvorín e Racing Vilalbés agasállannos cun festival de goles

Necesitábamos goles. Son a salsa do fútbol esta xornada os conxuntos lucenses déronnos un agasallo. Catro marcou o Polvorín no seu primeiro encontro da temporada. Mágoa que fosen contra outro equipo da nosa provincia. O Viveiro chegaba ao derbi líder, pero non puido cos de Álex Ortiz. O Racing Vilabés fixo cinco tantos ante un […]

Un golazo de Xaime sitúa ao Viveiro líder

O Viveiro tardou en retornar a Terceira, pero fíxoo pola porta grande. A pasada semana deixou boas sensacións en Cantarrana no triunfo ante o Estudiantil, pero estas foron refrendadas na visita a Fisterra. O conxunto mariñán atopouse con moitas dificultades nun reducido campo de Ara Solis, nun encontro trabado  e moi intenso, no que o […]

O Viveiro volve a Terceira pola porta grande e o Racing Vilalbés araña un punto no Viso

Pasaron máis de sete meses desde o último Trío de Ases. Un periodo de tempo incerto e complexo, no que a pandemia do Covid-19 trastocou os plans do noso fútbol e da sociedade en xeral. Agora, cunha situación aínda delicada o balón volve a rodar na Terceira. Cantarrana voltou a vivir un encontro en categoría […]

O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – Vista Alegre Estudiantil: catorce anos despois volve a Terceira a Cantarrana

Un 21 de maio de 2006 diante do Cerceda foi o último día que se xogou un partido de Terceira en Cantarrana. Catorce anos e medio tiveron que pasar pasar para que Viveiro volva a disfrutar dun encontro de Terceira División, moitos para un pobo acostumado históricamente a disfrutar en categoría nacional. Por fin, este […]

Chusky (Viveiro CF): «Cambiaba calquera cousa da pretempada por recuperar aos lesionados»

O mar estaba en calma en San Cibrao. Paradoxicamente o risco de afogamento do lugar vai en aumento. A Mariña segue pedindo solucións. As máscaras non calan aos traballadores e traballadoras de Alcoa e das empresas auxiliares. Demandan feitos por parte das institucións. Un chaleco salvavidas para que siga respirando toda unha comarca. Jesús Gómez […]