O partido da xornada . . . Viveiro C.F. – U.D. Somozas: o liderato en xogo en Cantarrana

Chega a cuarta xornada da Terceira División e faino cun máis que interesante encontro entre os dous primeiros clasificados do grupo A. Viveiro e Somozas cítanse ás 12 da mañá do domingo en Cantarrana co liderato en xogo. O encontro será dirixido pola viguesa Elena Casal Fernández.

Con seis puntos na clasificación, o Viveiro ocupa o segundo posto na clasificación. Un gran comezo ligueiro con dous triunfos convincentes ante o Estudiantil en Cantarrana e no Ara Solis diante do Fisterra, e tan só empañado pola derrota no derbi provincial ante o Polvorín. O conxunto adestrado por Chusky non se amosou firme en defensa diante do filial albivermello, e malia non realizar un mal encontro, o gran acerto dos locais lastraron as aspiracións de continuar invictos dos mariñáns.

Xaime volveu a marcar de falta directa ante o Polvorín

Ámbolos dous equipos xa se viron as caras na pretemporada, no que foi o segundo test de preparación do Viveiro. O marcador daquela favoreceu ao conxunto celeste por dous tantos a cero.

O Somozas chega a Cantarrana na primeira posición da táboa clasificatoria. Un empate sen goles na primeira xornada ante o Fabril e dous triunfos consecutivos sitúan aos de Ferrolterra no liderato. Logo de dúas frouxas temporadas o Somozas conformou un cadro de xogadores co cal aspira a ser un firme candidato ao ascenso. Polo menos, as fichaxes convidan ao optimismo. Un emblema do Racing de Ferrol como Pablo Rey abandera o proxecto, e Marcos Álvarez e Diego Garrido seguiron os pasos do ferrolán. Ademáis, xogadores curtidos na categoría como Iago Blanco ou Álex Cabarcos tamén reforzron a un conxunto que aspira a voltar á Segunda División B.

O último enfrontamento oficial entre Viveiro e Somozas en Cantarrana tivo lugar o 16 de decembro de 2007 e rematou con triunfo visitante por 0-2, na temporada na que os branquiverdes remataron acadando o ascenso a Terceira.

Falamos do encontro con Manu Cedrón, gardameta do Viveiro, que xogou en dúas etapas no Somozas, e con Aldán Naval, viveirense que recalou esta campaña no Somozas, unha vez rematada a súa etapa formativa na base do R.C. Celta.

QUE OPINAN OS PROTAGONISTAS?

MANU CEDRÓN (VIVEIRO C.F.)

Foto: La Voz de Galicia

– A primeira derrota. «Independentemente da derrota chegamos con confianza. Perder co Polvorín sírvenos para aprender dos erros cometidos e para mellorar en certos detalles que nos costaron o encontro a pasada xornada«.

O rival. «Agardo un partido moi complicado ante un rival que ten xogadores importantes e xa contrastados na categoría. É un equipo moi sólido e con futbolistas que son diferencias na liña de ataque«.

A etapa no Somozas. «Gardo un recordo moi bonito das dúas etapas que xoguei no Somozas. A nivel fútbolístico tiven a sorte de poder debutar en Segunda División B nada máis saír de xuvenís e vivín un gran ano alí. É un clube moi humilde e cercano no trato co xogador. Agardo que podan facer unha gran temporada e que estén pelexando polo ascenso«.

ALDÁN NAVAL (U.D. SOMOZAS)

Foto: El Progreso

Volta á casa. «Para min é moi especial xogar en Viveiro. Desde que marchei a Vigo non xoguei ningún partido oficial en Cantarrana. O placer de de ver á miña familia, amigos e a xente coa que me formei cando era un neno non ten prezo«.

O Viveiro. «Agardo un partido moi intenso e disputado. Aínda que teñamos na xornada catro non deixa de ser un primeiro contra segundo e seguir sumando é clave para continuar nos postos de arriba da clasificación. O Viveiro é un equipo cunha gran estabilidade a nivel de plantilla nos últimos anos, a diferencia de nós que somos un equipo totalmente renovado«.

Primeira experiencia sénior. «Por sorte cheguei a un clube moi serio e profesional como é a U.D. Somozas, e tamén a un vestiario top tanto a nivel deportivo como persoal, polo que estou moi contento. A nivel individual, despois de tantos anos no Celta é difícil adaptarse a un fútbol tan físico e intenso como é o da Terceira galega, polo que non queda outra que seguir traballando e aprendendo dos meus compañeiros«.

Luca´s Grill
Moreno´s Pizza
Imagen por defecto
Marcos Fernández

Apaixoado do fútbol, en especial do modesto, que aínda mantén os verdadeiros valores do deporte

Artículos: 513

Deja un comentario

Los datos que proporciones mediante este formulario serán tratados por Futbolinlugo como responsable de esta web. La finalidad de la recogida de estos datos se realiza solamente para responder y moderar los comentarios. Estos datos estarán almacenados en los servidores de PROFESIONAL HOSTING, situados en la Unión Europea (política de privacidad de Profesional Hosting). Puedes ejercer tus derechos de acceso, rectificación, limitación y supresión enviando un correo electrónico a diegopolc8@gmail.com.