Destacados Primeira. Xornada 4

*Pastoricense-Atlético Escairón: Empate sen goles nun encontro nivelado. O Atlético Escairón tivo dúas claras na primeira metade e o choque abriuse tralo descanso. Oportunidades para ambos equipos porén a pólvora mollada. O Pastoricense creou perigo a balón parado. *Friol-Residencia: Kevin aproveitou un desaxuste defensivo para marcar ao pouco do comezo. O choque colleu claro calor branquiazul […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 5)

Por fin chegou o primeiro triunfo do Polvorín en Terceira División. Houbo que agardar ata a xornada 5, a primeira na que o filial do C.D. Lugo xogou como local malia a facelo en Friol, para sumar tres puntos. Venceu 1-0 ao Porriño Industrial con gol de Antón Escobar no minuto 86. Triunfo moi traballado, […]

Destacados Primeira. Xornada 3

*Burela-Lemos: O cadro de Edu xa é líder en solitario. Gañou nun feudo moi difícil coma A Marosa a un Burela que vendeu moi cara a derrota. O encontro resultou nivelado en todo momento, con ambos equipos buscando as súas opcións dende a posesión da pelota. A calidade do Lemos na definición foi o factor […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 4)

Mala xornada para os nosos representantes na Terceira División. O Racing Villalbés encaixou unha dura goleada no feudo do Choco. Todo elo a pesares do doblete de Santi Taboada. Edrosa, que firmou unha boa actuación, debutou coma titular nos chairegos. No entanto, o Polvorín caeu pola mínima no emblemático Couto. Os de José Durán evidenciaron […]

Trío de Ases Terceira e Preferente (Xornada 3)

Xornada sen victorias dos equipos lucenses na Terceira División. O Racing Vilalbés empatou a dous tantos na Madalena ante o Boiro. “Vendo os primeiros vinte minutos a sensación era que o encontro ía ser para nós, logo igualouse a contenda e a partir do empate deles precipitámonos co balón e non fumos capaces de marcar […]

Trio de Ases Terceira e Preferente (Xornada 1)

Cando aínda parece estamos na plenitude do verán, chega o fútbol e benvido sexa. A Terceira e a Preferente xa botaron a andar, con sorte dispar para os nosos representantes. Foron quen de acadala victoria a Sarriana e o Ribadeo. O cadro sarriao gañou con autoridade ao San Tirso (3-0) nun encontro no que os […]

Futbolinlugo pecha a súa programación para a próxima campaña

Gran parte dos nosos equipos atópanse en plena pretemporada, buscando o punto de forma óptimo para unha nova e ilusionante campaña. Nós non somos menos. E xa estamos a preparar o vindeiro curso futbolístico. Co noso ‘staff técnico’ renovado ao completo, xa vos podemos anunciar a programación que teremos a partires de setembro. Unha aposta […]

Trío de Ases Preferente (Xornada 38) e Play off ascenso a Segunda B (Volta 1º rolda)

O soño do Rácing Villalbés continúa. Esta tarde coñecerá a súa sorte despois de superar ao Atlético Pulpileño nos penaltis. Unha tanda na que Javi Pita detivo un penalti e Villares mostrou a súa xerarquía marcando o decisivo. O encontro foi moi parecido ao de ida, moi nivelado, con dous equipos serios e pendentes de […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 38) e Preferente (Xornada 36)

Unha gran noticia dentro dunha fin de semana mala. O Racing Villalbés finalizou terceiro despois de gañar ao Laracha por 4-2. Non só levou os tres puntos, senon tamén a mellor puntuación e clasificación histórica do clube. O rival contou cun paisano no lateral dereito, o vilalbés Víctor Eimil. Agora xa toca pensar no que […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 35) e Preferente (Xornada 34)

Dous equipos lucenses descenderán como mínimo á Primeira Galicia. Son os casos do Outeiro de Rei e o Atlético Escairón. Iso sí, as súas dinámicas son ben distintas. Os de Juan Peón sumaron a súa terceira victoria consecutiva ante o Boimorto. Fixeron un encontro moi serio e aproveitaron a inferioridade numérica do rival para dar […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 34) e Preferente (Xornada 33)

Mala tarde pola nosa zona baixa. O Atlético Escairón ten pe e medio na Primeira Galicia despois de caer na casa ante o Boimorto. Só viu porta Quiroguita no tempo de desconto. O Viveiro non puido aproveitar o seu gran inicio e regresou de baleiro de Dumbría. Gañaba por 0-2 antes dos dez minutos de […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 33) e Preferente (Xornada 32)

O Polvorín deu un pasiño máis cara o ascenso despois de vencer ao Xallas no Anxo Carro. Non mostrou a súa mellor versión pero foi superior ao seu rival. Cuadretti anotou un doblete nun encontro no que puido marcar aínda máis. As notas negativas foron os dous cartóns recibidos por protestar e o duro golpe […]

Trío de Ases Terceira (xornada 32) e Preferente (xornada 31)

Xornada de derbis. Non só lucenses, senón comarcais. Coma o que disputaron o sábado o Castro e o Outeiro de Rei. Un partido sen moita historia. De claro color vermello de principio a fin. Omar e Iván González, con sendos dobletes, demostraron que a experiencia é un grao. Esta goleada deixa ao cadro de Juan […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 31) e Preferente (Xornada 30)

Os dous primeiros clasificados da Preferente caeron esta xornada. O Polvorín cedeu na casa ante un San Tirso que xogou á perfección o seu encontro. Púxose cun 0-2 ao descanso e administrou a súa renda ante os lucenses, que tiveron oportunidade de igualar na reanudación. Os de José Durán manteñen o liderado. En parte, grazas […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 30) e Preferente (Xornada 29)

Non foi unha boa xornada para os nosos representantes lucenses na Preferente. De feito, un anda na procura de adestrador. O Atlético Escairón firmou un dos peores encontros da tempada ante o Ordes e Charly dimitiu á conclusión do mesmo. Nesa loita pola permanencia, a Residencia caeu pola mínima en Dumbría. E iso non foi […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 29) e Preferente (Xornada 28)

Novo temporal que se ceba co noso fútbol. Félix deixounos sen dous dos partidos da xornada. Os de dous aspirantes. O Castro quedou sen xogar o seu encontro en Ordes. Ao Ribadeo pasoulle o mesmo e non rendiu visita ao Dubra. Por sorte, o resto dos representantes lucenses sí xogaron os seus encontros. O Polvorín […]

Destacados Primeira. Xornada 24

*Xermade-Monterroso: O Monterroso xa vencía por 0-4 no minuto 24. Frebas sorprendeu na portería ulloana e o meta Roi saiu nos últimos minutos para marcar o derradeiro gol. Martín Blanco fixo un doblete e Pedro Coria o tanto da honra para o Xermade. Os de Cerdeiriños estrearon a chamativa equipación amarela. *Pastoricense-Xove Lago: O Pastoricense […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 28) e Preferente (Xornada 27)

O Polvorín deu un pasiño máis cara o ascenso a Terceira División. Solventou a complicada saída a Arzúa cun doblete de Facu, que á postre lle deu o liderado. Os dous tantos chegaron a balón parado, un en cada tempo. O primeiro nun córner e o último, nun lanzamento de falta. Victoria de mérito nun […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 27) e Preferente (Xornada 26)

O gran derbi polo ascenso tivo un claro dominador: o Polvorín. O cadro de José Durán deu un paso de xigante na procura do seu obxectivo tras superar con claridade ao Ribadeo no Ángel Carro. Jhon Cuadretti abriu a lata nada máis comezar cun gol de auténtico crack. Escriche e Javi Rey sentenciaron na última […]

Trío de Ases Terceira (Xornada 26) e Preferente (Xornada 25)

  Candidatos a todo. O Polvorín e o Ribadeo volveron demostrar unha semana máis as súas candidaturas ao ascenso. O cadro de José Durán remontou o tanto inicial do seu exxogador Julio Camba para seguir a un punto do líder. Morais e Coqui, cun doblete, levaron o triunfo para a capital. A pesares das importantes […]