Destacados Primeira. Xornada 3

*Burela-Lemos: O cadro de Edu xa é líder en solitario. Gañou nun feudo moi difícil coma A Marosa a un Burela que vendeu moi cara a derrota. O encontro resultou nivelado en todo momento, con ambos equipos buscando as súas opcións dende a posesión da pelota. A calidade do Lemos na definición foi o factor decisivo.

*Monterroso-Chantada Atlético: As imprecisións propiciaron unha festa de goles en Cerdeiriños. O Chantada Atlético remontou o tanto inicial de David a balón parado. Fíxoo antes da media hora. Os de Fran Regal aumentaron as diferenzas tralo descanso, despois de ver dous disparos ao longueiro dos de Rielo. Nun longo tempo de desconto, o Monterroso devolveu a moneda. E marcou dous novos tantos no límite. Ambos tamén naceron da pelota parada.

*Páramo-Pastoricense: Primeira victoria da temporada para o exiliado Páramo en Guntín. O Pastoricense non soupo aproveitar o gran xogo realizado durante a primeira metade e os de Fontal adiantáronse tralo descanso nunha acción de pizarra. Aos de Fran Veiga non lles quedou máis que arriscar. Quedaron cun menos e viron como o Páramo sentenciaba ao contragolpe.

*Pol-San Ciprián: Xusta e clara victoria do Pol con doblete de Carlitos incluido. As mellores ocasións foron para o cadro de Abad, que marcou o 0-1 no contragolpe dunha acción moi protestada polos visitantes. Anuláronlles aí un gol en fóra de xogo. Ademais, o meta Madariaga foi expulsado no tramo final do partido. O San Ciprián xa poderá contar a próxima semana coas últimas fichaxes: Borja Mella e o central Fabián.

*Sporting Pontenova-Xove Lago: A Pontenova sumou o seu primeiro punto ante un Xove Lago que segue sen gañar. Os dous goles do encontro chegaron no ecuador da primeira metade. No bando visitante, protestaron varias accións polémicas. Aínda así, unha das chaves do resultado estivo na falla de puntería do Xove Lago. Os de Miguel Sancosmed erraron moitas ocasións nunha segunda parte na que se mostraron superiores.

*Santaballés-Friol: O cadro de Simón Lamas perdonou numerosas oportunidades na primeira metade. Especialmente dúas de Álex Novás e Vérez a centro de Palomo. Despois do tempo de lecer, a sensación de superioridade local foi baixando. E no último cuarto de hora, brillou a desorganización. O Friol, nas botas de Adrián, tivo un remate ao longueiro neste tramo final. Os de Jon Vázquez souberon sufrir malia o seu discreto rendemento ofensivo.

*Riotorto-Residencia: O conxunto de Labrada adiantouse nunha boa primeira metade. Mesmo, Kevin puido marcar un segundo tanto. A Residencia igualou despois do paso por vestiarios. O Riotorto reaccionou e púxose de novo por diante. Os locais quedaron con dez homes pola expulsión de Pablo Ruíz, e os de Álvaro Meilán arañaron un punto in extremis.

*Chantada-Taboada: Derbi disputado en Rodeiro, no que o Chantada certificou antes do descanso a súa boa primeira metade. As forzas niveláronse na reanudación. Os de Juan perdoaron a sentencia e o Taboada igualou nun saque de esquina a un cuarto de hora do remate. Non foi o último gol do encontro. Cando o choque xa morría, un tiro de Anxo dende a frontal decidiu o derbi para o Chantada.

*Atlético Escairón-Outeiro de Rei: Os de Cholas acabaron coa condición de invicto do Atlético Escairón despois de noventa minutos de poder a poder. No primeiro acto apenas se rexistraron ocasións. O encontro abriuse na segunda metade porén as oportunidades non terminaban de ser de todo claras. A vinte minutos do remate, Seijas culminou unha acción combinativa cun remate cruzado. Foi o único gol do partido. Pandiani errou unha clara para empatar a cinco minutos para a conclusión. O seu remate marchouse por enriba do longueiro.

Imagen por defecto
Diego Díaz Martínez
Polivalente hiperactivo. Enfermo do "balompié". Só estás a un mal día de ser coma min.
Artículos: 755

Deja un comentario