O Viveiro acada o primeiro triunfo e o Foz colócase na zona alta

A cuarta xornada na Terceira Divisón deixóunos a goleada do Viveiro en Cantarrana diante do Sofán e o triunfo pola mínima do Polvorín na Cheda co Fabril. A nota negativa foi a derrota do Racing Vilalbés diante do Barco. Na Preferente disputouse a terceira xornada e o Foz sumou a súa segunda vitoria consecutiva, desta […]

Foz e Sarriana saen triunfadores dos derbis provinciais

Xornada sen triunfos lucenses na Terceira. O Polvorín sacou un valioso punto do campo do Couto, mentres que Racing Vilalbés e Viveiro caeron nas súas visitas a Xuvenil de Ponteareas e Fabril respectivamente. Na Preferente, a Sarriana venceu no Partido Fisioterapia Ronda ao Lemos e o Foz impúxose ao Escairón. O Ribadeo logrou sumar un […]

Racing Vilalbés e Viveiro comezan con dous valiosos empates

Volveu a competición co comezo da Terceira para Racing Vilalbés e Viveiro. O Polvorín tocoulle descanso nesta primeira xornada dunha competición que este ano conta con só dezasete equipos. Os dous representantes lucenses arañaron dous empates a domicilio. O Racing Vilalbés en Abegondo ante o Fabril e o Viveiro en Santa Mariña diante do Choco. […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Choco – Viveiro: dura saída para os mariñáns no debut

Comeza unha nova temporada en Terceira RFEF. Desta volta, aínda que coas restriccións propias da pandemia do Covid-19, a competición retorna a un sistema máis parecido ao que nos ten acostumados, cun só grupo de dezasete equipos. Unha competición máis curta, con 32 xornadas, que obrigará aos equipos a cometer poucos erros para non caer […]

Diario dun mercado. Episodio 245

O mercado segue sen dar tregua. O Viveiro, según adianta La Voz de Galicia, tería pechada a cesión do dianteiro Sidibe. O xove xogador, de só 19 anos, procede do xuvenil do Zaragoza e fixo a pretemporada co Polvorín, conxunto desde onde chega ao cadro mariñán. Tamén a edición de Lemos de La Voz adiantou […]

Viveiro vs Vilalbés 2020/2021

Os derbis da Terceira xogaranse en decembro e en abril

Os equipos lucenses da Terceira RFEF xa teñen a súa axenda para esta temporada. Este xoves sorteouse o calendario da competición na sede da Real Federación Galega de Fútbol en Compostela. Unha das principais novidades do curso que vén por diante é que a categoría está composta por dezasete equipos. O formato de xogo volve […]

Diario dun mercado. Episodio 216

Vertixe. Esa é a palabra que mellor define o mercado no fútbol lucense. Fichaxes, baixas e renovacións a esgalla ao longo e ancho da provincia que vos traemos nesta nova edición do noso Diario dun Mercado. O Viveiro protagoniza o mercado na Terceira. E faino con dúas fichaxes de categoría. A Cantarrana chega Marcos, logo […]

Diario dun mercado. Episodio 215

Esta nova edición dun #DiarioDunMercado está protagonizada polos regresos. Sobresae na Teceira RFEF a volta de Marino ao Viveiro. O ‘Comandante’ de Meira deixara o equipo o verán pasado logo do ascenso. Despois dunha tempada no Racing Villalbés sen continuidade, o lateral e extremo volve a Cantarrana. Pola súa banda, o Racing Villalbés incorpora ao […]

Marzán

Diario dun mercado. Episodio 212.

Prosegue o mercado no fútbol lucense e faino co movimento de xogadores de renome dentro da nosa provincia. A falta de confirmación oficial, Javi Rey será novo xogador do Racing Vilalbés. Logo dunha excelente temporada nas filas do Viveiro, onde se convertiu en peza fundamental para a consecución da permanencia en Terceira, o xogador lucense […]

O Viveiro remata a segunda fase invicto en Cantarrana

Rematou a temporada en Terceira para os conxuntos lucenses, e fíxoo cun intrascendente encontro do Viveiro en Cantarrana onde logrou un empate diante do Pontellas, que o mantén invicto no seu feudo nunha segunda fase practicamente impecable dos mariñáns, que rematan a competición con cincuenta puntos. O encontro resultou insulso e descafeinado, froito da situación […]

O Polvorín cae co Somozas e di adeus ao soño do ascenso

Non teremos representante lucense na nova Segunda RFEF. O Polvorín caeu no Anxo Carro en semifinais da fase de ascenso diante do Somozas, cun tanto nos últimos intres de encontro. O Viveiro, co obxectivo da permanencia xa acadado, non puido sumar na súa visita ao campo do Barco. Un tanto de Luis Nuño preto do […]

Cantarrana festexa a ansiada permanencia do Viveiro

O Viveiro xogará a vindeira temporada en Terceira. Desde a pasada xornada era un segredo a voces, pero era preciso ter o certificado de xeito matemático e o punto acadado diante do Ourense CF dictou sentencia. Non resultou doado diante dun conxunto que chegaba cos deberes feitos e que logrou adiantarse tres veces no marcador, […]

O partido Fisioterapia Ronda . . . Viveiro – Ourense CF: un punto para seguir en Terceira

A permanencia do Viveiro pode quedar pechada este o domingo. A gran igualdade existente durante toda a temporada, e moi especialmente nesta segunda fase presaxiaba que o desenlace se viviría na derradeira xornada, pero a gran traxectoria dos mariñáns adiantou acontecementos. Este domingo ás 17:30 horas en Cantarrana un só punto diante do Ourense C.F. […]

O triunfo do Viveiro en Ribadumia outórgalle a permanencia virtual

O Viveiro suma e segue nesta fase de permanencia. A vitoria no campo da Senra diante do Ribadumia foi a quinta nos seis últimos encontros, pero esta trouxo consigo un premio especial, o da permanencia virtual. Con nove puntos en xogo e outros tantos de vantaxe sobre o quinto clasificado, a UD Ourense, tan só […]

O terceiro triunfo consecutivo achega o Viveiro ao gran obxectivo da permanencia

Terceiro triunfo consecutivo, quinto nas sete xornadas da fase de permanencia. A gran regularidade do Viveiro nesta carreira por manter a categoría outórgalle oito puntos de vantaxe cos postos de descenso con cinco xornadas por diante para rematar a temporada. Como estaba previsto, o encontro non foi sinxelo para os mariñáns no campo do Carballo […]